Saltar ao contido

María Valverde Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMaría Valverde Rodríguez

(2025) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento24 de marzo de 1987 Editar o valor en Wikidata (39 anos)
Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoActuación cinematográfica Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónactriz, actriz de cinema, música Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2003 Editar o valor en Wikidata -
Familia
CónxuxeGustavo Dudamel (2017–) Editar o valor en Wikidata
ParellaMario Casas (2010–2014) Editar o valor en Wikidata
Premios

Sitio webmariavalverde.net Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1482999 Allocine: 129665 Rottentomatoes: celebrity/maria_valverde Allmovie: p380618 TCM: 11046284
Facebook: MariaValverdeOficial Twitter: mariavalverde Instagram: soylavalverde BNE: XX4580783 Discogs: 2581913 Editar o valor en Wikidata

María Valverde Rodríguez, nada en Madrid o 24 de marzo de 1987,[1][2] é unha actriz española, gañadora do Goya á mellor actriz revelación 2003 polo filme La flaqueza del bolchevique. É coñecida por interpretar o papel de Babi no exitoso filme español Tres metros sobre el cielo, estreado o 3 de decembro de 2010, que protagonizou xunto ao galego Mario Casas.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Debutou aos 16 anos xunto ao galego Luís Tosar en La flaqueza del bolchevique (2003), dirixida por Manuel Martín Cuenca. Grazas a este papel gañou o Goya á Mellor actriz revelación. Participou en filmes como Fuera del cuerpo (2004), Vorvik (2005) ou o filme película italo-español Melissa P., baseado nun polémico libro titulado 100 colpi di spazzola prima di andare a dormire da escritora italiana Melissa Panarello.

En 2006 interpretou a Lucrecia Borgia en Los Borgia, dirixida por Antonio Hernández e xunto a Paz Vega. Un ano máis tarde promoveu, xunto a Daniel Brühl, a campaña outono-inverno de Purificación García. En 2008 participó no videoclip de The Melocotons, onde ten un papel destacado cunha estética xuvenil e desenfadada.

En decembro de 2010 é a estrea de Tres metros sobre el cielo, dirixida por Fernando González Molina e protagonizada por ela e mailo galego Mario Casas. Converteuse no filme de maior caixa en cinema de todo o ano e en 2012 estreouse a secuela: Tengo ganas de ti. En 2013 grava o filme Broken Horses en Hollywood dirixido por Vidhu Vinod Chopra.

En xaneiro de 2013, fichou por unha miniserie en Telecinco titulada Hermanos onde dá vida a Virginia e que empezou a rodar a mediados de febreiro. Esta serie é o seu segundo proxecto en televisión tralo final da serie La fuga.[3]

En setembro de 2013, María Valverde fichou para a superprodución Exodus: Gods and Kings do director Ridley Scott e na que María interpreta a Séfora, á dona de Moisés (Christian Bale), a súa estrea foi o 4 de decembro de 2014.[4]

Mantivo unha relación co actor galego Mario Casas desde 2009 até 2014, ano no que decidiron dala por rematada tras de cinco anos xuntos.

AnoFilmePersonaxeDirector
2014Ahora o nuncaEvaMaría Ripoll
2014A Lonely Sun Story (curtametraxe)LindaJuanma Suárez e Enrique F. Guzmán
2014La CargaElisaAlan Jonsson
2014Exodus: Gods and KingsSéforaRidley Scott
2014Tu y yo (mediametraxe)LauraKike Maíllo
2014400 BoysPaivaAlastair Paton
2013La MulaConchiMichael Radford
2013Broken HorsesVittoriaVidhu Vinod Chopra
2013LibertadorM.TeresaAlberto Arvelo
2012Tengo ganas de tiBabiFernando González Molina
2012A puerta fríaInésXavi Puebla
2010Madrid, 1987ÁngelaDavid Trueba
2010Tres metros sobre el cieloBabiFernando González Molina
2009CracksFiammaJordan Scott
2008La mujer del anarquistaManuelaMarie Noelle e Peter Sehr
2008El rey de la montañaBeaGonzalo López-Gallego
2007El hombre de arenaLolaJosé Manuel González
2007LadronesSaraJaime Marques
2007Las lágrimas del cisne (curtametraxe)James J. Wilson
2006Válido para un baile (curtametraxe)Gabi Beneroso
2006Los BorgiaLucrecia BorgiaAntonio Hernández
2006Melissa P.MelissaLuca Guadagnino
2005VorvikSofíaJosé Antonio Vitoria
2004Fuera del cuerpoCucaVicente Peñarrocha
2004Cuando nadie nos mira (curtametraxe)AnnaPau Atienza
2003La flaqueza del bolcheviqueMaríaManuel Martín Cuenca

Televisión

[editar | editar a fonte]
AnoSeriePersonaxeCanle
2014HermanosVirginiaTelecinco
2012La fugaAnna SerraTelecinco
AnoObraDirección
2009Llueve en BarcelonaFrancesco Saponar
2008Puerta del sol, un episodio nacionalJuan Carlos Pérez de la Fuente
2007Lapidando a MaríaMarco Carnitti
AnoPublicidade/ Moda/ Outros
2014Anuncio de Nadal de Freixenet xunto a David Bisbal dirixido por Kike Maíllo
2014Videoclip "Ojos color sol" de Calle 13 e Silvio Rodríguez
2014Imaxe dos clásicos de Herbal Essences
2014Colaboración con David Bisbal: 4 Videoclips
2014Videoclip "Ahora o nunca" da banda Doble Elefante
2013Imaxe do perfume Nina L'Eau de Nina Ricci
2012Colaboración con Solocomedia.com - Sketch: "El brownie"
2011Videoclip "Mira la vida" de Dani Martín
2010Vídeo "La Revolución de los sentidos" para Hoss Intropia
2010Imaxe de Hoss Intropia - Primavera-Verán 2010
2008Presentación a prensa do produto Don Perignon
2008Videoclip "Meg and my girlfriend" de The Melocotons
2007Imaxe de Purificación García
2006Presentación a prensa do produto Excel Sanex
2004Pasarela Gaudí. Desfile: Lydia Delgado
2003Anuncio: "Miguel Ángel" do xeado Maxibom de Camy Nestlé
1997Cabeceira do programa ¿Qué apostamos? TVE
Premios Goya
AnoCategoríaFilmeResultado
2003Mellor actriz revelaciónLa flaqueza del bolcheviqueGañadora
Outros premios
  • Premio Chica Men's Health (2013)
  • Premio Faro joven no Festival de cine de Alfàs del Pi (2013)
  • Premio á mellor actriz no Festival Camino de Santiago por A puerta fría (2013)
  • Premio Fotogramas de Prata ao intérprete máis buscado na web de fotogramas (2013)
  • Premio Celebrities Awards á mellor actriz de cinema (2013)
  • Premio cosmopolitan Fun Fearless Female á mellor actriz de cinema (2012)
  • Premio Gredos (2012)
  • Premio Augurio Sita Murt no Zoom Festival Europeo de Cine para a Televisión (2010)
  • Mellor actriz no Festival Screamfest de California (EUA) por El rey de la montaña (2008)
  • Traxectoria nova no X Festival de Albacete- Abycine, (2008)
  • Halcón Maltés nos XVII Premios Turia como mellor actriz por Ladrones (2008)
  • Mellor actriz por Ladrones no XIV Festival internacional de cinema Mediterráneo de Tetuán (Marrocos), (2008)
  • Mellor actriz revelación de cinema, Premios Pétalo, Cosmopolitan TV (2007)
  • Mellor actriz, IV Premios Top Glamour (2006)
  • Recoñecemento como Nova actriz promesa no VI Festival "Mujeres de Cine" de Granada (2006)
  • Rostro máis fermoso do cinema español de Max Factor no Festival Internacional de Cine de Donostia (2005)
  • Rostro máis fermoso do cinema español da Revista Glamour (2004)
  • Premio Revelación do Círculo de Escritores Cinematográficos (CEC) por La flaqueza del bolchevique (2003)
  • Premio Tentaciones (El País) por La flaqueza del bolchevique (2003)
  • Mellor actriz revelación por La Gaceta Universitaria EME por La flaqueza del bolchevique (2003)
  1. "Biografía de María es su propia página web". Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2013. Consultado o 08 de decembro de 2014.
  2. "Biografía de María en HOLA!". Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 08 de decembro de 2014.
  3. María Valverde, protagonista femenina de la serie 'Hermanos' de Telecinco
  4. María Valverde será la mujer de Christian Bale en Exodus

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]