A patrulla perdida
| A patrulla perdida | |||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| Wikidata | |||||||||||||||||||||||||
A patrulla perdida (en inglés: The Lost Patrol) é un filme estadounidense de 1934 dirixido e producido por John Ford. Merian C. Cooper foi o produtor exectuvio e Cliff Reid o produtor asociado e baséase na novela Patrol de Philip MacDonald. Max Steiner compuxo a banda sonora e foi nomeado ó Óscar.
Estreouse subtitulado en galego o 6 de marzo de 2021 na TVG.[1]
Sinopse
[editar | editar a fonte]Durante a Gran Guerra, unha patrulla británica recorre a cabalo o deserto de Mesopotamia. Un disparo dun tirador oculto acaba coa vida do oficial ao mando, o único que coñecía as ordes. O sarxento toma o mando e adopta as decisións que lle dita a súa experiencia, conducindo os seus homes ao pobre refuxio que proporciona un oasis cunha mesquita en ruínas. Os homes van caendo un a un a mans dos adversarios ocultos, e o temor vaise apoderando dos superviventes.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Victor McLaglen como o sarxento
- Boris Karloff como Sanders
- Wallace Ford como Morelli
- Reginald Denny como George Brown
- J. M. Kerrigan como Quincannon
- Billy Bevan como Herbert Hale
- Alan Hale como Matlow Cook
- Brandon Hurst como Comandante Bell
- Douglas Walton como Pearson
- Sammy Stein como Abelson
- Howard Wilson como aviador
- Paul Hanson como Jock MacKay
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Versión en galego (ed.). "A patrulla perdida na TVG". Consultado o 9 de xullo de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Evans, Alun. Brassey's Guide to War Films. Dulles, Virginia: Potomac Books, 2000. ISBN 1-57488-263-5.
- Pallot, James e James Monaco. The Movie Guide. Nova York: Berkley Publishing Group, 1995. ISBN 978-0-399-51914-7.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- A patrulla perdida na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Filmes de 1934
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes dirixidos por John Ford
- Filmes ambientados no Imperio Otomán
- Filmes ambientados en Iraq
- Filmes con banda sonora de Max Steiner
- Filmes de 1934 con versión en galego
- Filmes rodados en Arizona
- Filmes sobre a primeira guerra mundial
- Filmes rodados en California
- Filmes sobre aviación dos Estados Unidos de América