Maria Alzira Seixo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMaria Alzira Seixo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento29 de abril de 1941 Editar o valor em Wikidata (82 anos)
Barreiro, Portugal (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePortugal Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Lisboa Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncrítica literaria Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
Premios

Maria Alzira Semião dos Santos Seixo, nada en Barreiro o 29 de abril de 1941, é unhaprofesora catedrática da Facultade de Letras da Universidade de Lisboa,[1] dedicándose a estudos de historia e crítica literaria.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Viviu sempre na Moita até 1966, fixándose entón en Lisboa. Estudou na Facultade de Letras da Universidade de Lisboa, onde tivo como mestres, entre outros, Jacinto do Prado Coello e David Mourão-Ferreira. Aínda antes de concluír a súa licenciatura en Filoloxía Románica, foi contratada como profesora no Liceu Raíña Dona Leonor, en Lisboa, o ano de 1963-64, e no Liceu Nacional de Setúbal, en 1964-65. De seguida partiu para París, frecuentando a École Practique des Hautes Études, onde estudou con Roland Barthes (co-orientador do seu doutoramento) e Greimas, frecuentando asemade, na École Normale Supérieure, as clases de Todorov, Lacan e Kristeva. Tornouse en 1966 docente do departamento de Literatura Francesa na Facultade de Letras de Lisboa, tendo posteriormente ensinado Literatura Comparada. En 1979 concluíu o doutoramento en Literatura Francesa. Foi directora da Facultade de Letras durante o mandato de 1996-98, tendo dato inicio á construción do actual edificio da Biblioteca de Letras.[2]

Maria Alzira Seixo dedicouse ao estudo da Literatura Portuguesa Moderna e Contemporánea, da Literatura Francesa Clásica e Contemporánea e de cuestións de pedagoxía literaria. É autora de obras de investigación nas súas áreas, de ensaios sobre literatura portuguesa e dalgúns libros de poesía. Publicou o primeiro libro en 1968, co título Para um Estudo da Expressão do Tempo no Romance Português Contemporâneo,, que inclúe estudos sobre a obra de Agustina Bessa Luís, Vergílio Ferreira, Maria Judite de Carvalho e Augusto Abelaira. Frecuentou as tertulias de Carlos de Oliveira e José Gomes Ferreira, e os encontros regulares do que sería máis tarde o Grupo de Música Contemporánea de Lisboa, con Jorge Peixinho e Mário Falcão, e a compañía de Emanuel Nunes, entón estudante de Dereito.

Creou e dirixiu as revistas Ariane (estudos franceses) e Dedalus, esta última da Asociación Portuguesa de Literatura Comparada, institución que fundou en 1988. A revista Dedalus foi unha das principais responsábeis pola divulgación, en Portugal, do chamado Posmodernismo. Ten colaborado na Colóquio/Letras e no Jornal de Letras, Artes e Ideias, e en moitas revistas estranxeiras. Participou na elaboración de antoloxías de Literatura Portuguesa (Poesia + Prosa, 1 e 2, con Eduardo Prado Coelho; Portugal, a Terra e o Homem, con David Mourão-Ferreira), e na antoloxía comentada do Livro do Desasosego de Bernardo Soares, en 1986. Dirixiu a colección Prácticas de Leitura (Editora Arcádia), que publicou textos de problemática marxista, semiolóxica e estruturalista, a colección Textos Literários (Editorial Comunicação), de introdución á lectura de escritores portugueses (con 54 volumes publicados baixo asúa dirección) e a colección Viagem da Editora Cosmos.

Fundou, en 1987, a Asociación Portuguesa de Literatura Comparada, que presidiu. Foi tamén Presidenta da Asociación Internacional de Literatura Comparada, electa en Tokio, 1991, até 1994, Edmonton, e da Federación Internacional de Linguas e Literaturas Modernas, electa en Harare, 1999, e até 2002, en Bangkok; foi Presidenta do Centro Portugués da Asociación Internacional de Críticos Literarios, entre 1984 e 1987, sucedendo no cargo a Jacinto do Prado Coelho.

Foi profesora convidada nas Universidades de Poitiers, da California en Santa Bárbara, de Chicago, de Johns Hopkins en Baltimore, e da Polinésia Francesa no Tahití. Deu clase nos Centros Universitarios de Faro e do Funchal, e prestou colaboración nas Universidades de Évora e do Miño. Deu conferencias e orientou seminarios en moitas universidades e institucións culturais de varios continentes.[2]

A diversidade dos lugares por onde tivo ocasión de traballar di do empeño que colocou na difusión da Literatura Portuguesa, a cal case sempre incluíu nos seus estudos de índole comparatista. Por outro lado, esa diseminación global teralle proporcionado perspectivas de reflexión diferenciadas, nas cales colleu moita da súa formación, de tipo abranxente, e comprensiva dos fenómenos da alteridade.

Entre 1990 e 2000 dirixiu o Seminario de Estudos A Viagem na Literatura, da Comisión Nacional para as Conmemoracións dos Descobrimentos Portugueses, cientificamente integrado, como grupo de investigación, na Asociación Internacional de Literatura Comparada, que realizou seis coloquios internacionais en Portugal e outros países, e publicou máis dunha decena de volumes (con textos en portugués, francés e inglés) sobre Literatura de Viaxes.

No cadro do Erasmus intensive Program, desenvolveu actividade como profesora de Literatura Europea durante seis anos, representando a Universidade de Lisboa, nun curso para estudantes da UE, que abranguía aínda as universidades de Utrecht, Götingen, París IV e Lovaina, tendo a primeira sesión dese curso inaugurado, no Convento da Arrábida, as instalacións que desde entón se consagran a reunións científicas.

Ten sido membro de xurados de premios literarios, entre os cales os da APE, PEN, Don Dinis, Premio de Literatura Europea, Juan Rulfo, Universidade de Évora, Camões e Fernando Namora.

Foi tamén a coordinadora da ne varietur da obra de António Lobo Antunes, de 2002 a 2008, concibindo e preparando, tras esa actividade, o Dicionáario da obra deste autor. Despois, entre outras actividades relacionadas co Ensino e a Literatura, dirixiu a colección António Lobo Antunes – Ensaio, que publicou, na LeYa, textos e teses sobre a obra deste escritor.

Dirixe a Colecção Camiliana, con António Maria Pereira, onde publicou Libro de Consolação, O Libro Negro do Padre Dinis e Memórias do Cárcere.

Colabora regularmente, desde sempre, no Jornal de Letras, Artes e Ideias, con actividade de crítica literaria.

Xubilouse en 2001, continuando, porén, a ser membro do Centro de Estudos Comparatistas, da FLUL, que integra desde a súa fundación.

É Membro do Consello das Ordes Nacionais.[3]

É socia correspondente da Clase de Letras da Academia das Ciencias de Lisboa.

Contra o "Acordo Ortográfico"[editar | editar a fonte]

Desde 2008, sobre a aplicación do Acordo Ortográfico, á semellanza de Vasco Graza Moura, Maria Alzira Seixo ten manifestado a maior discordancia.

Maria Alzira Seixo foi un dos asinantes da Petição em Defesa da Língua Portuguesa e dunha Iniciativa Lexislativa de Cidadáns (ILC) contra o Acordo Ortográfico que decorre en Portugal.

Publicacións[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Letra da terra (1983)
  • Diário do lago (2001). Edições Asa
  • Os Poemas da Minha Vida (2015). Público.
  • Letra da Terra com Três Desenhos de Ângelo de Sousa (2017). Modo de Ler

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • A expressão do tempo no romance português contemporâneo (1968)
  • Discursos do texto (1977)
  • Le parcours du plaisir. Essai d'analyse d'un texte français du XVIIe. siécle: "Francion" de Charles Sorel (1985)
  • Poéticas do Século XX (1985). Livros Horizonte
  • "O Amor Primeiro", Introdução a Garvaia, de Pai Soares de Taveirós. Con David Mourão-Ferreira, Eugénio de Andrade, Natália Correia, Alexandre O’Neill, Pedro Tamen, Vasco Graça Moura, Nuno Júdice, Vespeira (1985)
  • A palavra do romance. Ensaios de genologia e análise (1986). Livros Horizonte.
  • O essencial sobre José Saramago (1987). INCM – Imprensa Nacional Casa da Moeda. Monografía
  • Para Um Estudo da Expressão do Tempo no Romance Português Contemporâneo (1987). INCM – Imprensa Nacional Casa da Moeda
  • A História Trágico-Marítima (1996). Edições Cosmos
  • Poéticas da viagem na literatura (1998). Publicações Europa-América.
  • Lugares da ficção em José Saramago. O essencial e outros ensaios (1999). En 2010, INCM - Imprensa Nacional Casa da Moeda
  • Le sens du voyage dans l'écriture romanesque, ed. bilingue francés/grego (2000)
  • Outros erros. Ensaios de literatura (2001). Edições Asa
  • Eu fui ao mar às laranjas : ensaio sobre Luísa Dacosta (2001)
  • Os romances de António Lobo Antunes: análise, interpretação, resumos e guiões de leitura (2002). Dom Quixote
  • Dicionário da Obra de António Lobo Antunes (dirección e co-autoría) (2008). INCM - Imprensa Nacional Casa da Moeda
  • Memória Descritiva da fixação do texto para a edição ne varietur da obra de António Lobo Antunes, con Graça Abreu, Eunice Cabral, Agripina Carriço Vieira (2010)
  • As Flores do Inferno e Jardins Suspensos, Volume II de Os Romances de António Lobo Antunes, con colaboración de António Bettencourt (2010). Dom Quixote.

Outras obras en colaboración[editar | editar a fonte]

  • Três Ensaios sobre a Obra de Manuel da Fonseca, (1980). Comunicação, Lisboa
  • Leituras de Roland Barthes (1982). Dom Quixote, Lisboa
  • Poéticas do Século XX (1984).Horizonte, Lisboa
  • O Corpo e os Signos (ensaios sobre O Físico Prodigioso, de Jorge de Sena), A História Trágico-marítima. Análises e Perspectivas (1996).Cosmos, Lisboa
  • Viagem e Literatura (1997).Europa-América, Lisboa
  • Lesen, Unbegrenzt Reisen. Die Portugiesen Und Die Welt./ O Livro e a Viagem sem limites. As Letras Portuguesas e o Mundo (19979). Catálogo da exposición homónima do Ano de Portugal en Frankfurt, Introdución e Antoloxía, Lisboa
  • Les Récits de voyage: typologie, historicité (1998). Cosmos, Lisboa
  • O Discurso Literário da "Peregrinação" (1999). Cosmos, Lisboa
  • A Vertigem do Oriente. Modalidades discursivas no encontro de culturas (1999). Cosmos, Lisboa
  • Colloque de Cerisy / Pessoa (2000). Christian Bourgois, París
  • The Paths of Multiculturalism. Travel Writings and Postcolonialism (2000). Cosmos, Lisboa
  • Travel Writing and Cultural Memory (2000). Rodopi, Amsterdam – Atlanta GA

Ten moitos traballos dispersos en periódicos e revistas, portugueses e de fóra, non recenseados.

Premios e distincións[editar | editar a fonte]

  • 1986: Premio PEN Club Portugués de Ensaio (A palavra do romance. Ensaios de genealogia e análise)
  • 1990: Membro da Academia Europaea
  • 1999: Premio Jacinto do Prado Coello, do Centro Portugués da Asociación Internacional de Críticos Literarios (Lugares da ficção em José Saramago. O essencial e outros nsaios).
  • 2001: Premio PEN Club Portugués de Ensaio (Outros erros. Ensaios de literatura)[4]
  • 2002: Gran Premio de Ensaio Literario APE/PT (Os romances de António Lobo Antunes : análise, interpretação, resumos e guiões de leitura)
  • 2010: Premio Vergílio Ferreira da Universidade de Évora, 2010

Condecoracións[5][editar | editar a fonte]

  • Dama da Orde das Palmas Académicas de Francia (1981)Francia
  • Oficial da Orde das Palmas Académicas de Francia (1987)Francia
  • Grande-Oficial da Orde do Infante D. Henrique de Portugal (2007)Portugal

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Infopédia. "Maria Alzira Seixo - Infopédia". Infopédia - Dicionários Porto Editora (en portugués). Consultado o 2020-05-27. 
  2. 2,0 2,1 "Maria Alzira Seixo - FLUL Alumni". alumni.letras.ulisboa.pt. Consultado o 2020-05-27. 
  3. "ORDENS NACIONAIS - Página Oficial das Ordens Honoríficas Portuguesas". www.ordens.presidencia.pt. Consultado o 2020-05-27. 
  4. "Maria Alzira Seixo. Wook". www.wook.pt (en portugués). Consultado o 2020-05-27. 
  5. "ENTIDADES NACIONAIS AGRACIADAS COM ORDENS PORTUGUESAS - Página Oficial das Ordens Honoríficas Portuguesas". www.ordens.presidencia.pt. Consultado o 2020-05-27.