Carlos Montero
Carlos Montero | |
---|---|
Nome completo | Carlos Montero Castiñeira |
Nacemento | 1972 |
Celanova | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | guionista, director de cinema e escritor |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Carlos Montero Castiñeira, nado en Celanova en 1972, é un escritor e guionista galego en lingua castelá.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Montero licenciouse en Ciencias da Información na Universidade Complutense de Madrid, e ao pouco comezou a traballar como guionista para o cinema e a televisión a comezos da década dos 2000. Foi coguionista de series de televisión españolas moi populares, como El Comisario ou Al salir de clase, e creador doutro título importante, Física o Química, do que ademais foi guionista. Tamén adaptou novelas e outras pezas narrativas para a televisión, coma El tiempo entre costuras.
Xa en 2012 publicou a súa primeira novela, Los tatuajes no se borran con láser, e catro anos máis tarde gañou un dos premios literarios máis importantes para as novelas en lingua castelá, o Premio Primavera, que está dotado con 100.000 euros. O premio obtívoo por El desorden que dejas, unha novela ambientada na vila ficticia galega de Novariz.
Obra[editar | editar a fonte]
Televisión[editar | editar a fonte]
- Al salir de clase (155 episodios, entre 1997 e 1999)
- El comisario (22 epidodios entre 2000 e 2004)
- Maneras de sobrevivir (creador e guionista dos 5 episodios, en 2005)
- Génesis, en la mente del asesino (creador e guionista dos 7 episodios, entre 2006 e 2007)
- Física o Química (creador e guionista en todos os episodios, de 2008 a 2011)
- El tiempo entre costuras, adaptación á televisión da novela de María Dueñas, tres episodios de 2013.[1]
- Vive cantando (creador e guionista dos 6 episodios, entre 2013 e 2014)
- Hánsel y Gretel, episodio da serie Cuéntame un cuento (2014)
- Apaches (2015)
- El desorden que dejas. Netflix (2020)
Cinema[editar | editar a fonte]
- Combustión (2013, dirixida e coescrita por Daniel Calparsoro).
- No culpes al karma de lo que te pasa por gilipollas (2016, dirixida por Maria Ripoll, coescrita con Breixo Corral)
Narrativa[editar | editar a fonte]
- 2012, Los tatuajes no se borran con láser.
- 2016, El desorden que dejas.
- 2018, deine letzte stunde: thriller
Galardóns[editar | editar a fonte]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Carlos Montero". wiki de El tiempo entre costuras (en castelán). Consultado o 18 de febreiro de 2016.
- ↑ "El celanovés Montero, Premio Primavera de Novela por "El desorden que dejas"". La Región (en castelán). 18 de febreiro de 2016. Consultado o 18 de febreiro de 2016.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Carlos Montero na IMDb (en inglés).