Lingua caria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Cario
Falado en: Anatolia
Rexións: Suroeste da península
Total de falantes: século -VII até -III
Familia: Indoeuropea
 Linguas anatólicas
  Luvita
   Cario
Escrita: alfabeto cario
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: xcr

O cario é unha lingua indoeuropea, da rama luvita, pertencente ao extinto grupo anatolio, falada na rexión de Caria, no sur de Anatolia (a actual Turquía)[1]. Cara ao século -II ou un pouco máis tarde esta lingua sería substituída na zona polo grego.

Aspectos históricos, sociais e culturais[editar | editar a fonte]

Historia da lingua[editar | editar a fonte]

Localización de Caria.

A rexión de Caria estaba situada entre Licia e Lidia. O cario parece ser a lingua autóctona de Caria (gr. Καρία Karía) e o cario debeuse falar nela durante o durante o I milenio a. C. (os textos documentados abarcan catro séculos, do -IV ao -II), é posíbel que aínda algún tempo despois se seguise falando na rexión.

Uso e distribución[editar | editar a fonte]

Existen unha ducia de inscricións en alfabeto epicórico a maior parte curtas ou fragmentarias atopadas en Caria ou en obxectos procedentes desa rexión. A maior parte están datadas entre o século -IV e o -III. Existe ademais unha inscrición bilingüe en cario e grego procedente de Atenas, datada no século -VI. Con todo o maior número de textos en cario proceden de epitafios e grafitti deixados por mercenarios carios en Exipto, datados entre o século -VII e -V. O descubrimento dunha longa inscrición bilingüe en 1996 no sitio de Kaunos revolucionou o coñecemento que se tiña da lingua.

Descrición lingüística[editar | editar a fonte]

Clasificación[editar | editar a fonte]

O cario é claramente unha lingua indoeuropea do grupo anatolio, e con características do subgrupo occidental (luvita-licio-cario), polo que o antigo luvita podería ser o seu antecesor.

O alfabeto cario[editar | editar a fonte]

O cario usaba un alfabeto propio, con algunhas semellanzas co grego. Como moitas escrituras antigas, escribíase indiferentemente de dereita a esquerda ou de esquerda a dereita, sen separación de palabras como norma. O desciframento, despois dos traballos de Ray (1981), Adiego e Schürr está case completado[2][3].

Signo[4] Transcrición Pronunciación (API)
𐊠 a
𐊢 d ð
𐊣 l
𐊤 ù
𐊥 r
𐊦 λ
𐊨 q
𐊩 b β
𐊪 m
𐊫 o
𐊭 t
𐊮 š ʃ
𐊰 s s
𐊲 u
𐊴 x
𐊵 n
𐊷 p
𐊸 ś θ
𐊹 i
𐊺 e
𐊻 w
𐊼 k
𐊿 ú
𐋅 í
𐋇 τ
𐋈 w

Fonoloxía[editar | editar a fonte]

Os intentos de descifrar a escritura do cario empezaron no século XIX, pero eses intentos estiveron infestados de numerosos erros e descoidos. Finalmente V. Shevoroshkin (1965) demostrou que se trataba dunha escritura alfabética, aínda que os valores fonéticos atribuídos seguían tendo importantes erros, Ray (1981) usando a evidencia das tumbas bilingües en cario e exipcio corrixiu erros e un traballo posterior de I.-J. Adiego e D. Schürr completaron o correcto descifrado.

Existen moitas incertezas referentes á interpretación fonética dalgúns signos do alfabeto cario, non hai seguridade de ata que punto algúns signos representan fonemas diferentes por iso preséntanse entre parénteses. A maior parte dos valores fonéticos establecéronse comparando inscricións bilingües en grego ou exipcio demótico. O seguinte inventario consonántico é o proposto por H. G. Melchert para o cario:

Bilabial Dental Alveolar Palatal Gutural Glotal
Oclusiva p
p
t
t
k
k, q
Africada     ʦ (?)
τ*
   
Fricativas β (?)
b
ð (?)
d
     
  θ (?)
ś
s (?)
s
ʃ (?)
š
  h (?)
x
Nasais m
m
n
n
     
Aproximantes w
u
r, l, lː(?)
l, r, λ
j
i
   

Gramática[editar | editar a fonte]

A terminación de acusativo animado singular é -n (<pIE -m), a marca de nominativo é o morfo cero, mentres que é algún tipo de terminación adxectiva usada para marcar posesión.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Adiego, I.J. 2006 The Carian Language. Leiden: Brill.
  2. Ray (1981)
  3. « ...the question of the Carian alphabet may be viewed as decided ». Melchert (2004), p. 610
  4. Segundo alanwood.net, para ler este alfabeto pode ser preciso a instalación dunha fonte especial Aegean

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]