Saltar ao contido

María Ignacia Ramos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMaría Ignacia Ramos

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento20 de setembro de 1910 Editar o valor en Wikidata
O Cádavo, España Editar o valor en Wikidata
Morte26 de abril de 2001 Editar o valor en Wikidata (90 anos)
Lugo, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestra Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeRicardo Carballo Calero Editar o valor en Wikidata
FillosMaría Victoria Carballo-Calero Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario de Mulleres Galegas
Diccionario de escritores en lingua galega Editar o valor en Wikidata

María Ignacia Ramos Díez, nada no Cádavo (Baleira) o 20 de setembro de 1910 e finada en Lugo o 26 de abril de 2001,[1][2] foi unha mestra e escritora galega, de escasa produción, que publicou baixo os pseudónimos Silgar e María Silgar.[3][4] Foi nai da historiadora da arte María Victoria Carballo-Calero.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foi a segunda filla de José Ramos Rego e de Pilar Díez Cortón. Licenciouse na Universidade de Santiago de Compostela en Filosofía e Letras, na rama de Historia.[4] O 9 de outubro de 1933 casou con Ricardo Carballo Calero na igrexa parroquial de Santiago (outrora templo do convento de relixiosas dominicas de Santa María a Nova).[5] Tiveron dúas fillas, Margarita (1936) e María Victoria (1942).[4] Colaboradora na sombra en todos os traballos do seu home, foi tamén unha grande influencia na súa obra literaria, achegándoo á vida da sociedade rural galega.[4][6]

Durante a guerra civil e a posguerra, no que Carballo estivo preso en Xaén, ela mantivo a familia traballando en academias en Ferrol.[7] Posteriormente exerceu a docencia en Lugo e Santiago de Compostela.[7] Escribiu en Vida Gallega (1957) e na revista Grial como "Silgar” e “María Silgar”.[7]

Trala morte do seu home, dedicouse a manter viva a súa memoria e doou a súa biblioteca ao Parlamento de Galicia.[7]

  • "El viejo Sangenjo". Vida Gallega (1957).[8]
  • Historias da miña terra: "O compadre"; "Unha merenda"; "O rato"; "A nena laída"; "A nena que non tiña boneca". Grial número 36 (1972), pp. 222-235.[9]
  • Historia da miña terra: "O Herdeiro da degolada". Grial número 42 (1973), pp. 458-462.[10]
  • Abuelas en la modista. Juguete cómico, obra de teatro representada no Colexio Fingoi.[8][7][cando?][11]
  1. La Voz de Galicia, 27-4-2001, p. 25.
  2. "Elas ensinan" (PDF). pontedeume.gal. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de outubro de 2021. Consultado o 15 de outubro de 2021. 
  3. "Pseudónimo". ogalego.eu. Consultado o 15 de outubro de 2021. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 "Vida de Ricardo Carvalho Calero". carvalho2020.gal. Consultado o 15 de outubro de 2021. 
  5. Figueroa; Figueroa; Reimunde e Penabade. Roteiro polos espazos vitais de Ricardo Carvalho Calero en Lugo Xunta de Galicia.
  6. "Preséntase en Lugo "Á sombra de María Silgar. Carvalho Calero contra a historia única"". Edicións Embora. 2019-06-09. Consultado o 2024-01-02. 
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 "Ferrol en feminino (Mulleres na historia da cidade)" (PDF). Concello de Ferrol (Concellaría de Igualdade). 2008: 28–29. ISBN 978-84-9812-099-8. 
  8. 8,0 8,1 Marco 2007, p. 366.
  9. Grial número 36 (abril-maio-xunio 1972) Arquivado 19 de outubro de 2021 en Wayback Machine. Editorial Galaxia.
  10. Grial número 42 (outubro-novembro-decembro 1973) Arquivado 22 de outubro de 2021 en Wayback Machine. Editorial Galaxia.
  11. "Estudo". Farsa das zocas (PDF). Carlos Caetano Biscaínho (estudo preliminar). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. 2020. p. 58. ISBN 978-84-17802-14-1. OCLC 1255395318. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]