SQL

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
SQL
Paradigma:Multiparadigma, declarativa
Data:1974
Deseñador:Donald D. Chamberlin
Raymond F. Boyce
Desenvolvedor:International Organization for Standardization (ISO)/International Electrotechnical Commission (IEC)
Tipo de dato:dinámica
Dialectos:
  • SQL-86
  • SQL-89
  • SQL-92
  • SQL:1999
  • SQL:2003
  • SQL:2006
  • SQL:2008
  • SQL:2011
  • SQL:2016
Sistema operativo:Multiplataforma (GNU/Linux, Mac OS X, Windows e outros)

SQL (en inglés "sequel" e que é un acrónimo de Structured Query Language, linguaxe de consulta estructurada)[1][2] é unha linguaxe específica de dominio para xerar, manipular e obter datos de bases de datos relacionadas.[3] Permite a xestión de datos ben en sistemas de bases de datos con relacións (RDBMS) ou en sistemas con fluxo de datos relacionados (RDSMS). SQL permite acceder a rexistros de datos cunha única orde e sen ter que buscar onde están os datos teñen ou non teñan un rexistro.

Ao comezo fundamentouse na álxebra relacional e no cálculo de relacións por tuplas ou ringleiras e agora fundamentase nunha serie de ordes, ou clases que son sub-linguaxes, que permiten procura de datos, a linguaxe de definición de datos, a linguaxe de control de datos e a linguaxe de manipulación de datos. SQL pretende facer buscas de datos, manipulalos (introducíndoos, actualizándoos ou borrándoos), definindo os datos (o marco de creación e modificación) e o control de acceso a datos. Inda que SQL polo xeral se considera, en boa parte, unha linguaxe declarativa (4GL), tamén inclúe elementos procesais.

SQL foi una das primeiras linguaxes comerciais que empregou o modelo de relacións que describiu Edgar F. Codd no seu artigo de 1970 "Un modelo de relacións de datos para bancos de datos con alta cantidade de datos compartidos".[4] Ainda que non incluíu todos as regras de relacións do modelo descrito de Codd, SQL converteuse na linguaxe das bases de datos máis empregada.[1][5]

SQL converteuse nu estándar do Instituto Nacional Americano de Estándares (ANSI) en 1986 e da Organización internacional de estándares (ISO) en 1987.[6] Malia a existencia destes estándares a meirande parte do código SQL non pode migrarse entre diferentes sistemas de bases de datos sen facer algúns axustes.

Exemplos[editar | editar a fonte]

En SQL para obter da base de datos táboa dúas variables, campo_un e campo_dous, na que os valores da variable campo_un sexan iguais a valor, defínese:

SELECT campo_un, campo_dous
FROM taboa
WHERE campo_un = 'valor';

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 IBM Knowledge Center. "SQL Guide". Publib.boulder.ibm.com. Consultado o 03/01/2018. 
  2. "Structured Query Language (SQL)". Msdn.microsoft.com. Consultado o 03/01/2018. 
  3. Alan Beaulieu. O'Reilly Media, Inc. data = 27 de abril de 2009, eds. Learning SQL edición = 2nd. p. 336. ISBN 978-0-596-52083-0. 
  4. Codd, Edgar F (June 1970). "A Relational Model of Data for Large Shared Data Banks". Communications of the ACM (Association for Computing Machinery) 13 (6): 377–87. doi:10.1145/362384.362685. Consultado o 03/01/2018. 
  5. Chapple, Mike. "SQL Fundamentals". Databases. About.com. Consultado o 03/01/2018. 
  6. "ISO/IEC 9075-1:2016: Information technology – Database languages – SQL – Part 1: Framework (SQL/Framework)". Consultado o 03/01/2018. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre informática é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.