GNU General Public License

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A GNU General Public License ("Licenza pública xeral de GNU" en galego) é unha licenza que creou Richard Stallman para o proxecto GNU, e cuxos dereitos de autoría posúe a día de hoxe a Free Software Foundation. A licenza está orientada principalmente ós termos de distribución, modificación e uso do software. O seu propósito é declarar que o software cuberto por esta licenza é software Libre, e que se pode empregar e modificar baixo os termos que se indican na mesma.

Existen varias licenzas "irmás" da GPL, como a GNU Free Documentation License que cobre os artigos da Wikipedia, a Open Audio License, para obras musicais... e outras menos estritas, como a GNU Lesser General Public License, que permite o enlace dinámico do código libre a aplicacións propietarias. Este último tipo de licenza fai posible proxectos como OpenOffice.org, de Sun Microsystems.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Galifontes
A Galifontes posúe escritos orixinais acerca de: GNU GPL versión 1 en normativa AGAL

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]