Nippon Professional Baseball
Nome oficial | 一般社団法人日本野球機構 |
---|---|
Tipo | liga de béisbol |
Número de participantes | 12 |
Localización e Datas | |
Localización | Shiba (en) (Minato) Uchisaiwaichō (en) (Chiyoda) |
País | Xapón |
Vixencia | 1950 – 1950 – |
Outro | |
Cobertura dos medios de comunicación | Q11336298 |
Páxina web oficial | npb.jp |
A Nippon Professional Baseball ou NPB (do inglés: Béisbol Profesional Xaponés, en xaponés: 日本野球機構, Nippon Yakyū Kikō), é o campionato de liga de béisbol profesional do Xapón. Chamada de forma coloquial no Xapón Puro Yakyū, é a máxima categoría do béisbol nipón. Xogadores, analistas e diferentes traballadores da Major League Baseball (MLB) consideran a esta competición como "AAAA", é dicir, menos competitiva que a MLB mais por riba das máis potentes Ligas Menores "AAA" norteamericanas.[1]
Considérase que a orixe de liga está na fundación do "Club de Béisbol do Gran Xapón de Tokio" (大日本東京野球倶楽部, Dai-Nippon Tōkyō Yakyū Kurabu) en 1934 e a Liga Xaponesa de Béisbol orixinal. A actual NPB foi fundada coa reorganización desta última liga en 1950. A competición actual consta de dúas conferencias de seis equipos cada unha: a Central League e a Pacific League. Cada temporada, os equipos gañadores de cada liga compiten nas Series do Xapón, as finais polo campionato da NPB.
Historia
[editar | editar a fonte]Fundación
[editar | editar a fonte]Desde a súa introdución en 1872, o béisbol é un dos deportes máis practicados no Xapón. A raíz do éxito dos campionatos xuvenís e rexionais, na década de 1920 houbo unha primeira tentativa de crear unha competición profesional. Considérase que o primeiro equipo profesional do país foi o "Club de Béisbol Imperio do Xapón de Toquio" (大日本東京野球倶楽部 Dai-Nippon Tōkyō Yakyū Kurabu?), fundado en 1934 polo magnate dos medios de comunicación Matsutarō Shōriki para enfrontarse a un combinado de estrelas estadounidenses que incluía a Babe Ruth, Jimmie Foxx, Lou Gehrig e Charlie Gehringer.[2] Ao ano seguinte, o mesmo elenco de xogadores fixo unha xira polos Estados Unidos. Alí gañaron 93 de 102 xogos ante equipos semi-profesionais e da Pacific Coast League. De acordo co historiador Joseph Reaves: "Os únicos pequenos inconvenientes para a popularidade do equipo nos Estados Unidos foron os carácteres kanji e o engorroso nome xaponés. Ambos detalles foron solucionados adoptando o nome de Tokyo Kyojin (do xaponés: Xigantes de Toquio) e utilizando uniformes idénticos aos dos New York Giants...".[3]
Desde 1936 até 1950, o béisbol profesional xaponés estivo organizado baixo o nome de "Liga de Béisbol do Xapón" (JBL). O equipo que dominou a competición durante este período foron os Tokyo Kyojin, que gañaron nove campionatos, seis deles consecutivos entre 1938 e 1943. Cómpre destacar que en 1947 os Kyojin mudaron o seu nome a Yomiuri Giants, o cal aínda mantañen. Despois da temporada de 1949, os propietarios dos equipos da liga fundaron o Nippon Professional Baseball (NPB). O dono dos Daiei Stars Masaichi Nagata propuxo un sistema de competición dividido en dúas ligas, as cales se converteron na Pacific League, orixinalmente chamada Taiheiyō Yakyū Renmei (太平洋野球連盟?) co propio Nagata de presidente, e a Central League.
Catro antigos equipos da JBL formaron a base da nova Liga Central: os Chunichi Dragons, os Hanshin Tigers, os Yomiuri Giants e os Shochiku Robins, aos que se uniron os Hiroshima Carp, os Kokutetsu Swallows, os Nishinippon Pirates e os Taiyō Whales. Por outra banda, outros catro antigos equipos da JBL formaron a base da Liga do Pacífico: os Hankyu Braves, os Nankai Hawks, os Daiei Stars e os Tokyu Flyers, aos que se uniron os Kintetsu Pearls, os Mainichi Orions e os Nishitetsu Clippers. O dono dos Giants, Matsutarō Shōriki, actuou como o primeiro Comisionado (non oficial) e supervisou as primeiras Series do Xapón. Nelas enfrontáronse o campión da Liga Central, os Shochiku Robins, contra o campión da Liga do Pacífico, os Mainichi Orions, sendo estes últimos os campións tras vencer por catro xogos a dous.
Expansión e contracción
[editar | editar a fonte]Os Nishinippon Pirates da Liga Central, que finalizaron en sexto lugar na primeira temporada, desapareceron ao final da mesma e fusionáronse cos Nishitetsu Clippers (tamén de Fukuoka) para formar os Nishitetsu Lions. Isto provocou que o número de equipos da Central descendesen a uns incómodos sete equipos. Así, en 1952, decidiuse que o equipo da Liga que acabase cunha porcentaxe de vitorias inferior ao 30% sería obrigado a disolverse ou fusionarse con outros equipos. Finalmente, serían os Shochiku Robins os que caerían nesta circunstancia, decidindo fusionarse cos Taiyō Whales para converterse nos Taiyō Shochiku Robins en xaneiro de 1953. Esta manobra permitiu á Liga Central ter de novo un número par de equipos.
Por outra banda, en 1954 uniuse un novo equipo á Liga do Pacífico, os Takahashi Unions, o que permitiu aumentar o número de equipos da mesma a oito. Aínda que o equipo estaba formado por xogadores doutros equipos da Liga do Pacífico, os Unions non foron nunca un equipo competitivo, acabando en último lugar en 1955 e 1956. Para a temporada de 1957, os Unions fusionáronse cos Daiei Stars para formar os Daiei Unions, o que levou á Liga do Pacífico a regresar a un número impar de equipos con sete. Os novos Unions tan só duraron unha temporada, na que acabaron de novo en último lugar a 43,5 vitorias de diferenza co primeiro. Para 1958 os unións volvéronse fusionar, esta vez cos Mainichi Orions para formar os Daimai Orions. Así, a Liga do Pacífico conseguía ter de novo un número par de equipos con seis, os mesmos que a Liga Central. Debido a isto, para finais da década de 1950, a NPB pasou de ter quince equipos aos actuais doce.
Formato
[editar | editar a fonte]A NPB está composta por dúas ligas, a Liga Central e a Liga do Pacífico, con seis equipos en cada unha. Hai tamén outras dúas ligas profesionais de segundo nivel dedicadas á formación de novos xogadores, a Liga Occidental e a Liga Oriental. O campionato comeza a finais de marzo ou comezos de abril e finaliza en outubro. A maiores, en xullo, xóganse dous ou tres xogos do All-Star, os cales enfrontan aos mellores xogadores de cada liga. Antes de 2007, cada equipo das dúas ligas xogaba entre 130 e 140 xogos por temporada, sendo a única excepción das temporadas 2005 e 2006 da Liga Central con 146 encontros. Porén, desde ese ano, ambas ligas adoptaron un calendario de 146 xogos, con 73 xogados en casa e 73 como visitante. O máis habitual é que cada equipo xogue seis días á semana, descansando os luns, salvo excepcións.[4] Usualmente, cando a dous equipos lles toca xogar entre si, fano en tres días seguidos, para despois xogar outros tres encontros fronte outro rival e a continuación descansar un día.[5]
Após a finalización da temporada regular, os mellores equipos de cada liga disputan un torneo por eliminatorias para decidir cales competirán nas Series do Xapón. Estas series seguen a estela das Series Mundiais da Major League Baseball, enfrontando polo título ao campión da Liga Central contra o campión da Liga do Pacífico, do memo xeito que na MLB onde xogan os campións da Liga Americana e a Liga Nacional. Nas eliminatorias, coñecidas como Climax Series, primeiro xogan o segundo contra o terceiro clasificado de cada liga ao mellor de tres encontros. O vencedor desta eliminatoria xoga a final da liga fronte o primeiro clasificado. O vencedor deste encontro gaña entón o dereito a xogar as Series do Xapón onde se termina o campión nacional. Entre os anos 2005 e 2013 o campión xaponés disputaba as Series de Asia contra os campións de Australia, China, Corea do Sur e Taiwán (coa excepción de 2013 onde tamén participou o Fortitudo Bologna italiano). Os equipos xaponeses venceron en cinco das sete edicións.
Comparación coa MLB
[editar | editar a fonte]As regras da NPB son esencialmente as mesmas que as da Major League Baseball (MLB) norteamericana. Porén, certos elementos técnicos son lixeiramente diferentes: a liga xaponesa utiliza unha pelota, unha zona de strike e un terreo de xogo máis pequenos. Pódese dicir que o béisbol xaponés é máis compacto. Cinco equipos da liga teñen campos cuxas pequenas dimensións violarían as Regras Oficiais do Béisbol Americano. La nota que se encontra ao final da Regra 1.04 especifica que as dimensións mínimas para os estadios de béisbol estadounidenses construídos ou renovados despois de 1958 teñen que ser de 325 pés (99 m) por cada liña de foul e 400 pés (120 m) ao xardín central.
Os xogadores, técnicos e especialistas en sabermetrics (estatística avanzada) conseideran á NPB como unha liga "AAAA", é dicir, menos competitiva que a MBL mais superior ás ligas Triplo A (AAA) de desenvolvemento.[1][6] Ao igual que a MLB, a NPB está composta por dúas ligas a Central e a Pacífico. Xogar na Liga do Pacífico é parecido a facelo na Liga Americana debido ao uso da norma do bateador designado. O mesmo sucedía coa Liga Central e a Liga Nacional, até que en 2022 esta última abandonou a regra. Cando un equipo dunha liga xoga fronte a un equipo da outra, a norma que se usa é a que segue equipo local.
Outra diferenza entre os béisbol profesional xaponés e norteamericano, é que os partidos no Xapón poden acabar en empate. Se o resultado do encontro está empatado despois da disputa de nove entradas, xóganse outras tres máis adicionais. Senón hai gañador despois das doce entradas o partido é declarado empatado. Estes partidos non contan nin como vitorias nin como derrotas na clasificación. Esta regra tamén se aplica nas eliminatorias cunha única excepción: as Series do Xapón. Nesta eliminatoria final, que vence o primeiro equipo que consegue catro vitorias, no caso de haber empates pode ser preciso disputar máis de sete xogos. Se as series teñen que ser estendidas, todos os partidos despois do sétimo non teñen límite de entradas. Exclusivamente para a temporada 2011, debido ao terremoto e tsunami de Sendai e o conseguinte accidente nuclear de Fukushima, implementáronse unha serie de regras especiais para o empate:
- Por motivos de aforro enerxético, alén do límite habitual de doce entradas, non se permitiron a disputa de entradas adicionais en liga regular se o tempo de partido superaba as tres horas e media. Este tempo incluía os atrasos debido ás condicións climatolóxicas.[7]
- Debido ao atraso no comezo da temporada, ese ano eliminouse a extensión de máis partidos (no caso de empate na eliminatoria) nas Series do Xapón, permitindo tan só un partido extra.[8]
A última diferenza salientábel entre ambas competicións é que a maioría dos equipos xaponeses dispón dunha rotación de pitchers de seis xogadores, ao contrario que na MBL onde son catro. O elenco de xogadores dispoñíbeis no Xapón é de 28, máis hai un máximo de 25 que poden ir convocados a cada xogo. Debido a isto, os técnicos deben descartar tres xogadores por encontro, usualmente os pitchers titulares que veñen de xogar os anteriores partidos.
Equipos
[editar | editar a fonte]Equipo | Cidade | Estadio | Capacidade | Fundación | Ingreso |
---|---|---|---|---|---|
Central League | |||||
Chunichi Dragons | Nagoia, Aichi | Nagoya Dome | 40.500 | 1937 | 1950 |
Hanshin Tigers | Nishinomiya, Hyōgo | Estadio Hanshin Koshien | 47.757 | 1935 | 1950 |
Hiroshima Toyo Carp | Hiroshima, Hiroshima | Mazda Zoom-Zoom Stadium Hiroshima | 33.000 | 1950 | |
Tokyo Yakult Swallows | Shinjuku, Toquio | Estadio Meiji Jingu | 37.933 | 1950 | |
Yokohama DeNA BayStars | Yokohama, Kanagawa | Yokohama Stadium | 32.170 | 1950 | |
Yomiuri Giants | Bunkyō, Toquio | Tokyo Dome | 46.000 | 1934 | 1950 |
Pacific League | |||||
Chiba Lotte Marines | Chiba, Chiba | ZOZO Marine Stadium | 30.348 | 1950 | |
Fukuoka SoftBank Hawks | Fukuoka, Fukuoka | Fukuoka Yafuoku! Dome | 40.178 | 1938 | 1950 |
Hokkaido Nippon-Ham Fighters | Sapporo, Hokkaidō | Sapporo Dome | 40.476 | 1946 | 1950 |
Orix Buffaloes | Osaka, Osaka | Kyocera Dome Osaka | 36.146 | 1936 | 1950 |
Saitama Seibu Lions | Tokorozawa, Saitama | MetLife Dome | 33.556 | 1950 | |
Tohoku Rakuten Golden Eagles | Sendai, Miyagi | Estadio de Miyagi | 30.508 | 2005 |
Equipos desaparecidos | |||||
---|---|---|---|---|---|
Equipo | Cidade | Estadio | Fundación | Desaparición | Notas |
Nishinippon Pirates | Fukuoka, Fukuoka | Estadio Heiwadai | 1950 | 1950 | Fusionados cos Nishitetsu Clippers (agora Saitama Seibu Lions) |
Shochiku Robins | Kyoto, Kyoto | Estadio Kinugasa | 1936 | 1952 | Fusionados cos Taiyo Whales (agora Yokohama DeNA BayStars) |
Takahashi Unions | Kawasaki, Kanagawa | Estadio Kawasaki | 1954 | 1956 | Fusionados cos Daiei Stars (máis tarde coñecidos como Daiei Unions) |
Daiei Unions | Bunkyō, Toquio | Estadio Korakuen | 1946 | 1957 | Fusionados cos Mainichi Orions (agora Chiba Lotte Marines) |
Kintetsu Buffaloes | Osaka, Osaka | Osaka Dome | 1949 | 2004 | Fusionados cos Orix BlueWave (agora Orix Buffaloes) |
Campións
[editar | editar a fonte]Series do Xapón
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Nippon Series.
O equipo mais dominador da historia da Liga Xaponesa de Béisbol son os Yomiuri Giants[9] da Liga Central, 22 veces campións das Series do Xapón, seguido dos Seibu Lions[10] da Liga Pacífico, 13 veces campión.
Liga Central | Liga Pacífico |
Ano | Campión | Finalista | Serie | Mellor Xogador |
---|---|---|---|---|
1950 | Mainichi Orions | Shochiku Robins | 4-2 | Kaoru Bettou |
1951 | Yomiuri Giants | Nankai Hawks | 4-2 | Yukou Minamimura |
1952 | Yomiuri Giants | Nankai Hawks | 4-2 | Takehiko Bessho |
1953 | Yomiuri Giants | Nankai Hawks | 4-2-1 | Tetsuharu Kawakami |
1954 | Chunichi Dragons | Nishitetsu Lions | 4-3 | Shigeru Sugishita |
1955 | Yomiuri Giants | Nankai Hawks | 4-3 | Takehiko Bessho |
1956 | Nishitetsu Lions | Yomiuri Giants | 4-2 | Yasumitsu Toyoda |
1957 | Nishitetsu Lions | Yomiuri Giants | 4-0-1 | Hiroshi Oshita |
1958 | Nishitetsu Lions | Yomiuri Giants | 4-3 | Kazuhisa Inao |
1959 | Nankai Hawks | Yomiuri Giants | 4-0 | Tadashi Sugiura |
1960 | Taiyō Whales | Oriones Daimai | 4-0 | Akihito Kondo |
1961 | Yomiuri Giants | Nankai Hawks | 4-2 | Toshio Miyamoto |
1962 | Toei Flyers | Hanshin Tigers | 4-2-1 | Masayuki Dobashi, Masayuki Tanemo |
1963 | Yomiuri Giants | Nishitetsu Lions | 4-3 | Shigeo Nagashima |
1964 | Nankai Hawks | Hanshin Tigers | 4-3 | Joe Stanka |
1965 | Yomiuri Giants | Nankai Hawks | 4-1 | Shigeo Nagashima |
1966 | Yomiuri Giants | Nankai Hawks | 4-2 | Isao Shibata |
1967 | Yomiuri Giants | Hankyu Braves | 4-2 | Masaaki Mori |
1968 | Yomiuri Giants | Hankyu Braves | 4-2 | Shigeru Takada |
1969 | Yomiuri Giants | Hankyu Braves | 4-2 | Shigeo Nagashima |
1970 | Yomiuri Giants | Lotte Orions | 4-1 | Shigeo Nagashima |
1971 | Yomiuri Giants | Hankyu Braves | 4-1 | Toshimitsu Suetsugu |
1972 | Yomiuri Giants | Hankyu Braves | 4-1 | Tsuneo Horiuchi |
1973 | Yomiuri Giants | Nankai Hawks | 4-1 | Tsuneo Horiuchi |
1974 | Lotte Orions | Chunichi Dragons | 4-2 | Sumio Hirota |
1975 | Hankyu Braves | Hiroshima Toyo Carp | 4-0-1 | Takashi Yamaguchi |
1976 | Hankyu Braves | Yomiuri Giants | 4-3 | Yutaka Fukumoto |
1977 | Hankyu Braves | Yomiuri Giants | 4-1 | Hisashi Yamada |
1978 | Tokyo Yakult Swallows | Hankyu Braves | 4-3 | Katsuo Osugi |
1979 | Hiroshima Toyo Carp | Kintetsu Buffaloes | 4-3 | Yoshihiko Takahashi |
1980 | Hiroshima Toyo Carp | Kintetsu Buffaloes | 4-3 | Jim Lyttle |
1981 | Yomiuri Giants | Hokkaidō Nippon-Ham Fighters | 4-2 | Takashi Nishimoto |
1982 | Seibu Lions | Chunichi Dragons | 4-3 | Osamu Higashio |
1983 | Seibu Lions | Yomiuri Giants | 4-3 | Takuji Ota |
1984 | Hiroshima Toyo Carp | Hankyu Braves | 4-3 | Kiyoyuki Nagashima |
1985 | Hanshin Tigers | Seibu Lions | 4-2 | Randy Bass |
1986 | Seibu Lions | Hiroshima Carp | 4-3-1 | Kimiyasu Kudo |
1987 | Seibu Lions | Yomiuri Giants | 4-2 | Kimiyasu Kudo |
1988 | Seibu Lions | Chunichi Dragons | 4-1 | Hiromichi Ishige |
1989 | Yomiuri Giants | Kintetsu Buffaloes | 4-3 | Norihiro Komada |
1990 | Seibu Lions | Yomiuri Giants | 4-0 | Orestes Destrade |
1991 | Seibu Lions | Hiroshima Toyo Carp | 4-3 | Kouji Akiyama |
1992 | Seibu Lions | Yakult Swallows | 4-3 | Takehiro Ishii |
1993 | Yakult Swallows | Seibu Lions | 4-3 | Kenjiro Kawasaki |
1994 | Yomiuri Giants | Seibu Lions | 4-1 | Hiromi Makihara |
1995 | Tokyo Yakult Swallows | Orix BlueWave | 4-1 | Thomas O'Malley |
1996 | Orix BlueWave | Yomiuri Giants | 4-1 | Troy Neel |
1997 | Tokyo Yakult Swallows | Seibu Lions | 4-1 | Atsuya Furuta |
1998 | Yokohama BayStars | Seibu Lions | 4-2 | Takanori Suzuki |
1999 | Fukuoka Daiei Hawks | Chunichi Dragons | 4-1 | Kouji Akiyama |
2000 | Yomiuri Giants | Fukuoka Daiei Hawks | 4-2 | Hideki Matsui |
2001 | Tokyo Yakult Swallows | Osaka Kintetsu Buffaloes | 4-1 | Atsuya Furuta |
2002 | Yomiuri Giants | Seibu Lions | 4-0 | Tomohiro Nioka |
2003 | Fukuoka Daiei Hawks | Hanshin Tigers | 4-3 | Toshiya Sugiuchi |
2004 | Seibu Lions | Chunichi Dragons | 4-3 | Takashi Ishii |
2005 | Chiba Lotte Marines | Hanshin Tigers | 4-0 | Toshiaki Imae |
2006 | Hokkaido Nippon-Ham Fighters | Chunichi Dragons | 4-1 | Atsunori Inaba |
2007 | Chunichi Dragons | Hokkaido Nippon-Ham Fighters | 4-1 | Norihiro Nakamura |
2008 | Saitama Seibu Lions | Yomiuri Giants | 4-3 | Takayuki Kishi |
2009 | Yomiuri Giants | Hokkaido Nippon-Ham Fighters | 4-2 | Shinnosuke Abe |
2010 | Chiba Lotte Marines | Chunichi Dragons | 4-2-1 | Toshiaki Imae |
2011 | Fukuoka SoftBank Hawks | Chunichi Dragons | 4-3 | Hiroki Kokubo |
2012 | Yomiuri Giants | Hokkaido Nippon-Ham Fighters | 4-2 | Tetsuya Utsumi |
2013 | Tohoku Rakuten Golden Eagles | Yomiuri Giants | 4-3 | Manabu Mima |
2014 | Fukuoka SoftBank Hawks | Hanshin Tigers | 4-1 | Seiichi Uchikawa |
2015 | Fukuoka SoftBank Hawks | Tokyo Yakult Swallows | 4-1 | Lee Dae-ho |
2016 | Hokkaido Nippon-Ham Fighters | Hiroshima Toyo Carp | 4-2 | Brandon Laird |
2017 | Fukuoka SoftBank Hawks | Yokohama DeNA BayStars | 4-2 | Dennis Sarfate |
2018 | Fukuoka SoftBank Hawks | Hiroshima Toyo Carp | 4-1-1 | Takuya Kai |
2019 | Fukuoka SoftBank Hawks | Yomiuri Giants | 4-0 | Yurisbel Gracial |
2020 | Fukuoka SoftBank Hawks | Yomiuri Giants | 4-0 | Ryoya Kurihara |
2021 | Tokyo Yakult Swallows | Orix Buffaloes | 4-2 | Yuhei Nakamura |
2022 | Orix Buffaloes | Tokyo Yakult Swallows | 4-2-1 | Yutaro Sugimoto |
Títulos por equipo
[editar | editar a fonte]Equipo | Campión | Subcampión |
---|---|---|
Yomiuri Giants | ||
Saitama Seibu Lions | ||
Fukuoka SoftBank Hawks | ||
Tokyo Yakult Swallows | ||
Orix Buffaloes | ||
Chiba Lotte Marines | ||
Hiroshima Toyo Carp | ||
Hokkaido Nippon-Ham Fighters | ||
Chunichi Dragons | ||
Yokohama BayStars | ||
Hanshin Tigers | ||
Tohoku Rakuten Golden Eagles | ||
Osaka Kintetsu Buffaloes | ||
Shochiku Robins |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "For Players and Agents RE: Playing Baseball in Japan" (en inglés). japanball.com. Arquivado dende o orixinal o 10 de setembro de 2012. Consultado o 22 de marzo de 2017.
- ↑ "A History of Japanese Baseball". Tofugu.
- ↑ Reaves, Joseph A. Taking in a Game: A History of Baseball in Asia (U. of Nebraska Press, 2002), p. 77.
- ↑ Waldstein, David (21 de xullo 2014). "Ace Favors Fewer Starts to Protect Pitchers' Arms: Rangers' Yu Darvish Pushes for a Six-Man Pitching Rotation". The New York Times.
- ↑ "Calendario da NPB 2011". NPB (en inglés).
- ↑ Clemmons, Anna Katherine (2011). "Matt Murton thrives in Japanese setting". ESPN. Consultado o 28 de maio de 2019.
- ↑ "2011年度レギュラー・シーズンのイニング制限、時間制限に関する特例措置" [Temporada regular 2011: medidas especiais sobre o límite de entradas, límite de tempo] (Nota de prensa). Nippon Professional Baseball. 2011. Consultado o 28 de maio de 2019.
- ↑ "コナミ日本シリーズ2011 : 第8戦 開催要項" [Konami Nippon Series 2011: Información sobre o 8º xogo] (Nota de prensa) (en Japanese). Nippon Professional Baseball. 2011. Consultado o 28 de maio de 2019.
- ↑ Yomiuri Giants na web da NPB (en inglés)
- ↑ Saitama Seibu Lions na web da NPB (en inglés)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en xaponés)
- Páxina oficial (en inglés)