Mandriva Linux
Mandriva Linux | |
---|---|
![]() | |
Tipo | distribución de GNU/Linux ![]() |
Obra derivada | Mageia, ROSA Linux, ALT Linux (pt) ![]() ![]() ![]() |
Parte da serie | Linux ![]() |
Licenza | Licenza Pública Xeral de GNU ![]() |
Versións
| |
Produción | |
Formato de distribución | Compact Disc Read Only Memory ![]() |
Características | |
Plataforma | Intel P6 (en) ![]() ![]() |
Biblioteca de IU | KDE ![]() |
Datas | |
Creación | 23 de xullo de 1998 ![]() |
Persoas e organizacións | |
Desenvolvedor | Mandriva ![]() |
Contacto | |
Páxina WEB | web.archive.org… ![]() |
[ Wikidata ] |
Mandriva Linux, antes chamada Mandrake Linux, é unha das principais distribucións Linux da actualidade e é creada por Mandriva, antiga Mandrakesoft. Está enfocada a usuarios da informática principiantes ou con coñecementos medios.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Nacida a partir de Red Hat Linux 5.1 engadiu o escritorio KDE e comezou o seu propio camiño incluíndo ferramentas propias e modificadas dirixidas á facilitar a modificación do sistema; máis logo refúndase coma Mandriva Linux no ano 1998 o se fusionar esta, Mandrake Linux, coa brasileira Conectiva Linux.
A empresa francesa Mandriva adícase á distribución e soporte do sistema operativo Mandriva Linux e ten a súa sede administrativa nun centro de desenvolvemento de París e un centro de desenvolvemento de Curitiba no Brasil. O laboratorio brasileiro recibe o nome de Mandriva Conectiva. Ademais destes dous centros, Mandriva conta cun terceiro nos EEUU, en San Diego. Ademais da propia corporación, Mandriva conta cunha boa cantidade de voluntarios de todo o mundo que contribúen desenvolvendo, informando de erros, prestando axuda ou traducindo. No ano 2005 Mandriva adquiriu activos de Lycoris, responsable da distribución homónima dos EEUU.
Mandriva Linux é software libre distribuído baixo a licenza GPL. Pode ser instalada ou probada dende un Live CD e ofrece os escritorios KDE, GNOME, LXDE e Xfce.
Galería
[editar | editar a fonte]-
Mandriva 2008.1 con GNOME