Joaquín Xaudaró

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJoaquín Xaudaró
Biografía
Nacemento17 de agosto de 1872 Editar o valor em Wikidata
Vigán, Filipinas Editar o valor em Wikidata
Morte1 de abril de 1933 Editar o valor em Wikidata (60 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de La Almudena Editar o valor em Wikidata
Director de museo Museu d'Art Jaume Morera (en) Traducir
1917 – 1920 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónartista de banda deseñada , animador , cineasta , caricaturista , debuxante de prensa Editar o valor em Wikidata
Membro de
AlumnosAntònia Mir i Arguilaguet (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua catalá Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Tebeosfera: xaudaro_echauz_joaquin


Joaquín Xaudaró Echau nado en Vigan, Filipinas, o 17 de agosto de 1872 en Madrid, e finado o 1 de abril de 1933, foi un debuxante, ilustrador e caricaturista español, que traballou para a prensa ilustrada da época en publicacións como Madrid Cómico, Gedeón, Blanco y Negro ou ABC, onde achegou caricaturas, portadas e tiras cómicas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Vigan cando aínda era unha posesión española aínda que a súa familia era aragonesa de orixe.[1]

A infancia[editar | editar a fonte]

Até os once anos viviu na cidade colonial de Vigan. Alí tivo contacto cotiá con virtuosos técnicos da Ukiyo-e (estampa xaponesa), como Kono Barei e Imao Keinen. A súa familia trasladouse a Barcelona en 1883, tendo el once anos, e foi educado en París e Londres.[2]

Fotografado cara a 1905

Colaboracións[editar | editar a fonte]

Comezou a pintar cos seus amigos Anglada Camarasa e Joaquín Mir.

Colaborou con publicacións de Prensa Española, como Blanco y Negro e ABC.[3] Durante a súa primeira época debuxou para Madrid Cómico, Barcelona Cómica, La Saeta, The Monigoty, Gedeón e outras, utilizando de cando en vez o pseudónimo «O'Raduax» ("Xaudaró" escrito ao revés).

As súas viñetas diarias para ABC déronlle fama, contendo cada unha un pequeno can particular que pronto se coñeceu como "perrito de Xaudaró". El, que non tiña cans nin gostaba deles, inspirouse nun cachorro que tiña visto en Luanco, Asturias pero incorporouno ás súas viñetas e banda deseñada para introducir estados de ánimo, e cando non aparecía era moi solicitado polo público. O canciño converteuse tamén en reclamo publicitario e mesmo en xoguete, adaptado polo seu compañeiro Julio Gros, que mesmo gañou un premio de honor nunha exposición canina.[4]

Como ilustrador de libros, traballou tomos de Les conteurs joyeux (publicado en París) e Los viajes morrocotudos de Juan Pérez Zúñiga. Publicou con varios dos mellores editores franceses (Flammarion, Ollendorf, Mericaut ou Garnier), e en famosas revistas galas (Le Rire entre 1907 e 1914, L'Assiette au Beurre, ou Péle-Mêle). Fixo a primeira banda deseñada humorística dunha comunidade nun edificio en sección, continuada despois en episodios de The Spirit de Will Eisner ou en 13, Rúe del Percebe de Ibáñez.[5]

Precursor da ciencia ficción[editar | editar a fonte]

Foi famoso polos seus debuxos que tratan das novas tecnoloxías do seu tempo –publicou un volume de historietas chamado "Os perigos do voo" (Los peligros del vuelo, Lles péripéties de l'aviation, Garnier Frères, París, 1911)– serven como unha conexión importante entre os mundos da ilustración do século XIX e a do século XX. As súas observacións respecto da cultura e a tecnoloxía contemporánea, cun sentido do humor refinado pero penetrante, son evidentes en historietas como "El telégrafo sin hilos," "Un retrato futurista", "El auto que pasa," "Despertar en Biarritz", "El leopardo inglés en Spyon-Kop".

Debuxos animados[editar | editar a fonte]

Entre 1917 e 1921 realiza as súas primeiras películas de debuxos animados, La fórmula del Doctor Nap e Aventuras de Jim Trot, (perdida) e, en 1930, Un discípulo de caco.[1],

En 1932, Xaudaró, xunto cun acuarelista de nome Antonio Got e o debuxante, humorista e director de cine Ricardo K-Hito (pseudónimo de Ricardo García López), fundan a Sociedad Española de Dibujos Animados, máis coñecida polas súas iniciais como SEDA, que contaba con seis debuxantes. Era un estudo dedicado exclusivamente a facer animación acompañada de humor e fantasía, chegou a producir varias películas, entre elas "La vampiresa morros de fresa" e "En los corredores del congreso". Esta última baseábase nunha colección satírica e humorística centrada na contorna política daquela, con Manuel Azaña, Romanones ou Lerroux entre outros.

En 1933, uns meses antes de morrer, fíxose a que sería a última película de Joaquín Xaudaró, "Un drama en la costa", protagonizada polos personaxes que empregaba o debuxante, como o seu típico cachorro.[6]

Catro anos despois da posta en marcha de SEDA, tres após o pasamento de Xauradó, estalou a guerra civil española, e desfíxose a sociedade que fora un fito para a industria da animación española.

Valoración e legado[editar | editar a fonte]

Xaudaró morreu en Madrid o 1 de abril de 1933, a raíz dunha bronquite mal curada, e un día máis tarde foi enterrado no cemiterio da Almudena.[1][7]

Publicáronse varias coleccións de ilustracións, en vida como Los Sports y Xaudaró: Tomos de Chistes (c. 1932), unha colección do seu traballo que fora publicado en Branco e Negro a finais do século XIX, e antoloxías póstumas.

Xaudaró tamén fixo traballo escenográfico para unha produción de Madama Butterfly [8] e os seus deseños para o vestiario foron expostos nunha exposición no Museo Thyssen-Bornemisza en 2017.

Na primavera de 2018 o Museo ABC publicou unha grande retrospecitva dividida en tres partes: primeira etapa, anos de París e éxito en Madrid.

En palabras de José María Candel Crespo no seu libro Historia del dibujo animado español, trátase dun observador da vida cotiá con forma irónica e unha crítica mordaz.[1] Alén de ser considerado o iniciador na Península do debuxo animado, coa historieta Un viaje al Planeta Júpiter foi tamén pioneiro da banda deseñada de ciencia ficción en España.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Candel Crespo, José María (1993). Historia del dibujo animado español. Ediciones Tres Fronteras. p. 22. ISBN 978-0-7864-3365-0. 
  2. "Xaudaró: retrato humorístico de las clases sociales". Descubrir el Arte, la revista líder de arte en español (en castelán). 2018-04-15. Consultado o 2022-02-28. 
  3. "Ha muerto Joaquín Xaudaró". ABC. 2 de abril de 1933. p. 17. Consultado o 29 de junio de 2011. 
  4. "Xaudaró, mucho más que el dibujante del perrito". abc (en castelán). 2015-12-03. Consultado o 2022-02-28. 
  5. Iznogud (2008-09-07). "El Maravilloso Mundo de los Tebeos: ¿Fue The Spirit el primer habitante del 13 Rué del Percebe?". El Maravilloso Mundo de los Tebeos. Consultado o 2023-03-26. 
  6. "UN RECORRIDO POR LA HISTORIA DE LAS SERIES DE ANIMACIÓN EN ESPAÑA". Mundo Animación TV (en castelán). 2019-09-01. Consultado o 2022-02-28. 
  7. "Necrología de Joaquín Xaudaró". ABC. 2 de abril de 1933. p. 56. Consultado o 29 de junio de 2011. 
  8. "Exposición - Madame Butterfly and the Appeal of Japan. Madrid, 1868-1915". Museo Nacional Thyssen-Bornemisza (en inglés). Consultado o 2022-02-28. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]