MP3

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Reprodutor MP3 portátil en forma de bolígrafo.

MP3 é un dos formatos de compresión de son dixital con perda de calidade máis estendidos e comercializados actualmente. Permite obter unha alta calidade á vez que aforra moito espazo. Os ficheiros mp3, dependendo da relación (ratio) de compresión, ocupan arredor dunha décima parte do que ocupa o mesmo ficheiro pero en formato .wav ou .aiff. O procedemento de compresión é diferente ó procedemento de conversión de sinais analóxicas a dixitais que rixe o estándar PCM, e a parte de aspectos físicos relacionados co son dixital interveñen tamén fenómenos psicoacústicos. Hoxe en día presenta varias alternativas de código aberto como poden ser o formato .ogg ou o formato .mpc.



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre informática é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.