Jūrmala

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 56°58′00″N 23°45′00″L / 56.96667, -23.75000

Jūrmala
Escudo de Jūrmala Bandeira de Jūrmala
Latvia-Jurmala.png
Topónimo oficial Jūrmala
País Letonia
Superficie 100 km²
Fundación 1785
Poboación:  
 - Total 57.371 (2016)[1]
 - Densidade 573,7 h/km²
Presidente  Gatis Truksnis (2011)
Páxina web Jurmala.lv

Jūrmala Lv-Jurmala.ogg [juːrmala] , significa litoral ou praia, é unha cidade autónoma de Letonia situada a 25 Km ao NE da capital do país, Riga. Forma unha faixa costeira de 32 Km de longo e 3 Km de ancho situada entre o Golfo de Riga e o río Lielupe.

As praias de Jūrmala son famosas pola súa area de cuarzo branco e o ámbar.

A cidade de Jūrmala componse dunha serie de pequenos centros turísticos. De oeste a leste, son: Kemeri, Jaunkemeri, Verso, Kauguri, Vaivari, Asari, Melluzi, Pumpuri, Jaundubulti, Dubulti, Majori, Dzintari, Bulduri e Lielupe.

A cidade é unha das dúas residencias do presidente da República de Letonia, a casa-museo de John Rainis e a súa esposa, a poetisa Aspasia.

Na sala de concertos "Dzintari" anualmente celébrase o Music Festival KVN e a competición internacional de mozos cantantes New Wave, o festival Jurmalina habla Anshlag e outros concertos e festivais.

Os visitantes poden acceder a Jūrmala dende Riga en tren de proximidades (30 min) ou por estrada en coche (20 min). Dende 2008 Jūrmala e o aeroporto de Riga están conectados cun servizo de autobús. Os visitantes con vehículos privados deben pagar 1 LVL por cada día que pasen en Jūrmala.

Historia[editar | editar a fonte]

Selo do correo letón de 2001.

Na época do bispo Albrecht (1165-1229) a península de Jūrmala estaba cuberta por fragas. O Duque Jacob tiña os seus propios plans para Lielupe, quería construír un canal que conectase co mar en Lielupe Sloka, para facilitar o desprazamento en buques na capital Mitau. O proxecto quedou sen concretarse.

O primeiro lugar para o baño organizouse en Dubulti. Outra parte antiga de Jürmala é Sloka, recibiu o status de colonia en 1785, e de cidade en 1878. Sloka creceu pola fábrica de papel que funcionou dende 1896 a 1990.

A zona que agora comprende a cidade de Jūrmala era antes parte de Riga, era coñecida como Rīgas-Jūrmala. Algunhas partes da zona, como Sloka e Kemeri, coñécense como balnearios dende fai séculos. Jūrmala en alemán era chamada Riga-Strand, a "Praia de Riga".

Jūrmala tiña fama como destino de spa dende finais do século XVIII. Os terratenentes ricos comenzaron a tradición de relax na praia, e os oficiais do exército ruso ían descansar alí despois das guerras napoleónicas, regresando máis tarde cas súas familias. O máximo desenvolvemento da zona de Jūrmala foi ca apertura da liña de ferrocarril Riga-Tukums en 1877 (aínda pasa por Jūrmala) o que deu un gran impulso ao número de visitantes, e polo tanto un impulso ao desenvolvemento da cidade coma un complexo turístico. Jūrmala tamén gañou unha reputación como sanatorio. A brisa mariña, o arrecende dos pinos, as fontes de auga mineral, e a praia de arena axudou a crear sanatorios na cidade.

Construción de formigón da época de ocupación soviética do país agora chamado "Baltic Beach Hotel"

Na época soviética, durante a ocupación de Letonia despois da Segunda Guerra Mundial, Jūrmala era un destino popular entre os funcionarios do partido comunista debido a súa proximidade a Moscova das súas praias, sanatorios e ao bo clima no verán. As vacacións pagadas eran recompensas para membros dos sindicatos máis importantes. Converteuse nun dos destinos turísticos máis populares de toda a Unión Soviética. Os balnearios ofrecían instalacións de baños de barro, terapia a cabalo e sendeirismo polos bosques. En verano había moitos concertos.

Jūrmala pasou a ser oficialmente cidade en 1959. A liña ferroviaria electrificouse e na actualidade hai servizo de tren regular a Riga.

Mentres Riga vai avanzando rapidamente para atraer a un número crecente de turistas occidentais, Jūrmala quedou atrás, descoñecida. Os rusos están agora suxeitos a estritos requisitos de visado. Importantes grupos turísticos europeos teñen unha dura tarefa que facer na súa promoción. Durante os últimos anos Jūrmala comenzou a recuperarse. Moitas celebridades rusas, homes de negocios de éxito decidíronse pola compra de casas cerca da praia como segunda residencia e lugar de vacacións no verán, fanse festivais e outras actividades para atraer a máis e máis xente á cidade cada verán. Jūrmala case acadou a popularidade que tiña ca elite soviética.

Praia[editar | editar a fonte]

Praia de Majori, Bandeira Azul.

Os 32 Km da costa son praias de areas finas e brancas composta de cuarzo. Durante as tormentas á costa chegan anacos de ámbar e moitas cunchas. A finais de xaneiro e principios de febreiro, o Golfo de Riga polo xeral conxélase, na praia a miúdo fórmanse grandes montañas glaciais que atraen a grande cantidade de espectadores.

A profundidade media no Golfo é de 26 m, o punto máis fondo é de 60 m. Ao longo da costa, a agua é pouco profunda. O fondo está cuberto na maior parte de area. O vento forte do oeste, trae á costa auga quente, así como ondas de ata 5 metros. A salinidade na baía é inferior á metade do Mar Báltico. As dunas costeiras separan a praia do cinto forestal que vai paralelo á costa, ata unha elevación de 17 m.

Demografía[editar | editar a fonte]

A 1 de xaneiro de 2011, a poboación da cidade era de 56.060 persoas.

Demografía de Jūrmala en 2011 [2]
Letóns
  
50.8%
Rusos
  
35%
Bielorusos
  
3.9%
Ucraínos
  
2.7%
Polacos
  
1.7%
Lituanos
  
0.9%
Outros
  
5.0%
1897 1925 1935 1943 1959 1979 1989 1991 1997 2011
Poboación[3] 2114 10786 13663 12653 37954 60943 60600 61041 58977 56060

Clima[editar | editar a fonte]

Nuvola apps kweather.png Clima en Jūrmala
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Ano
Temperatura promedio máxima (°C) -2 -2 3 10 17 21 23 21 16 11 4 0
10
Temperatura mínima media (°C) -8 -7 -4 1 6 11 14 13 12 4 0 -5
3
Precipitacións (mm) 33 25 31 39 43 61 79 79 76 60 61 49
636
Temperatura da auga (°C) 0 0 1 5 11 17 21 23 19 15 10 5
11
Fonte: Slavi.ru (en ruso)

Cidades irmandadas[editar | editar a fonte]

Jūrmala está irmandada con:

Vista panorámica da praia de Jürmala, Letonia.

Vista panorámica da praia de Jürmala, Letonia.


Notas[editar | editar a fonte]

  1. «Latvijas iedzīvotāju skaits pašvaldībās pagastu dalījumā»
  2. [1]
  3. Enciklopēdija "Latvijas pilsētas". Rīga 1999. (en letón)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jūrmala Modificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]