Manuel da Fonseca (escritor)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel da Fonseca
Biografía
Nacemento15 de outubro de 1911 Editar o valor em Wikidata
Santiago do Cacém, Portugal Editar o valor em Wikidata
Morte11 de marzo de 1993 Editar o valor em Wikidata (81 anos)
Lisboa, Portugal Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePortugal Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0196104 Editar o valor em Wikidata

Manuel Lopes Ferreira Fonseca, máis coñecido como Manuel da Fonseca, nado en Santiago do Cacém o 15 de outubro de 1911[1] e finado en Lisboa o 11 de marzo de 1993, foi un escritor (poeta, contista, novelista e cronista) portugués. Un dos máis importantes do neorrealismo portugués.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tras terminar o ensino básico, Manuel da Fonseca proseguiu os seus estudos en Lisboa. Estudou no Colexio Vasco da Gama, Liceu Camões, Escola Lusitânia e Escola de Belas-Artes. A pesar de non ter sobressaído na área das Belas-Artes, deixou algúns rexistros do seu trazo, sobre todo nos retratos que facía dalgúns dos seus compañeiros de conversas lisboetas, como é o caso do de José Cardoso Pires. Durante os períodos de interregno escolar, aproveitaba para regresar ao seu Alentejo de orixe. De aí que o espazo de elección dos seus primeiros textos sexa o Alentejo. Só máis tarde e a partir de Um Anjo no Trapézio é que o espazo das súas obras pasa a ser a cidade de Lisboa.

Membro do Partido Comunista Portugués (PCP), Manuel da Fonseca formou parte do grupo do Novo Cancioneiro e é considerado por moitos como un dos mellores escritores do Neorrealismo portugués. Nas súas obras, cargadas de intervención social e política, relata como poucos a vida dura do Alentejo e dos alentejanos. Tda a súa obra é atravesada polo Alentejo e o seu pobo. Ligado ao neorrealismo, evolucionou no sentido dun rexionalismo crecente, ligado ao seu Alentejo natal, retratando o pobo desta rexión e a miseria que sufriu.[3]

A súa vida profesional foi moi díspar, exercendo nos máis distintos sectores: comercio, industria, revistas, axencias publicitarias, entre outras.[4]

Era membro da Sociedade Portuguesa de Escritores cando esta atribuíu o gran Premio da Novelística a José Luandino Vieira pola súa obra Luuanda, o que levou ao peche desta institución e á detención dalgúns dos seus membros na prisión de Caxias, entre os cales estaba Manuel da Fonseca.[5] A súa escrita era seguida de cerca pola Censura. Vixiado e perseguido pola PIDE, tanto polo que escribía como pola militancia política, coñeceu a brutalidade dos interrogatorios e dos cárceres fascistas.[6]

A 25 de outubro de 1983, foi agraciado co grao de Comendador da Orde Militar de Sant'Iago da Espada.

Na súa homenaxe, a Escola Secundaria de Santiago do Cacém denomínase Escola Secundária Manuel da Fonseca[7] e as bibliotecas municipais de Castro Verde e Santiago do Cacém, Biblioteca Municipal Manuel da Fonseca.[8]

Colaborou nas revistas Árvore, Vértice, O Diabo, Seara Nova, A Capital, Atlántico.[9]

Algunhas das súas obras foron traducidas a varios idiomas e levadas ao cinema.

O Fogo e as cinzas[editar | editar a fonte]

Publicado en 1951, é un dos máis significativos libros de contos da moderna literatura portuguesa, onde a arte de Manuel da Fonseca atinxe a perfecta madureza, revelándose entón un escritor de tendencia rexionalista e de fonda preocupación humana, que retrata a vida pobre dos traballadores rurais das chairas alentejanas, dando especial realce á súa loita contra a inxustiza. Os contos son acerca dun Alentejo dos anos 40 e 50, rústico e en decomposición. Fálannos das xentes dunha terra marabillosa mais pobre: ese Alentejo de hai moitas décadas, que asistía aos primeiros pasos dun progreso lento.[10]

Un dos contos alegórico e simbólico é O Largo.[11]

Obras[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Rosa dos ventos (1940). Edición do autor
  • Planície (1941). Coímbra. Sexto volume da colección "Novo Cancioneiro". Viñetas de Manuel Ribeiro de Pavia
  • Poemas dispersos (1958).
  • Poemas completos (1958). Con prefacio de Mário Dionísio
  • Obra poética (2011). Editorial Caminho.
  • Antologia poética (1976). Diabril Ed. Organización e prefacio de Fernando Luso Soaraes.

Contos[editar | editar a fonte]

  • Aldeia Nova (1942). En BIS, 2009. En Editorial Caminho, 2011.
  • O Fogo e as cinzas (1953). Edición Três Abelhas (a súa máis importante obra). En 1998, Editorial Caminho.
  • Um anjo no trapézio (1968). En Editorial Caminho, 2011.
  • Tempo de solidão (1973). En Editorial Caminho, 2011.
  • Tempo de solidão - Edición especial dos Estúdios Cor (edición limitada e ofrecida pola editora no Natal de 1973).

Novela[editar | editar a fonte]

  • Cerromaior (1943). Editorial Enquisa. Novela levada ao cinema en 1980, dirixida por Luís Filipe Rocha.[12] En 1997 e 2011, Editorial Caminho.
  • Seara de vento (1958). En 1988, Editorial Caminho.

Crónicas[editar | editar a fonte]

  • Crónicas algarvias (1987). Editorial Caminho.
  • Á lareira, nos fundos da casa onde o Retorta tem o café (2000). Editorial Caminho.
  • O vagabundo na cidade (2001). Editorial Caminho.
  • Pessoas na paisagem (2002). Editorial Caminho.

Antoloxías[editar | editar a fonte]

  • Antologia de Fialho de Almeida (1984). Câmaras Municipais de Cuba e Vidigueira.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Certificado de nacemento" (PDF). esmf.drealentejo.pt/. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de marzo de 2016. 
  2. "Manuel da Fonseca". www.epdlp.com (en castelán). Consultado o 2020-05-04. 
  3. "Manuel da Fonseca. Wook". www.wook.pt (en portugués). Consultado o 2020-05-04. 
  4. Infopédia. "Manuel da Fonseca - Infopédia". Infopédia - Dicionários Porto Editora (en portugués). Consultado o 2020-05-04. 
  5. "Manuel Lopes Fonseca". www.lusofoniapoetica.com (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2020-05-04. 
  6. "Manuel da Fonseca". Jornal Tornado (en portugués). 2018-02-04. Consultado o 2020-05-04. 
  7. "escola secundária manuel da fonseca". www.aesc.edu.pt. Consultado o 2020-05-04. 
  8. Portugal, All About. "Biblioteca Municipal Manuel da Fonseca". All About Portugal (en portugués). Consultado o 2020-05-04. 
  9. "Manuel da Fonseca - Biografia". www.truca.pt (en portugués). Consultado o 2020-05-04. 
  10. "O Fogo e as Cinzas - Livro - WOOK". www.wook.pt (en portugués). Consultado o 2020-05-05. 
  11. Mendes, Renata. "O LARGO: uma análise a partir da perpectiva do espaço e do lugar, da identidade e da memória" (PDF). www.revistaespacios.com/ (en portugués). 
  12. "Cerromaior". Consultado o 2020-05-04. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Espaços de sentido: a construção do lugar na ficção de Manuel da Fonseca, Maria da Glória Alhinho dos Santos, Lisboa, Instituto Superior de Psicologia Aplicada, 2002
  • Lírica e sociedade: um olhar sobre a obra poética de Manuel da Fonseca, Rosilda de Moraes Bergamasco, Universidade Estadual de Maringá, 2012.

Conexións externas[editar | editar a fonte]