Linguaxe ensambladora
| Linguaxe ensambladora | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||||||
|
Subclase de
| |||||||||
|
Obra derivada
| |||||||||
| Características | |||||||||
|
Paradigma de programación
| |||||||||
|
Extensión de ficheiro
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||
A linguaxe ensambladora (en inglés assembler ou assembly language) é a linguaxe de programación que comparte as instrucións co código máquina, aínda que o ensamblador esta en formato lexible para o ser humano, mentres que o código máquina é unha secuencia de bytes. Hai, en certa medida, unha relación biunívoca (1 a 1) entre un código máquina, específico dunha arquitectura de computador, e o ensamblador asociado a el. O compilador, que converte o ensamblador en código máquina, fai certos engadidos que implican que esa relación non sexa exactamente biunívoca mais preto de selo.
Cada arquitectura de computador ten o seu código máquina propio e, polo tanto, a súa linguaxe ensambladora específica. Cada linguaxe ensamblador ten un número e tipo de operacións específico. Tamén pode ter diferentes tamaños de memoria e número de rexistros.