Yon González
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (eu) Yon González Luna 20 de maio de 1986 Bergara |
| Residencia | Madrid |
| Altura | 1,79 m |
| Actividade | |
| Ocupación | actor, modelo, actor de televisión |
| Período de actividade | 2006 |
| Familia | |
| Irmáns | Aitor Luna |
Yon González Luna, nado en Bergara (Guipúscoa) o 20 de maio de 1986, é un actor vasco. É irmán do tamén actor Aitor Luna.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Mentres aínda estaba a estudar o bacharelato na localidade de Arrasate decidiu trasladarse a Madrid para traballar en televisión. O seu debut interpretativo tivo lugar na serie xuvenil diaria SMS en 2006, onde coincidiu con actores como Amaia Salamanca, Aroa Gimeno, María Castro ou Mario Casas. Finalizada a serie, incorporouse ao elenco de El internado para dar vida a Iván Noiret durante as sete tempadas que durou a ficción. O seu papel levouno a ser nomeado no Festival de Televisión de Montecarlo na súa 49ª edición na categoría de mellor actor de drama e a ser galardoado pola Asociación de Cronistas de Espectáculos de Nova York como mellor actor revelación.
Tras debutar na gran pantalla en 2009, con Rabia e Mentiras y gordas retomou a súa carreira televisiva en 2011. Ese ano foi Manuel Hernández na serie Gran Reserva e Julio Olmedo en Gran Hotel que se prolongou durante tres tempadas ata concluír no primeiro trimestre do ano 2013.
En 2015 estreou a serie Bajo sospecha en Antena 3, onde interpreta o papel de policía infiltrado xunto a Blanca Romero.
Televisión
[editar | editar a fonte]| Ano | Serie | Papel | Cadea | Notas |
|---|---|---|---|---|
| 2006-2007 | SMS | Andrés | La Sexta | Personaxe principal (187 episodios) |
| 2007-2010 | El internado | Iván Noiret León | Antena 3 | Personaxe principal (71 episodios) |
| 2010 | Sofía | Constantino II de Grecia | Antena 3 | Personaxe principal (2 episodios) |
| 2011 | Gran Reserva | Manuel Hernández | TVE | Personaxe principal (13 episodios) |
| 2011 | Los Quién | Paco | Antena 3 | Personaxe secundario (1 episodio) |
| 2011-2013 | Gran Hotel | Julio Olmedo | Antena 3 | Personaxe principal (37 episodios) |
| 2015-2016 | Bajo sospecha | Víctor Reyes / Víctor Lago Sánchez | Antena 3 | Personaxe principal (13 episodios) |
| 2017-2020 | Las chicas del cable | Francisco Gómez García | Personaxe principal (42 episodios) | |
| 2021 | El internado: Las Cumbres | Iván Noiret León | Cameo (1 episodio) | |
| 2022 | Los herederos de la tierra | Hugo Llor | Personaxe principal (8 episodios) |
Cine
[editar | editar a fonte]| Ano | Película | Personaxe | Notas |
|---|---|---|---|
| 2009 | Rabia | Adrián | Papel secundario |
| Mentiras y gordas | Nico | Papel principal | |
| 2011 | Transgression | Helio | Papel secundario |
| Torrente 4: Lethal Crisis | Peralta | Papel secundario | |
| 2014 | El club de los incomprendidos | Rodrigo | Papel secundario |
| Matar el tiempo | Boris | Papel secundario | |
| 2015 | Perdiendo el Norte | Hugo | Papel principal |
| 2020 | Campanadas a muerto | Luis Kortazar | |
| 2021 | Érase una vez en Euskadi | Félix |
Curtametraxes
[editar | editar a fonte]- Identidad (2010)
- Muñecos de látex (2009), como Adrián.
- El forjador de historias (2008), como Víctor.
- Amores Imposibles I (2007), como Aitor.
Teatro
[editar | editar a fonte]- Antígona (2017) como Corifeo.
Premios e candidaturas
[editar | editar a fonte]- Premio ao mellor actor revelación pola Asociación de Cronistas do Espectáculo de Nova York en 2010.
- Nomeado como mellor actor de drama no Festival de Televisión de Montecarlo en 2009.
- Gañador dos Fotogramas de Prata 2011 e 2016 ao mellor actor de televisión.
- Gañador dos Premios Madrid Imagen (MIM Series) 2015 ao mellor actor dramático de televisión por Bajo sospecha, emitida en Antena 3.