Mario Casas
(2025) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 12 de xuño de 1986 A Coruña |
| Residencia | A Coruña Esparreguera Madrid |
| Altura | 1,8 m |
| Cor dos ollos | Castaño |
| Actividade | |
| Ocupación | actor, actor de televisión, actor de cinema, modelo, director de cinema |
| Período de actividade | 2005 |
| Profesores | Gerard Oms |
| Familia | |
| Irmáns | Óscar Casas |
| Premios | |
| |
Mario Casas Sierra, nado na Coruña o 12 de xuño de 1986, é un actor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado no barrio coruñés da Sardiñeira, en 1994 marchou vivir a Barcelona coa súa familia. Alí comezou a traballar en publicidade, ata que a finais do 2003 marchou estudar teatro a Madrid. En 2006 participa en SMS unha serie emitida en La Sexta. Nese mesmo ano Casas debuta no cine co filme El camino de los ingleses, dirixido por Antonio Banderas, mais a súa sona acadaríaa grazas á súa participación na serie de televisión española Los hombres de Paco.
No 2009 foi protagonista de dous dos filmes españois de máis éxito en recadación do ano; Fuga de cerebros, coprotagonizada con Amaia Salamanca, e mais Mentiras y gordas canda Yon González, Ana María Polvorosa, Ana de Armas e mais Hugo Silva. Ámbalas dúas conseguiron lideralo portelo nacional durante a fin de semana da súa estrea.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Viviu en Collbató e Esparreguera (Barcelona). Foi relacionado sentimentalmente coa tamén actriz Amaia Salamanca, coa que protagonizou Fuga de cerebros. Ten dous irmáns que, coma el, son actores; Christian Casas e Óscar Casas, e mais unha irmá; Sheila Casas.
En 2009 empezou unha relación coa tamén actriz María Valverde Rodríguez, coñecéndose ó coincidir na rodaxe da película La mula, que se estreou en maio de 2013, debido a diversos problemas.[1]
Filmografía
[editar | editar a fonte]Cinema
[editar | editar a fonte]Televisión
[editar | editar a fonte]| Ano | Título | Canle | Personaxe | Notas |
|---|---|---|---|---|
| 2005 | Obsesión | La 1 | Nicolás «Nico» Castillo | 20 episodios |
| 2006 - 2007 | SMS | laSexta | Javier «Javi» Llorens | 184 episodios |
| 2007 - 2021 | Los hombres de Paco | Antena 3 | Aitor Carrasco Menéndez | 79 episodios |
| 2011 - 2013 | El barco | Antena 3 | Ulises Garmendia | 39 episodios |
| 2018 | Paquita Salas | Netflix | El mesmo | 1 episodio |
| 2019 | Instinto | Movistar+ | Marco Mur Seco | 8 episodios |
| 2021 | El inocente | Netflix | Mateo «Mat» Vidal Rivera | 8 episodios |
Curtametraxes
[editar | editar a fonte]| Ano | Título | Personaxe | Director |
|---|---|---|---|
| 2007 | Sintonía diario Pop | Iván | Guillermo Mieza |
| 2009 | Paco | Paco | Jorge Roelas |
| 2010 | Dinero fácil | Jaime | Carlos Montero |
| 2010 | La wikipeli 2: Miedo | Sergio | Jaume Balagueró |
| 2014 | A Lonely Sun Story | Óscar | Juanma Suárez |
| 2021 | Amor a primera vista | El mesmo | Ian Pons Jewell |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Mario Casas, todo un caballero con su novia, María Valverde". Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2013. Consultado o 04 de outubro de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mario Casas |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Fansite oficial Arquivado 19 de abril de 2009 en Wayback Machine.