Vasco Graça Moura

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaVasco Graça Moura

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento3 de xaneiro de 1942 Editar o valor em Wikidata
Foz do Douro, Portugal (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte27 de abril de 2014 Editar o valor em Wikidata (72 anos)
Lisboa, Portugal Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro Editar o valor em Wikidata)
Eurodeputado

20 de xullo de 2004 – 13 de xullo de 2009

Circunscrición electoral: Círculo eleitoral de Portugal (pt) Traducir

Eurodeputado

20 de xullo de 1999 – 19 de xullo de 2004

Circunscrición electoral: Círculo eleitoral de Portugal (pt) Traducir

Datos persoais
País de nacionalidadePortugal Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Lisboa Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Estrasburgo
Bruxelas Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , poeta avogado , escritor , tradutor , poeta Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Social Demócrata Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
Premios

Dialnet: 21153 Musicbrainz: 31fb54a8-a136-4f59-89c6-0f303861e2da Discogs: 1542995 WikiTree: Navarro_da_Graça_Moura-1 Editar o valor em Wikidata

Vasco Navarro da Graça Moura, nado no Porto o 3 de xaneiro de 1942 e finado en Lisboa o 27 de abril de 2014, foi un escritor, tradutor e político portugués.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Vasco Graça Moura naceu o 3 de xaneiro de 1942, na freguesía de Foz do Douro, no Porto. Era fillo de Francisco José da Graça Moura e de María Teresa Amado da Cunha Seixas Navarro de Castro, da burguesía do Norte de Portugal.[2]

Licenciado en Dereito pola Facultade de Dereito da Universidade de Lisboa, onde colaborou na publicación académica Quadrante (1958-1962) publicada pola Asociación Académica da Facultade de Dereito de Lisboa.

Pasou 39 meses na tropa, nunha tempo en que xa estaba casado e era pai de dous fillos. Foi avogado entre 1966 e 1983.

Tras o 25 de Abril de 1974, adheriuse ao Partido Social Demócrata, sendo chamado a exercer os cargos de Secretario de Estado da Seguridade social (IV Goberno Provisional, do independente pro-Comunista Vasco Gonçalves, porén con participación de elementos ligados ao Grupo dos Nove e dos Retornados (VI Goberno Provisional, José Piñeiro de Azevedo).

Na década dos 80 entrou definitivamente na carreira literaria, que o había de confirmar como un nome central da literatura portuguesa da segunda metade século XX e un dos maiores defensores da lingua portuguesa[3].

Divorciouse da súa primeira muller, Maria Fernanda de Sá Dantas, no inicio dos anos 80, e volveu casar dúas veces máis. Primeiro coa ensaísta Clara Crabbé Rocha — filla de Miguel Torga e de Andrée Crabbé Rocha —, en 1985, e despois con Maria do Rosário Sousa Machado, en 1987, con quen tivo dúas fillas máis, enternecidamente citadas en varios poemas dos seus últimos libros. A súa última compañeira foi Maria Bochicchio (italiana), que o acompañou até preto da súa morte e con quen publicou O Binomio de Newton & A Venus de Milo.

Foi director da RTP2 (1978), administrador da Prensa Nacional - Casa da Moeda (1979-1989), presidente da Comissão Executiva das Comemorações do Centenário de Fernando Persoa (1988) e da Comissão Nacional para as Comemorações dos Descobrimentos Portugueses (1988-1995), director da revista Océanos (1988-1995), director da Fundação Casa de Mateus comisario-xeral de Portugal para a Exposición Universal de Sevilla (1988-1992) e director do Serviço de Bibliotecas e Apoio à Leiturada Fundación Calouste Gulbenkian (1996-1999).[4]

Graça Moura foi unha das voces máis críticas do Acordo Ortográfico de 1990, considerando que o mesmo só "serve intereses xeopolíticos e empresariais brasileiros, en detrimento de intereses inalienábeis dos demais falantes de portugués no mundo".[5]

Xuntamente con António Mega Ferreira, foi o autor da proposta de realización da Exposição Mundial de 1998 en Lisboa, que máis tarde sería considerada polo Bureau International de Expositions unha das mellores exposicións internacionais de sempre.

De novo polo PSD foi durante dez anos consecutivos deputado ao Parlamento Europeo, integrando o Grupo do Partido Popular Europeo, desde 1999 até 2009.

En xaneiro de 2012, o Secretario de Estado da Cultura do goberno de Passos Coello, Francisco José Viegas, nomeouno para a presidencia da Fundación Centro Cultural de Belén, substituíndo así António Mega Ferreira, manténdose no cargo mesmo cando procuraba curarse do cancro que lle provocou a morte, o 27 de abril de 2014.[6] O mesmo día, Pedro Passos Coello, ex-primeiro ministro de Portugal, destacou o percorrido político de Graça Moura e a súa actividade como "divulgador das letras portuguesas", afirmando que o escritor deixou un "vasto legado literario, marcado pola inspiración e pola dedicación á lingua portuguesa, que enriqueceu como poucos, unha constante procura da identidade nacional e un clarividente pensamento sobre as raíces, a herdanza política e filosófica e o futuro da Europa", concluíndo: "Portugal perdeu hoxe un dos seus maiores cidadáns".[7]

Colaborou na prensa destacando os seus artigos semanais no Diário de Notícias.[8]

Vasco Graça Moura foi membro efectivo da Académie Européenne de Poésie (Luxemburgo). As súas obras foron traducidas ao italiano, francés, alemán, sueco e español.[9]

Obras[editar | editar a fonte]

Poesía

Para el, a poesía "é uma questão de técnica e de melancolia", crecendo de A Furiosa Paixão pelo Tangível a través dunha densa rede metafórica que combina a intertextualidade, relacionada especialmente con Camões, Jorge de Sena, Dante, Shakespeare e Rilke, obxectos privilexiados de estudo deste autor, e unha tendencia ironicamente discursivista asentada na axilidade sintáctica.[10]

  • Modo Mudando (1963).[11]
  • Semana Inglesa (1965). Edición do autor distribuída pola Livraria Divulgação
  • O Mês de Dezembro e Outros Poemas (1976). Ed. Inova. 68 páxs.
  • A Sombra das Figuras (1985).
  • O Concerto Campestre (1993). Quetzal Editores. 81 páxs.
  • Sonetos Familiares (1994). Quetzal Editores. 49 páxs.
  • Uma Carta no Inverno (1997). Quetzal Editores. 79 páxs.
  • Nó cego, o Regresso (2000). Edições Asa. 98 páxs.
  • Testamento de VGM (2001). Edições Asa.
  • Letras do Fado Vulgar (2001). Quetzal Editores. 71 páxs.
  • Variações Metálicas (2004). Edições Asa. 88 páxs.
  • Mais Fados & Companhia (2004). Corda Seca & Público. Música. 12 páxs.
  • Os Poemas da Minha Vida (2005). Público. 148 páxs.
  • Os nossos tristes assuntos (2006).
  • O Caderno da Casa das Nuvens (2010). Edições Afrontamento. 72 páxs.
  • Poesia Reunida, vol. 1 (2012). Quetzal Editores.
  • Poesia Reunida, vol. 2 (2012).
  • A Puxar ao Sentimento. Trinta e Um Fadinhos de Autor (2018). Quetzal Editores. 88 páxs. Póstumo.

Teatro[editar | editar a fonte]

Ronda dos Meninos Expostos (1987). Quetzal Editores. 51 páxs.

Ensaio
  • Luís de Camões: Alguns Desafios (1980). Vasco. 144 páxs.
  • Caderno de Olhares (1983). Porto, Oiro do día.
  • Camões e a Divina Proporção (1985). Imprensa Nacional Casa da Moeda. 352 páxs.
  • Os Penhascos e a Serpente (1987). Quetzal Editores. 216 páxs.
  • Várias Vozes (1987). Editorial Presença. 236 páxs.
  • Fernão Gomes e o Retrato de Camões (1987). Imprensa Nacional Casa da Moeda. 106 páxs.
  • Cristóvão Colombo e a floresta das asneiras (1991). Quetzal Editores. 205 páxs.
  • Sobre Camões, Gândavo e Outras Personagens (2000). Campo das Letras. 164 páxs.
  • Adamastor, Nomen Gigantis (2000). Edições Afrontamento. 72 páxs. Texto de Vasco Graça Moura sobre unha escultura popular de José de Guimarães acompañado por esbozos e fotografías de obras de José de Guimarães.
  • Páginas do Porto (2001). Edições Asa. Con Treze Desenhos de António Cruz. 128 páxs.
  • Fantasia e Objectividade nos Descobrimentos Portugueses (2006). Alêtheia Editores.
  • Acordo Ortográfico: A Perspectiva do Desastre (2008). Alêtheia Editores.
  • Diálogo com (algumas) imagens (2009). Athena. 196 páxs.
  • Amália Rodrigues: dos poetas populares aos poetas cultivados (2010).
  • Miguel Veiga - Cinco Esboços para um Retrato (2011).
  • Os Lusíadas para Gente Nova (2012). Gradiva. 152 páxs.
  • A Identidade Cultural Europeia (2013). Fundação Francisco Manuel dos Santos.
  • Discursos Vários Poéticos (2013). Verbo. 544 páxs.
  • Retratos de Camões (2014). Editora Guerra & Paz.
Relatos
  • Quatro Últimas Canções (1987). 2ª ed. en 2009, Quetzal Editores
Novela
  • Naufrágio de Sepúlveda (1988).[12] Quetzal Editores. 176 páxs.
  • Partida de Sofonisba às seis e doze da manhã (1993). Quetzal Editores. 312 páxs.
  • A Morte de Ninguém (1998). Quetzal Editores. 184 páxs.
  • Meu Amor, Era de Noite (2001). Quetzal Editores. 181 páxs.
  • Enigma de Zulmira (2002).[13] Quetzal Editores. 175 páxs.
  • Sete Livros e um CD (2002). Edições Asa.
  • Por detrás da magnólia (2008).[14] Bertrand Editora. 208 páxs.
  • Alfreda ou a Quimera (2008). Bertrand Editora. 240 páxs.
  • O pequeno-almoço do Sargento Beauchamp: (uma novela) (2008).[15] Alêtheia Editores. 134 páxs.
  • Morte no Retrovisor (2008). Quetzal Editores. 232 páxs.
  • Os Desmandos de Violante (2011).[16] Alêtheia Editores. 164 páxs.
  • O Mestre de Música (2015)[17]. Alêtheia Editores. 164 páxs. (Continuación de O pequeno-almoço do Sargento Beauchamp)
  • As botas do Sargento (2016). Quetzal Editores. 48 páxs. Lit. infantil.
Diario e Crónica
  • Circunstâncias Vividas (1995). Bertrand Editora.
  • Contra Bernardo Soares e Outras Observações (1999). Campo das Letras. 245 páxs.
Traducións (resumo)

Tradutor de: Fedra, Andromaca e Berenice, de Racine; de O Cid, de Corneille; d.e O misantropo, de Molière

  • A Divina Comédia, de Dante Alighieti (2000). Bertrand Editora. 896 páxs.
  • Cyrano de Bergerac, de Edmond Rostand
  • Os Sonetos, de Shakespeare (2002). Bertrand Editora.
  • Os Testamentos de François Villon e algumas baladas mais (1997). Campo das Letras. 264 páxs.
  • A Vita Nuova de Dante Alighieri (2001). Bertrand Editora. 152 páxs.
  • Alguns amores, de Ronsard (2003). Bertrand Editora. 160 páxs.
  • Elegias de Duino e Os Sonetos a Orfeu (1994, Quetzal Editores, 78 páxs.) de Rainer Maria Rilke
  • Os triunfos, de Petrarca (2004). Bertrand Editora. 350 páxs.
  • As Rimas, de Petrarca (2003). Bertrand Editora
  • O Poema sobre o Desastre de Lisboa, de Voltaire (2013). Ed. bilingüe. Alêtheia Editores.
  • Elegias de Duíno e Os Sonetos a Orfeu, de Rainer Maria Rilke (2017). Ed. bilingüe. Quetzal Editores. 216 páxs.
  • Romanceiro Cigano seguido de Pranto por Ignacio Sánchez Mejías (2019). Quetzal Editores. 160 páxs.

Antoloxías

  • As mais belas Histórias Portuguesas de Natal (2008). Quetzal Editores.
  • 366 Poemas que Falam de Amor (2003). Quetzal Editores. 524 páxs.
  • Visto da Margem Sul do Rio o Porto (2013). Modo de Ler.
  • O Binómio de Newton & A Vénus de Milo. Poesia e Ciência na Literatura Portuguesa - Uma Antologia (2011). Con Maria Bochicchio. Alêtheia Editores. 175 páxs.
  • Antologia dos Sessenta Anos (2002). Edições Asa. 192 páxs.

Premios e distincións[editar | editar a fonte]

Premios
  • 1995: Prémio Pessoa.
  • 2002: Prémio Internacional "La cultura del mar", en Itália.
  • 2004: Coroa de Ouro do Festival de Poesia de Struga, Macedónia. Struga Poetry Evenings (en inglés).
  • 2007: Prémio Vergílio Ferreira.
  • 2007: Prémio de Tradução do Ministerio da Cultura de Italia, que distingue anualmente o mellor tradutor estranxeiro de obras italianas.
  • 2007: Prémio Max Jacob para Poesía Estranxeira
  • 2010: Tributo de Consagração Fundação Inês de Castro.
  • 2010: Prémio Europa David Mourão-Ferreira.
  • 2010: Prémio Alberto Pimenta do Clube Literário do Porto.
  • 2013: Prémio Morgado de Mateus.
Obras premiadas
  • 1984: Prémio Literário Município de Lisboa por Os rostos comunicantes
  • 1987: Prémio Literário Município de Lisboa por A furiosa paixão pelo tangível
  • 1994: Prémio de Poesia do P.E.N. Clube Português por O concerto campestre
  • 1995: Prémio Municipal Eça de Queirozpor Sonetos familiares
  • 1996: Grande Prémio de Tradução Literária por Vita Nuova de Dante
  • 1997: Grande Prémio de Poesia APE/CTT por Uma carta no Inverno
  • 2004: Prémio Internacional Diego Valeri por Rimas de Petrarca
  • 2004: Grande Prémio de Romance e Novela APE/IPLB (2004) por Por detrás da magnólia
  • 2006: Prémio de Tradução Paulo Quintela, da Universidade de Coímbra (2006) por Rimas de Petrarca
Condecoracións portuguesas
  • Portugal Oficial da Ordem Militar de Sant'Iago da Espada de Portugal (3 de agosto de 1983).
  • Portugal Grã-Cruz da Ordem do Infante D. Henrique de Portugal (8 de xuño de 2010).
  • Portugal Grã-Cruz da Ordem Militar de Sant'Iago da Espada de Portugal (31 de xaneiro de 2014)
Outras condecoracións
  • Oficial da Ordem de Rio Branco do Brasil (1989).
  • Medalha da Marinha Brasileira do Brasil (1990).
  • Italia Medalha de Ouro da Cidade de Florencia de Italia (1998) polas súas traducións de Dante.
  • Grã-Cruz da Ordem do Mérito Cívico e Cultural do Brasil (? de ? de 2005).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Biografia - Vasco Graça Moura". escritas.org (en portugués). Consultado o 2020-04-06. 
  2. "Vasco Graça Moura" (en castelán). 2018-12-16. 
  3. "Vasco Graça Moura. Portugal perdeu grande poeta e defensor da língua, diz Maria Teresa Horta". ionline (en portugués). Consultado o 2020-04-06. 
  4. "Biografia". livro.dglab.gov.pt (en portugués). Consultado o 2020-04-06. 
  5. "Vasco Graça Moura nomeado presidente do CCB - PÚBLICO". archive.is (en portugués). 2014-06-18. Archived from the original on 18 de xuño de 2014. Consultado o 2020-04-06. 
  6. Queirós, Luís Miguel. "Morreu Vasco Graça Moura, um intelectual renascentista no século XXI". PÚBLICO (en portugués). Consultado o 2020-04-06. 
  7. ""Portugal perdeu um dos seus maiores cidadãos"". noticiasaominuto.com (en portugués). 2014-04-27. Consultado o 2020-04-06. 
  8. Barca, Antonio Jiménez (2014-05-16). "Vasco Graça Moura, la gracia de ser poeta". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2020-04-06. 
  9. "Vasco Graça Moura: biografia e todos os Livros". www.fnac.pt (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 06 de abril de 2020. Consultado o 2020-04-06. 
  10. "Vasco Graça Moura. Wook". www.wook.pt (en portugués). Consultado o 2020-04-06. 
  11. "Vasco Graça Moura, el gran intelectual de la derecha portuguesa". La Vanguardia (en castelán). Consultado o 2020-04-06. 
  12. Moura, Vasco Graça (1988). Naufrágio de Sepúlveda: romance (en portugués). Quetzal. 
  13. Leme, Carlos Câmara. ""O enigma de Zulmira", de Vasco Graça Moura, é lançado hoje em Lisboa". PÚBLICO (en portugués). Consultado o 2020-04-06. 
  14. "Magnolia" (PDF). eplum.files.wordpress.com (en portugués). 
  15. Moura, Vasco Graça (2008). O pequeno-almoço do Sargento Beauchamp: (uma novela) (en portugués). Aletheia Editores. ISBN 978-989-622-138-6. 
  16. "Os Desmandos de Violante - Livro - WOOK". www.wook.pt (en portugués). Consultado o 2020-04-06. 
  17. Moura, Vasco Graça (2015-11-18). O mestre de música (en portugués). Alêtheia Editores. ISBN 978-989-622-803-3. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Modo Mudando. Sete ensaios sobre a obra de vasco graça moura (2000). Campo das Letras. ISBN 9789726102038

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]