Saltar ao contido

D (linguaxe de programación)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Linguaxe de programación D»)
houbo diversas linguaxes de programación chamadas D. O que se presenta neste artigo é o desenvolvido por Walter Bright.
D
Logotipo
Características
 Versións
2.112.0 versión estábel (7 de xaneiro de 2026)
2.105.3 versión estábel (1 de novembro de 2023)
2.106.0 versión estábel (1 de decembro de 2023)
2.105.2 versión estábel (15 de setembro de 2023)
2.105.0 versión estábel (1 de agosto de 2023)
2.105.1 versión estábel (1 de setembro de 2023)
2.104.2 versión estábel (15 de xullo de 2023)
2.106.1 versión estábel (1 de xaneiro de 2024)
2.107.1 versión estábel (1 de marzo de 2024)
2.109.1 versión estábel (1 de xullo de 2024)
2.107.0 versión estábel (1 de febreiro de 2024)
2.109.0 versión estábel (1 de xuño de 2024)
2.108.0 versión estábel (1 de abril de 2024)
2.108.1 versión estábel (1 de maio de 2024)
2.110.0 versión estábel (7 de marzo de 2025)
2.104.1 versión estábel (1 de xullo de 2023)
2.102.1 versión estábel (15 de febreiro de 2023)
2.096.0 versión estábel (11 de marzo de 2021)
2.097.0 versión estábel (3 de xuño de 2021)
2.095.1 versión estábel (17 de febreiro de 2021)
2.094.2 versión estábel (20 de novembro de 2020)
2.095.0 versión estábel (1 de xaneiro de 2021)
2.104.0 versión estábel (1 de xuño de 2023)
2.098.0 versión estábel (10 de outubro de 2021)
2.099.1 versión estábel (7 de abril de 2022)
2.101.1 versión estábel (15 de decembro de 2022)
2.098.1 versión estábel (19 de decembro de 2021)
2.100.2 versión estábel (10 de setembro de 2022)
2.100.0 versión estábel (10 de maio de 2022)
2.100.1 versión estábel (15 de xullo de 2022)
2.111.0 versión estábel (1 de abril de 2025) Editar o valor en Wikidata
 Extensión de ficheiro
d
di
dd
def Editar o valor en Wikidata
 Sistema de tipos
Implicados
 Deseñador/a
 Desenvolvedor/a
 Mascota
D-Man (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datas
 Fundación / creación
8 de decembro de 2001 Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/01kbt7 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons

D é unha linguaxe de programación de uso xeral desenvolvido por Walter Bright cuxa primeira versión apareceu en 1995, resultado de décadas de investigación e experiencia de programadores expertos en moitas linguaxes.

É dun nivel máis alto que C++, pero conserva a capacidade de escribir código de alto rendemento e de interconectar directamente con el os APIs dun sistema operativo ou o hardware. Ademais compórtase ben con programas de grande escala cun millón de liñas, que desenvolven equipos de programadores.

D é fácil de aprender, proporciona moitas funcións para axudar a/o programador/a, e cumpre ben coa tecnoloxía agresiva de optimización do recopilador. É unha linguaxe compilada, non interpretada. É unha linguaxe práctica para programadores que necesitan conseguir un traballo finalizado rapidamente, cun código fácil de entender.

C++ é a linguaxe á que D aspira a substituír. É unha linguaxe evolucionaria, non revolucionaria e nun principio pode parecer que non achega demasiado sobre C++, Pero non son as características xerais senón os seus detalles os que marcan a diferenza. En primeiro lugar D conserva todas as características de expresividade de C++ (cousa que nin C# nin moito menos Java conseguen no seu afán por facerse linguaxes máis accesibles), pero cunha sintaxe e unhas construcións moito máis sinxelas e lóxicas. Ademais, outro dos puntos fortes de C++, o seu rendemento, tamén se ve reflectido en D (nalgunhas ocasións ata superado).

Doutra banda D conta con moitas outras melloras e ata características das que C++ non dispón, as cales se enumeran a continuación. Ao contrario do que pasa con Java ou C#, estas características non supoñen unha perda apreciable de rendemento para D en comparación con C++:

  • Xestión automática de memoria (recolección de lixo)
  • Delegados, funcións aniñadas e funcións literais
  • Sobrecarga de operadores e propiedades sen sobrecargar a/o programador/a
  • Estruturación: Módulos e paquetes
  • Propiedades
  • Programación xenérica moi mellorada
  • Programación por contratos
  • Mantenibilidade e fiabilidade
  • Compilación condicional sen sucios preprocesadores
  • Compatibilidade con C sen cargar con C
  • Arrays asociativos

Vantaxes e inconvenientes

[editar | editar a fonte]
  • Linguaxe máis intuitiva e fácil de aprender que C, C++ ou Java, con gran cantidade de melloras respecto destas.
  • Compatibilidade cos binarios de C (non C++).
  • Linguaxe compilada (non se executa nunha máquina virtual, como Java).
  • Garbage collector ou colector de lixo (sistema que libera a memoria dinámica cando xa non se necesita, como Java, pero con posibilidade de desactivalo se se desexa maior control).
  • Elimina parte da complexidade de sintaxe de C++.

Inconvenientes

[editar | editar a fonte]
  • A única documentación é a especificación oficial.