Cheliábinsk (en ruso: Челя́бинск) é unha cidade de Rusia, capital administrativa do óblast de Cheliábinsk. A poboación da cidade é duns 1095000 habitantes (2005) e foi fundada no 1736. A aglomeración urbana xa alcanzou os 1330000 habitantes. Tamén é uns dos principais centros de industrias pesadas de Rusia. Durante a segunda guerra mundial, Stálin decidiu mover unha produción de tanques T-34 e uns foguetes para lugares afastados e así a cidade gañou o apelido de "Tankograd".
A cidade converteuse en famosa o 15 de febreiro de 2013, tras o Bólido de Cheliábinsk estoupar sobre ela, lanzando bolas de lume na dirección da Terra, rompendo xanelas e danando 3000 edificios, causando máis de 1200 feridos.[1]