Carme Hermida

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «María do Carme Hermida Gulías»)
Infotaula de personaCarme Hermida

Carme Hermida en 2016.
Biografía
Nacemento13 de novembro de 1961 Editar o valor em Wikidata (62 anos)
A Portela de Lamas, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfilóloga , tradutora , escritora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeFrancisco Fernández Rei Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 1750039


María do Carme Hermida Gulías, nada na Portela de Lamas (Pardesoa, Forcarei) o 13 de novembro de 1961, é unha filóloga, escritora e política galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Aos nove anos marchou coa familia a Euskadi. Volveu para estudar Filoloxía Galega na Universidade de Santiago de Compostela, onde doutorou coa tese O rexurdir da conciencia idiomática en Galicia (1840-1891) (1991). Dende 1995 é profesora titular de Lingua Galega na USC. Foi bolseira do Instituto da Lingua Galega (1983), onde colaborou no Atlas Lingüístico Galego, Glosario de voces galegas de hoxe e no Diccionario de verbos galegos conxugados. Participación na elaboración de libros de texto para o ensino e o coñecemento da lingua galega, colaborou no Diccionario normativo galego-castelán (1988), no Diccionario castelán-galego de frases, usos e sinónimos (1990), no Gran diccionario Xerais da lingua (2000) e no Diccionario Xerais da lingua (2002). Tamén colaborou no espazo Faíscas da lingua (1986) da TVG, coordinou a sección "Mellore o seu galego" de O Correo Galego e dirixiu a colección de literatura infantil e xuvenil de Sotelo Blanco. É membro da Fundación Premios da Crítica Galicia, da Fundación Sotelo Blanco e foi membro fundadora do colectivo cultural Redes Escarlata, do que foi presidenta, tamén fundou e coordina a asociación de Mulleres Galegas na Comunicación (Mugacom). Foi concelleira de cultura en Teo.

Obras[editar | editar a fonte]

Gramática práctica (morfosintaxe). 2004.
  • Os precursores da normalización. Defensa e reivindicación da lingua galega no Rexurdimento (1840-1891), Xerais, Vigo, 1992.
  • A reivindicación da lingua galega no Rexurdimento (1840-1891) Escolma de textos, Consello da Cultura Galega, Santiago de Compostela, 1992.
  • Rosalía de Castro na prensa barcelonesa (1863-1899), Edicións do Patronato, 1993.
  • Ortografía práctica, Sotelo Blanco Edicións, Santiago de Compostela, 2001.
  • Polo mar abaixo vai: cantigas populares sobre o mar, Edicións Positivas, Santiago de Compostela, 2003.
  • Gramática práctica (Morfosintaxe), Sotelo Blanco Edicións, Santiago de Compostela, 2004.

Como editora[editar | editar a fonte]

  • A nosa fala: bloques e áreas lingüísticas do galego, con Francisco Fernández Rei, Consello da Cultura Galega, Arquivo Sonoro de Galicia, Santiago de Compostela, 1996, (2ª ed. 2003).
  • A gaita gallega, de Xoán Manuel Pintos, Xerais, Vigo, 2003.
  • O Diccionario del dialecto gallego de Luís Aguirre del Río, CSIC de Madrid xunto co IEGPS, 2007, ISBN 978-84-00-08609-1.[1]

Traducións[editar | editar a fonte]

  • A vida das mulleres na Galicia medieval (1100-1500), de María del Carmen Pallares Méndez, Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, Universidade de Santiago de Compostela, Biblioteca de Divulgación, Serie Galicia, N.° 12, 1993.
  • A cláusula de conciencia e o segredo profesional dos xornalistas, de Marc Carrillo, 1994
  • Querouak, de Ricardo Alcántara, 1988.
  • Os narices do rei, de Jaume Cela, 1988.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Gran dicionario Xerais da Lingua, 2009, Xerais.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]