Constanza
Constanza | ||
---|---|---|
Konstanz | ||
| ||
![]() | ||
Vista da cidade. | ||
Localización | ||
País | ![]() | |
Estado | Baden-Württemberg | |
Rexión | Friburgo | |
Distrito | Constanza | |
Xeografía | ||
Superficie | 54,11 km² | |
Demografía | ||
Poboación | 82 859 (2015) | |
Densidade | 1 531 hab/km² | |
Outros datos | ||
Código postal | 78462–78467 | |
Alcalde | Ulrich Burchardt (UDC) | |
Páxina oficial de Constanza |
Constanza[1] (en alemán: Konstanz) é unha cidade universitaria de máis de 82.000 habitantes. Está situada na beira oeste do Lago Constanza no recuncho suroeste de Alemaña, no Estado de Baden-Württemberg. Fai fronteira ademais con Suíza.
Localización[editar | editar a fonte]
Constanza está situada no Lago Constanza (en alemán Bodensee). O río Rin, que nace nos Alpes Suízos, pasa a través do logo Constanza e ao abandonalo, considerabelmente maior, flúe baixo unha ponte que conecta as dúas partes da cidade.
Ao norte do río atópase a maior parte da cidade, con áreas residenciais, industriais e a Universidade de Constanza; mentres que na parte sur está o casco antigo e o centro administrativo e comercial, ademais das instalación da Hochschule ou Universidade de Ciencias Aplicadas. Transbordadores de automóbiles cruzan o lago e dan acceso a Meersburg, e un Catamarán proporciona servizo a peóns cara Friedrichshafen. Ao sur, ás beiras da cidade vella, atópase a cidade suíza Kreuzlingen.
Subdivisións[editar | editar a fonte]

Constanza está dividida en quince distritos:
|
|
|
Historia[editar | editar a fonte]
De 1414 a 1418 celebrouse nesta cidade o Concilio de Constanza, que deu fin ao Cisma de Occidente.
A comezos do século XIX e como consecuencia das guerras Napoleónicas, o territorio que comprende esta cidade pasou a formar parte da Confederación do Rin e tralo congreso de Viena adheriuse á Confederación Xermánica.
Economía[editar | editar a fonte]
O encanto de Constanza, que foi unha das poucas cidades do país que non foi destruída durante a segunda guerra mundial, atrae a visitantes de todo o estado e en particular de Stuttgart. Ademais Constanza constitúe un das principais pontes para os intercambios comerciais entre Suíza e a Unión Europea.
Transporte[editar | editar a fonte]
Constanza está servida polas principais vías de ferrocarril cara o oeste até Singen con conexión con tódalas partes de Alemaña, e cara o sur a Suíza, conectando coas principais rutas en Weinfelden. Os servizos son proporcionados pola Deutsche Bahn e pola compañía suíza Thurbo e a súa filial alemá. O aeroporto máis próximo está en Friedrichshafen, ao que se pode chegar rapidamente grazas a un servizo de transbordador que cruza o lago, o cal conecta a cidade con outras vilas na beira do mesmo. O aeroporto opera fundamentalmente con voos domésticos, mais conta cunha liña co aeroporto londiniense de Stansted. Os aeroportos internacionais máis próximos son o de Stuttgart, Basilea e Zúric, o cal ten un tren directo con Constanza. Os servizos de autobuses urbanos son proporcionados por SüdbadenBus GmbH.
Ademais Constanza e Friedrichshafen están conectadas por dous (en pronto por tres) catamaráns dende 2005 Constance e Fridolin.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Por exemplo en Martínez Pereiro, Xosé Luís (1999). Laiovento, ed. As irmás bastardas da ciencia. Antoloxía de sedes clandestinas. Santiago de Compostela. pp. 144, 148.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Constanza ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Sitio Web Oficial Arquivado 07 de setembro de 2014 en Wayback Machine. (en alemán)
- Konstanz: Historia e imaxes (en alemán)
- Universidade de Constanza (en inglés)
- Universidade de Ciencias Aplicadas (en inglés)
- Fotografías de Constanza (en inglés)
- Páxina de fotografías de Constanza
- Fotos do Entroido de Constanza Arquivado 20 de xullo de 2014 en Wayback Machine.
- Comunidade de Internet de Constanza
- O Suedkurier, xornal de Constanza