Chalet (satélites artificiais)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Mercury")
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Chalet, coñecidos tamén baixo a denominación AFP-366, foi unha serie de satélites artificiais adicados á espionaxe electrónica pertencente á Oficina Nacional de Recoñecemento dos Estados Unidos. Foron os sucesores da serie de satélites Canyon, cuxa numeración continuaron, e tamén pertencían ao Programa 7500. Estaban adicados á interceptación de comunicacións pero tamén eran capaces de recoller telemetría de mísiles. Eran lanzados a órbitas case xeoestacionaria, dunhas 24 horas de duración pero diferentes apoxeo e perixeo para mellorar a triangulación de sinais.

Usaban antenas de ata 38 m de diámetro e estaban estabilizados nos tres eixos. Lanzáronse un total de seis satélites Chalet mediante foguetes Titan, cinco deles chegando a órbita sen problemas e un perdido durante o lanzamento.

O nome do satélites cambiou de Chalet a Vortex cando o primeiro foi desvelado polo New York Times en 1979. Algo semellante ocorreu en 1987, cando pasaron a coñecerse como Mercury.

Historial de lanzamentos[editar | editar a fonte]

Satélite Data Sitio de lanzamento Foguete Resultado Notas
Chalet 8 (Vortex 8) 10 de xuño de 1978 Cabo Cañaveral, rampla de lanzamento 40 Titan IIIC Éxito Primeiro lanzamento dun Chalet.
Vortex 9 (Chalet 9) 1 de outubro de 1979 Cabo Cañaveral, rampla de lanzamento 40 Titan IIIC Éxito
Vortex 10 (Mercury 10, Chalet 10) 31 de outubro de 1981 Cabo Cañaveral, rampla de lanzamento 40 Titan IIIC Éxito
Vortex 11 (Mercury 11, Chalet 11) 31 de xaneiro de 1984 Cabo Cañaveral, rampla de lanzamento 40 Titan 34D Éxito
Mercury 12 (Vortex 12, Chalet 12) 2 de setembro de 1988 Cabo Cañaveral, rampla de lanzamento 40 Titan 34D Fallo Fallo da última etapa.
Mercury 13 (Vortex 13, Chalet 13) 10 de maio de 1989 Cabo Cañaveral, rampla de lanzamento 40 Titan 34D Éxito Último lanzamento dun Chalet.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]