Saltar ao contido

Saitama Seibu Lions

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Nishitetsu Lions»)
Saitama Seibu Lions
Fundado en 1950
En Tokorozawa desde 1979
Insignia
Liga
Liga Nippon Professional Baseball
DivisiónPacific League (1950–presente)
Imaxe do equipo
Retirados24 (Kazuhisa Inao)
Cores               Azul, branco, vermello
Datos do equipo
AnteriorNishitetsu Clippers (1950)
Nishitetsu Lions (1951–1972)
Taiheiyo Club Lions (1973–1976)
Crown Lighter Lions (1977–1978)
Seibu Lions (1979–2007)
EstadioMetLife Dome
Estadios antigosKasugabaru Kyūjō (1950)
Heiwadai Yakyūjō (1951–1978)
MascotaLeo e Lina
DonoFerrocarrís Seibu
AdestradorHatsuhiko Tsuji
Títulos
Nippon S. (13)1956, 1957, 1958, 1982, 1983, 1986, 1987, 1988, 1990, 1991, 1992, 2004, 2008
Pacific L. (23)1954, 1956, 1957, 1958, 1963, 1982, 1983, 1985, 1986, 1987, 1988, 1990, 1991, 1992, 1993, 1994, 1997, 1998, 2002, 2004, 2008, 2018, 2019

Os Saitama Seibu Lions (埼玉西武ライオンズ Saitama Seibu Raionzu?) son un equipo profesional xaponés de béisbol con sede en Tokorozawa, Saitama, ao norte de Tokio. O club compite na Nippon Professional Baseball (NPB) como membro da Pacific League. Antes de 1979, o equipo tiña a súa sede en Fukuoka, na illa de Kyūshū. Entre 1978 e 2008 o logo e a mascota do equipo estaban baseados nunha vesión adulta de Leo (tamén coñecido como Kimba), o protagonista do anime de Osamu Tezuka Jungle Taitei. Con todo, ao contrario que fans, membros do equipo e a prensa, o propio Tezuka afirma que realmente estaba baseado en Panja (tamén coñecido como Caesar), o pai de Kimba. Os Lions xogan os seus partidos como local no MetLife Dome, estadio con capacidade para 33.556 espectadores.

O equipo é propopiedade dunha filial de Prince Hotels, a cal á súa vez é propiedade do Grupo Seibu. O equipo experimentou nos últimos tempos un período de dificultades financeiras, máis a situación foi solucionado cando en 2006 o equipo recibiu 6.000 millóns de iens (uns 51,11 millóns de dólares) polo traspaso de Daisuke Matsuzaka aos Boston Red Sox da Major League Baseball (MLB). Antes, en 2004, o ex xogador dos Seibu Lions Kazuo Matsui foi o primeiro xogador xaponés en xogar nas Ligas Maiores desde a posición de infielder.[1]

A franquía foi fundada en 1950 co nome de Nishitetsu Clippers, sendo un dos equipos fundadores da Liga do Pacífico. O equipo era propiedade da compañía de ferrocarrís Nishinippon con sede en Fukuoka. No seu primeiro ano o equipo acaba no sexto e último posto da liga. Ao finalizar a temporada fusionaronse cos Nishinippon Pirates para formar os Nishitetsu Lions. Durante toda a súa existencia co nome de Nishitetsu Lions, a franquía xogou sempre no Estadio Heiwadai. Foron un dos primeiros equipos dominadores da liga, gañando baixo as ordes do adestrador Osamu Mihara catro títulos do Pacífico e tres Series do Xapón consecutivas ante os Yomiuri Giants: 1956, 1957 e 1958.

Durante a seguinte década o equipo decaeu e non conseguiu repitir éxitos. Entre as temporadas 1969 e 1970 o equipo viuse envolto no escándalo da "néboa negra" (黒い霧事件 kuroi kiri jiken?), polo que catro pitchers dos Lions (Masaaki Ikenaga, Akio Masuda, Masayuki Nagayasu e Yoshinobu Yoda) foron expulsados de por vida da NPB por acusacións de arranxo de xogos. Outros xogadores do equipo foron tamén condenados, máis con castigos menos severos. A perda dos xogadors decimou ao equipo que acabou a temporada de 1970 en último lugar. As dúas seguintes temporadas finalizaron co mesmo resultado. En 1972 a franquía foi vendida á Corporación de Béisbol de Fukuoka, porén, esta era parte da propia Nishinippon. Despois da venda, o equipo pasou a chamarse até 1976 Taiheiyō Club Lions, unha empresa de resorts e campos de golf. Ao ano seguinte o club volve cambiar de patrocinador, Crown Gas Lighter, e o equipo mude de novo de nome, esta vez a Crown Lighter Lions. Con todo, a nivel deportivo, as actuacións non melloraron.

Tras finalizar a temporada de 1978, o equipo foi vendido a Kokudo Keikaku, para despois fusionarse con Prince Hotels. Así, o equipo foi bautizado como Seibu Lions e viu a súa sede trasladada a un novo estadio, o Seibu Dome en Tokorozawa, Saitama. Os novos propietarios realizaron importantes investimentos e, a partir de 1982, co novo adestrador Tatsuro Hirooka e varios xogadores como Osamu Higashio ou Koichi Tabuchi, comezou a chamada "Época Dourada" do equipo. Os Lions foron durante os anos 1980 os dominadores da Liga do Pacífico, conseguindo gañar cinco Series do Xapón (1982 a 1983 e 1986 a 1988). A mediados da década, baixo as ordes de Masaaki Mori, os Lions mantiveron o bloque e continuaron coa senda de vitorias cun forte bloque de xogadores. Mori logrou oito títulos de Liga e seis Series do Xapón (1986 a 1988 e 1990 a 1992) no seus nove anos de carreira como adestrador. A franquía foi coñecida durante os anos 1980 e 1990 como o "invencible Seibu" debido aos seus éxitos.

Durante os anos 2000, e a pesar dos bos resultados da franquía, os Lions atravesaron problemas económicos que levaron a pensar nunha venda do equipo ou mesmo o seu posible traslado a Hokkaido. Mais a situación logrou solucionarse coa venda do pitcher Daisuke Matsuzaka aos Boston Red Sox por 6 millóns de dólares. A nivel derpotivo, o equipo consegue gañar no anos 2000 as Series do Xapón de 2004 ante Chunichi Dragons e as de 2008 ante os Yomiuri Giants. No 2009 o equipo muda por completo a súa imaxe corporativa, e o seu escudo pasa a ser unha pelota de béisbol agarrada pola garra dun león. Até ese ano, o escudo do club estaba baseado na versión adulta de Leo (tamén coñecido como Kimba), o protagonista do anime de Osamu Tezuka Jungle Taitei. Con todo, ao contrario que fans, membros do equipo e a prensa, o propio Tezuka afirma que realmente estaba baseado en Panja (tamén coñecido como Caesar), o pai de Kimba.

Ao longo dos anos o equipo tivo diferentes nomes:[2]

  • Nishitetsu Clippers (1950)
  • Nishitetsu Lions (1951−1972)
  • Taiheiyo Club Lions (1973−1976)
  • Crown Lighter Lions (1977−1978)
  • Seibu Lions (1979−2007)
  • Saitama Seibu Lions (2008−presente)
Artigo principal: Seibu Dome.
O Seibu Dome.

Actualmente, os Orix Buffaloes xogan os seus encontros como local no Seibu Dome, coñecido por motivos de patrocinio como MetLife Dome. O estadio, inaugurado o 14 de abril de 1979, ten capacidade para 33.556 espectadores. O estadio está cuberto por unha cúpula ao igual que outros moitos estadios do Xapón, mais dispón dunha separación entre a mesma e as bancadas para que o aire circule polo recinto. Isto fai posíbel que os home runs poidan saír do estadio, algo que non se pode nos estadios totalmente cubertos. É, xunto o T-Mobile Park de Seattle, Washington (Estados Unidos), o único estadio de béisbol do mundo con esa característica.[3] Ao longo dos anos os Saitama Seibu Lions teñen utilizado os seguintes estadios:

Estadio Localización Prefectura Capacidade Período
Kasugabaru Kyūjō Kasuga Fukuoka Fukuoka 1950
Heiwadai Yakyūjō Fukuoka Fukuoka Fukuoka 34.000 1951 1978
Seibu Dome Tokorozawa Saitama Saitama 33.556 1979

Xogadores

[editar | editar a fonte]

Dorsais retirados

[editar | editar a fonte]
Kazuo Matsui.
Dorsais retirados polos Saitama Seibu Lions
Xogador Posición Período
24 Kazuhisa Inao Pitcher 1956–1969

Dorsais honrados

[editar | editar a fonte]
Xogador Posición Período
3 Hiroshi Ōshita Outfielder 1952–1959
6 Futoshi Nakanishi Infielder 1952–1969
89 Shinji Mori Pitcher 1997–2005

Xogadores MLB

[editar | editar a fonte]
País Xogador Posición Temporadas no equipo
Xapón Kazuhisa Ishii Pitcher 2008–2013
Xapón Yusei Kikuchi Pitcher 2010–2018
Xapón Kazuo Matsui Segunda base 1995–2003, 2018
Xapón Daisuke Matsuzaka Pitcher 1999–2006
Xapón Shinji Mori Pitcher 1997–2005

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]