Mascato pardo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Mascato pardo
Rango fósil: Do Cuaternario medio ao Actual[1]
Atobá-pardo.jpg

Macho adulto (subespecie nominal) con anel ocular azul e macho adulto de S. l. plotus en voo
Macho adulto (subespecie nominal) con anel ocular azul e macho adulto de S. l. plotus en voo

Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[2]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Suliformes
Familia: Sulidae
Xénero: Sula
Especie: Sula leucogaster
(Boddaert, 1783)
Distribución mundial,[3] con subespecies:     S. l. plotus     subespecie nominal     S. l. etesiaca     S. l. brewsteri

Distribución mundial,[3] con subespecies:     S. l. plotus     subespecie nominal     S. l. etesiaca     S. l. brewsteri

O mascato pardo[4] ou mascato tropical[5] (Sula leucogaster) é unha grande ave mariña da familia Sulidae, das cales é quizais a especie máis espallada.[3] Ten unha distribución pantropical, que se solapa coa doutras especies de mascatos. O gregario mascato tropical viaxa diariamente para buscar alimento a baixa altura en augas costeiras. As bandadas mergúllanse en picado para capturar pequenos peixes, especialmente cando estes son dirixidos cara a superficie polos seus predadores. Só fai o niño no chan e póusase sobre obxectos sólidos e non sobre a superficie da auga.[3]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

O mascato pardo foi descrito polo polígrafo francés Georges-Louis Leclerc, conde de Buffon na súa Histoire Naturelle des Oiseaux en 1781.[6] A ave foi tamén ilustrada nun gravado pintado a man por François-Nicolas Martinet na obra Planches Enluminées D'Histoire Naturelle, realizada baixo a supervisión de Edme-Louis Daubenton para acompañar o texto de Buffon.[7] Buffon non incluíu un nome científico coa súa descrición, pero en1783 o naturalista holandés Pieter Boddaert acuñou o nome binomial de Pelecanus leucogaster no seu catálogo das Planches Enluminées.[8] A localidade tipo é Cayenne na Güiana Francesa.[9] O actual xénero Sula foi introducido polo zoólogo francés Mathurin Jacques Brisson en 1760.[10] A palabra Sula é norueguesa e significa mascato; o nome específico leucogaster procede do grego antigo leuko, 'branco' e gastēr, 'barriga'.[11]

Recoñécense catro subespecies:[12]

  • S. l. leucogaster (Boddaert, 1783), do Caribe e illas atlánticas.
  • S. l. brewsteri Nathaniel Stickney Goss, 1888, das costas do Pacífico de EUA e México.
  • S. l. etesiaca Thayer & Bangs, 1905, das costas do Pacífico de América Central e Colombia.
  • S. l. plotus (Forster, JR, 1844), do mar Vermello a través do océano Índico ata o oeste do Pacífico central.[13]

Descrición[editar | editar a fonte]

A súa cabeza e partes superiores do corpo están cubertas por unha plumaxe de marrón escura a negra, co resto (ventre) de cor branca. Estas cores básicas varían xeograficmente, pero non estacionalmente.[3] A especie tamén presenta dimorfismo sexual nas cores básicas, o macho ten un anel ocular azul, a diferenza da femia que o ten amarelo. Ademais o macho da subespecie S. l. brewsteri ten unha plumaxe distintiva porque a fronte, parte anterior do píleo e queixo son brancos, que se fusionan co pescozo e peito marróns agrisados.[3]

A femia chega aos 80 cm de lonxitude, a súa envergadura alar mide 150 cm, e pode pesar ata 1 300 g. O macho chega a 75 cm de lonxitude, a súa envergadura alar mide ata 140 cm e pode pesar ata 1 000 g.[14]

A diferenza doutras especies de súlidos a plumaxe xuvenil xa lembra a do adulto.[3] Son marróns agrisados máis escurecidos na cabeza, superficies superiores das ás e cola, mentres que a parte inferior do peito e partes inferiores teñen moitas pintas marróns sobre o fondo branco. Os xuvenís das subespecies S. l. brewsteri son de novo distintas por ter a plumaxe das partes inferiores máis uniformes de cor marrón.[3]

O bico é bastante afiado e con moitas beiras dentadas. Teñen ás bastante curtas o que lles permite un rápido aleteo, pero teñen unha longa cola que se vai estreitando. Aínda que estas aves son normalmente silenciosas, os observadores de aves teñen informado de sons ocasionais que fai a ave similares a un gruñido ou grallido.

Ecoloxía[editar | editar a fonte]

Esta especie reprodúcese en illas e costas nas áreas pantropicais do Atlántico e Pacífico. Frecuentan os terreos de reprodución de illas do golfo de México e o mar Caribe. Co aumento da contaminación no mundo, os mascatos pardos empeZaron a usar os restos de lixo do mar para construír os seus niños. O 90,1 % deses niños estaban feitos de plásticos, mentres que os niños próximos a barcos naufragados teñen unha alta porcentaxe de restos de naufraxio.[15] Nidifica en grandes colonias, poñendo dous ovos branco-azulados no chan nunha morea de cunchas rotas e vexetación, pero xeralmente cría un só polo, porque o segundo polo que fai eclosión non pode competir pola comida co seu irmá maior, ou mesmo pode ser expulsado do niño por el.[16] Inverna no mar en extensas áreas.

As parellas poden permanecer xuntas durante varias estacións. Realizan elaborados rituais de salutación e son tamén espectaculares mergulladores, lanzándose en picado ao océano a gran velocidade. Comen principalmente peixes pequenos ou luras, que se reúnen en grupos preto da superficie e poden capturar os peixes que choutan fóra da auga mentres sobrevoan a superficie. Aínda que son voadores poderosos e áxiles, son especialmente torpes á hora de tomar terra ou engalar; utilizan os ventos fortes e pousadeiros altos como axuda para engalar.

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Sula leucogaster Boddaert 1783 (brown booby)". PBDB. 
  2. "Sula leucogaster". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 2012. Consultado o 2013-11-26. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 Harrison, Peter (1985). Seabirds: An Identification Guide (revised ed.). Houghton Mifflin. p. 292. ISBN 978-0-395-60291-1. 
  4. Conde Teira, M. A. (1999). "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada" (PDF). Chioglossa (A Coruña) 1: 121–138. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de marzo de 2016. Consultado o 28 de setembro de 2016. 
  5. Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.
  6. Buffon, Georges-Louis Leclerc de (1781). "Le Petit Fou". Histoire Naturelle des Oiseaux (en French). Volume 16. Paris: De L'Imprimerie Royale. p. 142. 
  7. Buffon, Georges-Louis Leclerc de; Martinet, François-Nicolas; Daubenton, Edme-Louis; Daubenton, Louis-Jean-Marie (1765–1783). "Fou de Cayenne". Planches Enluminées D'Histoire Naturelle. Volume 10. Paris: De L'Imprimerie Royale. Plate 973. 
  8. Boddaert, Pieter (1783). Table des planches enluminéez d'histoire naturelle de M. D'Aubenton : avec les denominations de M.M. de Buffon, Brisson, Edwards, Linnaeus et Latham, precedé d'une notice des principaux ouvrages zoologiques enluminés (en French). Utrecht. p. 57, Number 973. 
  9. Mayr, Ernst; Cottrell, G. William, eds. (1979). Check-list of Birds of the World. Volume 1 (2nd ed.). Cambridge, Massachusetts: Museum of Comparative Zoology. p. 186. 
  10. Brisson, Mathurin Jacques (1760). Ornithologie, ou, Méthode contenant la division des oiseaux en ordres, sections, genres, especes & leurs variétés (en French e Latin). Paris: Jean-Baptiste Bauche. Vol. 1, p. 60,Vol. 6 p. 494. 
  11. Jobling, James A. (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London: Christopher Helm. pp. 223, 373. ISBN 978-1-4081-2501-4. 
  12. Gill, Frank; Donsker, David, eds. (2017). "Hamerkop, Shoebill, pelicans, boobies & cormorants". World Bird List Version 7.3. International Ornithologists' Union. Consultado o 2017-11-05. 
  13. Redman, Nigel; Stevenson, Terry; Fanshawe, John (2016). Birds of the Horn of Africa: Ethiopia, Eritrea, Djibouti, Somalia, and Socotra – Revised and Expanded Edition. Princeton Field Guides. Princeton, New Jersey: Princeton University Press. p. 44. ISBN 978-0-691-17289-7. OCLC 944380248. Consultado o 2018-12-13. 
  14. Ospina-Alvarez, A. (2008). "Coloniality of brown booby (Sula leucogaster) in Gorgona National Natural Park, Eastern Tropical Pacific" (PDF). Onitología Neotropical 19: 517–529. 
  15. Grant, L.M.; Lavers, J.L.; Stuckenbrock, S.; Sharp, B.P.; Bond, A.L. (2018). "The use of anthropogenic marine debris as a nesting material by brown boobies (Sula leucogaster)". Marine Pollution Bulletin 137: 96–103. doi:10.1016/j.marpolbul.2018.10.016. 
  16. Dorward, D.F. (1962). "Comparative biology of the white booby and the brown booby Sula spp. at Ascension". Ibis 103B (2): 174–220. doi:10.1111/j.1474-919X.1962.tb07244.x. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • O'Brien, Rory M. (1990). "Sula leucogaster Brown Booby" (PDF). En Marchant, S.; Higgins, P.G. Handbook of Australian, New Zealand & Antarctic Birds. Volume 1: Ratites to ducks; Part B, Australian pelican to ducks. Melbourne, Victoria: Oxford University Press. pp. 781–790. ISBN 978-0-19-553068-1. 
  • Harrison, Peter (1996). Seabirds of the World. Princeton: Princeton University Press. ISBN 0-691-01551-1. 
  • Bull, John; Farrand, John, Jr (1984). The Audubon Society Field Guide to North American Birds, Eastern Region. New York: Alfred A. Knopf. ISBN 0-394-41405-5. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]