Tipo de dato lóxico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

O tipo de dato lóxico ou booleano é en computación aquel que pode representar valores de lóxica binaria, isto é dous valores, valores que normalmente representan falso ou verdadeiro. Utilízase normalmente na programación, estatística, electrónica, matemáticas (Álxebra booleana) etc.

Para xerar un dato ou valor lóxico a partir doutros tipos de datos, tipicamente empréganse os operadores relacionais (ou operadores de relación), por exemplo: 0 é igual a falso e 1 é igual a verdadeiro

  • (3>2)= 1 = verdadeiro
  • (7>9)= 0 = falso

Unha vez temos un ou varios datos de tipo booleano, estes pódense combinar en expresións lóxicas mediante os operadores lóxicos (E, OU, NON, …). Uns exemplos deste tipo de expresións serían:

  • verdadeiro E falsofalso
  • falso OU verdadeiroverdadeiro
  • NON verdadeirofalso

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]