Petsamo

A rexión de Petsamo limita co mar de Barents, con Rusia polo leste, con Noruega polo oeste e con Finlandia polo sur. A zona verde é a parte finlandesa da península de Rybatchi cedida á Unión Soviética despois da Guerra de Inverno.
Petsamo (en ruso: Петсамо) é unha rexión do noroeste de Rusia, antigamente rexión de Finlandia no período entre as dúas guerras mundiais. Debe o seu nome ó río Petchenga. A súa capital na época de dominio finés era a vila de Petchenga (en finés: Petsamo). Hoxe en día a rexión pertence ó distrito de Petchenga con capital en Nikel.