La Tortuga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
La Tortuga
Faro da illa La Tortuga
Localización da illa La Tortuga, no Caribe sur
Situación
País Venezuela
Estado Dependencias Federais Venezolanas
MarMar Caribe
Coordenadas10°55′N 80°31′O / 10.917, -80.517Coordenadas: 10°55′N 80°31′O / 10.917, -80.517
Xeografía
Superficie156´6 km²
Longura máxima25 km.
Largura máxima10 km.
Punto máis alto40 m. Altos de Chaguarama
Demografía
PoboaciónDeshabitada

La Tortuga é unha illa pertencente á República Bolivariana de Venezuela, estando incluída dentro das Dependencias Federais Venezolanas.

Localización xeográfica[editar | editar a fonte]

Está situada no sur do mar Caribe aos 65º 18´ oeste e 10º 55´ norte, a uns 30 km de Río Mozo (Miranda), estado de Miranda; a 170 km de Caracas; a 140 km da Illa de Margarita; a uns 85 km da lagoa de Unare no estado de Anzoátegui e a 120 km do estado de Nueva Esparta. A forma da illa é similar a unha elipse de 12 km medidos de norte a sur e 25 km de leste para oeste. Posúe xunto cos cayos adxacentes aproximadamente 156,6 km² de extensión, o que a converte na segunda en canto a tamaño de Venezuela (a illa principal ten 155 km²), logo de Margarita.

É parte dun arquipélago que comprende os illotes de Los Tortuguillos, Cayo Herradura, Los Palanquines, os Cayos de Ño Martín, o illote El Vapor e os Cayos de Punta de Ranchos.

É moi visitada por aves migratorias e pescadores que frecuentan a illa entre os meses de setembro e abril. Durante esta época pódense capturar especies como corocoros, raias, meros, pargos e lagostas.

É unha illa desértica: os seus únicos habitantes son pescadores margariteños e mirandinos; existen plans recentes do goberno central para construír un aeroporto, unha planta desalinizadora, estradas e vías de acceso e un conxunto de hoteis coa intención de atraer o turismo.

Descrición[editar | editar a fonte]

La Tortuga inclúe tres cayos na súa parte noroeste, separados da illa principal por unha canle duns 2,5 km de anchura e 4 a 5 m de profundidade, así como zonas de barreiras coralinas, baixos e diques, máis un illote ao norte. Posúe longas praias con area de cor branca e interesantes baías e numerosas zonas húmidas no interior, que en xeral é unha planicie que non supera en media os 20 m, cun máximo de 44–46 m. A superficie presenta afloramentos de interese paleontolóxico, especialmente na zona Centro-Sur, nas inmediacións do Cerro Gato, aínda que a maior parte da illa está cuberta por unha capa calcaria coralina.

A costa sur forma noiros que descenden ata os 60 m de profundidade no límite do coral, para continuar abruptamente a profundidades de 1000 e 2000 m, onde termina a Fosa de Cariaco, que se inicia a uns 200 km ao leste, no golfo do mesmo nome, famoso pola súa actividade termal e frecuentes terremotos. A costa exposta ao norte é continuamente batida polo mar Caribe. Esta parte presenta algunhas enseadas accesibles para embarcacións de pouco calado e ten partes cubertas por un mangleiral moi frondoso.

Mapa da illa de La Tortuga.

Historia[editar | editar a fonte]

Foi descuberta no ano 1499 por Alonso de Ojeda na súa viaxe xunto a Américo Vespucio e chamouna La Tortuga pola enorme presenza de tartarugas mariñas. Adoitaba ser refuxio de piratas no século XVII, aínda que non debe ser confundida con Illa da Tartaruga en Haití, que é a máis nomeada na literatura da piratería. O pirata Morgan preparou desde ela as súas famosas incursións ás costas de Venezuela.

Estivo poboada por neerlandeses que explotaban as salinas do leste da illa, posiblemente a partir de 1550 e que foron expulsados definitivamente en 1631 cando o gobernador de Cumaná destruíu as súas instalacións e alagou o salgar. Desde entón non tivo poboación permanente e pola súa localización e morfoloxía, permaneceu secularmente no esquecemento, o que a converte nunha das últimas paraxes semi virxes de Venezuela.

Economía e Turismo[editar | editar a fonte]

La Tortuga está practicamente deshabitada, aínda que curiosamente pódense atopar algunhas cabras asilvestrados que deixaron os antigos colonos holandeses. Ocasionalmente visítana pescadores artesanais en tempadas propicias, procedentes da Illa de Margarita e poboacións próximas do continente, por exemplo Higuerote a 85 km ao suroeste. Na actualidade está adquirindo algún protagonismo o turismo privado, polo xeral a bordo de veleiros e lanchas deportivas, así como por vía aérea ata unha pequena pista de uso libre mantida polos mesmos usuarios.

Dos tres cayos mencionados, os dous máis meridionais son chamados Os Tortuguillos, e case se tocan entre si; o situado máis ao norte é unha lingua de area coñecida pola súa forma como A Ferradura. Duns 1600 m de lonxitude, o seu ancho varía entre 60 e 400 m, posúe algunhas zonas poboadas por arbustos baixos, e a súa fermosa e tranquila praia interna forma unha baía onde adoitan chegar visitantes a bordo de veleiros e lanchas con fins de esparexemento. Tamén chegan grupos de mergullo que desde este punto realizan pequenas incursións ás barreiras de coral e aos noiros do sur da illa principal.

O Goberno Bolivariano de Venezuela, nos albores do século XXI iniciou estudos para desenvolver turisticamente a illa como un "paraíso exclusivo": estímase un beneficio medio de 500 dólares de estancia por día e pasaxeiro. Está prevista a construción dun porto e un aeroporto nacional, así como 4.000 a 5.000 prazas hostaleiras e urbanizacións varias, estimándose un investimento inicial de capital mixto de entre 30 e 60 millóns de dólares, aínda que algunhas valoracións alcanzan os 300 millóns. Estes proxectos baséanse na declaración de zona de interese turístico que se aplicou á illa en 1974 (decreto 1625) e que culminan en 2005 cando a Presidencia da República por Decreto N° 3448, dicta o Plan de Ordenamiento y Reglamento de Uso de las Zonas de Utilidad Pública y de Interés Turístico, Dependencias Federales: Isla La Tortuga, Islas Las Tortuguillas, Cayo Herradura y Los Palanquines.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]