El inocente é unha serie de televisiónespañola orixinal de Netflix, estreada o 30 de abril de 2021 en 190 países do mundo. A serie narra a vida dun exconvicto que trata de refacer a súa vida, non confía en case ninguén e trata de descubrir a verdade que o rodea.
A serie está baseada na novela do mesmo nome de Harlan Coben, e adaptada por Oriol Paulo e Jordi Vallejo. Está protagonizada por Mario Casas, Aura Garrido, Alexandra Jiménez, Juana Acosta e José Coronado, entre outros.[1][2] Conta cunha única tempada de oito capítulos, cunha duración aproximada de 50 minutos por episodio.
Mateo Vidal, un exconvicto trata de reconducir a súa vida cando a súa muller, Olivia, recibe unha estraña chamada e desaparece posteriormente. Mateo trata de descubrir o sucedido que se relaciona co mundo da prostitución e a chantaxe.
Unha noite, hai nove anos, Mateo intercedeu inocentemente nunha pelexa que acabou cun homicidio neglixente. Pasado un tempo, é agora un exconvicto que se atopa preto de acadar a estabilidade na súa vida. A súa parella, Olivia, está embarazada, e os dous están a piques de conseguir a casa dos seus soños. Unha inexplicábel chamada dende o móbil de Olivia desconcerta a Mateo, que comezará unha frenética carreira por descubrir a verdade. Ademais, Lorena, unha inspectora de policía, en pleno desenvolvemento dunha investigación polo suicidio dunha monxa comeza a asistir con estrañeza aos acontecementos que se suceden, a relación co caso de Mateo e tentando encaixar todas as pezas.
Nesta serie tamén terá relevancia o papel de Teo Aguilar, da Unidade de Delitos Especiais, e o da propia Unidade que conducirán ao espectador desde a estabilidade baseada na mentira á realidade oculta que aflora cando todos a daban por pasada.
En abril de 2019, Netflix anunciou a adaptación da novela de Harlan Coben El inocente, cuxo director sería Oriol Paulo e o equipo de produción estaría liderado por Belén Atienza.[3] O 22 de novembro de 2019 comezou a rodaxe da serie. Ademais, ese mesmo mes anunciáronse ao tres primeiros actores: Mario Casas, Aura Garrido e Alexandra Jiménez.[4] En outubro de 2020 anunciouse a toda a repartición principal da serie, á parte do tres actores xa anunciados: Martina Gusmán, Juana Acosta, Gonzalo de Castro, Ana Wagener, Miki Esparbé, Xavi Sáez, Anna Alarcón e Susi Sánchez.[5]
A principios de abril de 2021, anunciouse a data de estrea da serie, sendo o venres, 13 de abril de 2021.[6] Poucos días antes da estrea, a serie comezou a publicitarse nas principais canles españolas (Telecinco, Antena 3) a modo de anuncio publicitario. Ademais, os principais actores asistiron como convidados a programas como El Hormiguero en Antena 3[7] ou Late Motiv en #0[8] para promover a serie. O cartel e tráiler da serie foron publicitados en Times Square de Nova York.[9]