Saltar ao contido

Gedeón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Gedeón
 Título
    Gedeón (es) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Características
 Lingua
Implicados
 Colaborador/a
Datas
 Data de comezo
14 de novembro de 1895 Editar o valor en Wikidata
 Data de remate
13 de outubro de 1912 Editar o valor en Wikidata
 Fundación / creación
14 de novembro de 1895 Editar o valor en Wikidata
 Disolución / destrución
13 de outubro de 1912 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Sede
 Lugar de publicación
Fontes e ligazóns
ISSN1889-8734 Editar o valor en Wikidata
OCLC796351093 Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
HemBNE: 0003045007 HemBNE: 2974714 BVPH: 6113
Wikidata C:Commons

Gedeón foi unha revista satírica de carácter conservador publicada na cidade española de Madrid entre 1895 e 1912.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Na súa creación participaron 3 colaboradores da revista Blanco y Negro: Luis Royo Villanueva, Francisco Navarro Ledesma escritor e importante cervantista que foi o responsable da súa liña ideolóxica e José Roure Mezquiriz, que foi o seu primeiro director.[1]

O primeiro número da revista apareceu o 14 de novembro de 1895 e mantivo unha periodicidade semanal até o 13 de outubro de 1912 en que rematou a súa publicación. Foi clasificada dentro do seu xénero como de forte «intencionalidade política».[2]

Os principais obxectivos da sátira e crítica política da publicación foron o Partido Liberal e o Partido Socialista Obreiro Español. Dende novembro de 1898 e até xaneiro de 1899,[1] a revista foi suspendida por publicar unha ilustración caricaturizando a distintos membros do Partido Liberal, aínda así seguiría emitindo números baixo o título de «Calínez».[3]

Nela colaboraron debuxantes como Pedro Antonio Villahermosa «Sileno», Joaquín Moya, Manuel Tovar, Francesco Sancha Lengo, Beira, Joaquín Xaudaró[4] ou Ramón López Montenegro.[5] En 1904 foi adquirida por Rodrigo de Figueroa e Torres[2] e finalmente, en 1909, por Torcuato Luca de Tena[4]. Dende ese momento vencellada a empresa deste, Prensa Española, e desaparecendo como publicación independente en 1912 posto que a incorporou a unha nova cabeceira chamada Ecos, que só durou cinco meses polo que,finalmente, foi incorporada como suplemento dominical do diario ABC.[1]

O modelo de prensa satírica centrada na política terá continuidade na revista El Mentidero (1913-1921).[1]

  1. 1 2 3 4 5 "Gedeón na Hemeroteca Digital.BNE". Consultado o 15-05-2017.
  2. 1 2 Caparrós Masegosa, Lola; Gamonal Torres (2014). "Gedeón» en las Exposiciones Nacionales de Bellas Artes (1897-1912)". Cuadernos de arte de la Universidad de Granada (nº 41).
  3. ↑ González Lozano, Cristina (Outubro 2012). "De la caricatura para la divulgación constitucional a su utilización para la crítica política. Gedeón 1898". Atticus (nº 19): 28–36. ISSN 2173-951X.
  4. 1 2 Llera Ruiz, José Antonio (2003). "Una historia abreviada de la prensa satírica en España: desde "El Duende Crítico de Madrid" hasta "Gedeón"". Estudios sobre el mensaje periodístico (nº 9): 203–214. ISSN 1134-1629.
  5. ↑ Palacios Remondo, Jesús (1975). "Ramón López Montenegro y de Frías Salaza". Berceo (Instituto de Estudios Riojanos (nº 88): 45–70. ISSN 0210-8550.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]