Hugo Silva
(2011) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de maio de 1977 (47 anos) Madrid, España |
Actividade | |
Ocupación | actor, modelo, actor de televisión |
Período de actividade | 1993 - |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Páxina web | hugosilvaweb.net |
|
Rafael Hugo Fernández Silva, coñecido como Hugo Silva, nado en Madrid o 10 de maio de 1977, é un actor español. Foi considerado o home máis desexado de España en 2010 segundo La Flecha.[1]
Biografía
[editar | editar a fonte]Silva cursou estudos de teatro na Escola de Arte Teatral Ángel Gutiérrez, no Teatro Cámara de Madrid e realizou estudos de arte dramática na RESAD. Tamén recibiu formación de canto e guitarra.
Formou parte dun grupo de música heavy, chamado Inordem, ao que deixou para dedicarse de cheo á súa carreira de actor.
Foi actor secundario en series como Al salir de clase e Los hombres de Paco, serie coa que se consagrou como actor, e o protagonista da serie Paco y Veva á beira de Elena Ballesteros.
Fixo obras de teatro como Las amistades peligrosas e Atraco a las 3. Tamén fixo cine participando en filmes como Terca vida, Reinas ou Ladies’ Night. O seu debut televisivo foi en Crónicas marcianas facendo un son pregravado dun grupo heavy.
Desde 2005 e ata 2009 viviu o seu maior momento de popularidade ao encarnar a Lucas Fernández, un dos tres protagonistas da exitosa serie Los hombres de Paco, de Antena 3. Por este papel foi nomeado ao Fotogramas de Prata en 2007.
Durante a rodaxe de Al salir de clase relacionóuselle sentimentalmente coa súa compañeira Olivia Molina. Máis tarde atribuíronselle romances coas tamén actrices Kira Mirou (coa que coincidiu en Paco y Veva) e, máis recentemente, Silvia Marty, coñecida polo seu papel de Ingrid en Un paso adelante, ou en LEX.
Rodou a serie Karabudjan, rodada principalmente en Colombia, e na que coincide cos actores Marta Nieto e Víctor Clavijo entre outros. Tamén tivo un papel principal na tv-movie de Antena 3 La princesa de Éboli, onde compartiu pantalla con Belén Rueda, quen interpretaba a Ana de Mendoza, e tamén volveu coincidir con Michelle Jenner. Hugo Silva interpretou a Antonio Pérez, quen mantiña unha relación secreta con Ana de Mendoza.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Televisión
[editar | editar a fonte]- 2000-2001: Al salir de clase (por Telecinco).
- El comisario (por Telecinco).
- 2004: Paco y Veva (por TVE).
- 2005-2009: Los hombres de Paco (por Antena 3), interpretando a Lucas Fernández.
- 2010: Karabudjan (por Antena 3).
- 2010: La princesa de Éboli (por Antena 3).
- 2014: El corazón del océano (por Antena 3).
- 2015: Los nuestros (por Telecinco).
Cine
[editar | editar a fonte]- 2010: El sexo de Los Ángeles
- 2010: El color del mal
- 2010: Para la libertad (interpretando ó poeta Miguel Hernández).
- 2010: Que se mueran los feos
- 2009: Agallas
- 2009: Mentiras y gordas
- 2007: El hombre de arena.
- 2004: Reinas.
- 2003: Ladies’ Night.
- 2000: Terca vida.
Teatro
[editar | editar a fonte]- 1993: Hibrit
- 1995: Las amistades peligrosas
- 2001-2002: Atraco a las tres
- 2009: Hamlet
Dobraxe
[editar | editar a fonte]- 2004: Largo domingo de noviazgo.
Premios
[editar | editar a fonte]- Nomeado ao premio Fotogramas de Prata 2007 ao mellor actor de televisión por Los hombres de Paco.
- Nomeado ao premio Fotogramas de Prata 2008 ao mellor actor de cine por El hombre de arena.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ LaFlecha.net[Ligazón morta] (sex-symbol).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hugo Silva |