Lingua lidia
Lidio | ||
---|---|---|
Falado en: | Anatolia | |
Rexións: | Suroeste da península | |
Total de falantes: | c. -700 até -200 | |
Familia: | Indoeuropea Linguas anatólicas Lidio | |
Escrita: | alfabeto lidio | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | xld
| |
Mapa | ||
Status | ||
O lidio foi unha lingua indoeuropea[1] do grupo anatolio falada en Lidia, antigo reino de Anatolia occidental. Utilizaba un alfabeto específico considerado de base grega[2]. O seu estudo é complicado, xa que só se atopou unha escasa serie de 64 inscricións (unhas poucas en verso) e grafitis datados entre os séculos -VI e -IV, a maioría nunha necrópole próxima a Sardes, ademais de lendas en diversas moedas[3][4]. A pesar de todo, o idioma puido ser traducido en gran parte. Utilizado entre os séculos -VIII e -II, Estrabón escribiu que no s. -I xa apenas quedaban trazas residuais da súa existencia[5]. Consérvanse unha serie de textos bilingües da Antigüidade que axudaron en gran medida a descifralo.
Escritura
[editar | editar a fonte]Os lidios escribían cun sistema de escritura alfabético derivado do alfabeto grego, aínda que os símbolos gregos non significaban os mesmos sons que os lidios[6]. A maioría dos textos lidios conservados están escritos de dereita a esquerda, mentres que outros o están á inversa, polo que ambos os métodos deberon de ser válidos. Os textos posteriores mostran exclusivamente este último. O uso de palabras-divisores é variábel. Os máis de 100 textos de Lidia atópanse principalmente na antiga capital de Sardis. Inclúen decretos e epitafios, algúns das cales foron compostos en verso; a maioría foron escritos durante os séculos -V e -IV, aínda que algúns puideron ser creados xa no século -VII[7].
Descrición lingüística
[editar | editar a fonte]Fonoloxía
[editar | editar a fonte]O lidio valíase de 7 vogais que poden ser nasais (ã, ẽ) ou non nasalizadas (a, e, i, o, u) e de 13 consoantes, incluíndo consoantes palatalizadas
Gramática
[editar | editar a fonte]Había dous xéneros: común e neutro, e dous números: singular e plural. Todos os nomes comúns terminaban en s l 's, o cal é moi probabelmente herdanza hitita, do mesmo xeito que o acusativo común n / v. Sábese a existencia dos pronomes amu (eu), emi (meu), bi (el) e bili (seu), aínda que habería máis.
Morfoloxía
[editar | editar a fonte]Substantivos e adxectivos distinguen formas singulares e plurais e ocorren en dous xéneros, animado e inanimado. Só tres casos están ben testemuñados: nominativo, acusativo e dativo-locativo. Poida que haxa outros casos que permanecen descoñecidos debido á escaseza de material.
Sintaxe
[editar | editar a fonte]A orde das palabras básica é suxeito obxecto verbo, pero os constituíntes poden estar extrapostos á dereita do verbo. O lidio tiña polo menos unha posposición. Os modificadores do substantivo normalmente preceden ao substantivo.
Texto de mostra
[editar | editar a fonte]Unha inscrición en lidio e arameo, que estivo entre as primeiras das atopadas por investigadores estadounidenses a comezos do século XX, proporcionou un equivalente limitado da Pedra de Rosetta e permitiu unha primeira penetración do idioma. A primeira liña foi destruída, os oito restantes son:
- [o]raλ islλ bakillλ est mrud eśśk [wãnaś]
- laqrisak qelak kudkit ist esλ wãn[aλ]
- bλtarwod akad manelid kumlilid silukalid akit n[ãqis]
- esλ mruλ buk esλ wãnaλ buk esνaν
- laqirisaν bukit kud ist esλ wãnaλ bλtarwo[d]
- aktin nãqis qelλk fẽnsλifid fakmλ artimuś
- ibśimsis artimuk kulumsis aaraλ biraλk
- kλidaλ kofuλk qiraλ qelλk bilλ wcbaqẽnt
Exemplos de palabras
[editar | editar a fonte]- qira - terra, chan, bens inmobles
Palabras lidias aínda en uso
[editar | editar a fonte]Unha palabra lidia que entrou na terminoloxía internacional moderna podería ser labrys, "dobre-machada'", unha palabra non grega non testemuñada aínda en inscrición lidia ningunha pero no tema de que Plutarco declara: «Os lidios chaman á machada labrys». Outro préstamo lidio agora usado internacionalmente podería ser tirano "gobernante mesquiño" , primeiro utilizado en fontes da Antiga Grecia, sen connotacións negativas, a finais do século -VIII / -VII. O rei Xixes de Lidia, fundador da dinastía mermnada. O nome derívase posibelmente da súa cidade natal, chamada Tyrrha na antigüidade clásica (actual Tire, Turquía)[8][9].
Tamén outro é o elemento molibdeno, tomado do grego antigo mólybdos, "chumbo", do grego micénico mo-ri-wo-do, presumibelmente un préstamo lingüístico do lido mariwda- "escuro"[10].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Meriggi, Piero; Der indogermanische Character des Lydischen. Hirt Festschrift II, pp 285-290 (1936).
- ↑ Rodríguez Adrados, Francisco; Historia de la lengua griega p. 72.
- ↑ Lenguas Anatolias. Idioma lidio (Último acceso: 19-setembro-2008).
- ↑ Ricardo Accurso: Los lidios, cultura y lengua Arquivado 14 de abril de 2018 en Wayback Machine. (Última consulta: 9-agosto-2010).
- ↑ Burak Sansal - All about Turquey; en inglés (Último acceso: 20-setembro-2008.
- ↑ Everson, Michael; Proposal to encode the Lycian and Lydian scripts in the SMP of the UCS (2006). Versión .pdf Arquivado 09 de febreiro de 2012 en Wayback Machine..
- ↑ http://www.britannica.com/EBchecked/topic/22939/Anatolian-languages/74580/Lydian
- ↑ Plutarch - Frank Cole Babbitt. Moralia ISBN 978-1-4179-0500-3, Volume 4, p. 235. Kessinger Publishing.
- ↑ Will Durant - Ariel Durant ISBN 978-1-56731-013-9. The story of civilization, Volume 2, pp. 122. Simon and Schuster.
- ↑ Melchert, Craig. "Greek mólybdos as a Loanword from Lydian" (PDF). University of North Carolina at Chapel Hill. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de outubro de 2008. Consultado o 13 de abril de 2018.