Joan Ventosa
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Joan Ventosa | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 7 de marzo de 1879 |
Barcelona | |
Falecemento | 17 de agosto de 1959 |
Lausana | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político, economista e avogado |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Joan Ventosa i Calvell (Barcelona 1879 - Lausana 1959) foi un político español.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou dereito en Barcelona. Participou na fundación da Lliga Regionalista e foi deputado nas Cortes entre 1907 e 1923 e foi ministro de Facenda entre 1917 e 1918 e de novo entre febreiro e abril de 1931 no goberno do almirante Aznar. Apoiou financeiramente ao bando franquista durante a Guerra civil española. Foi procurador nas primeiras Cortes franquistas. Membro do Consello Privado de Xoán de Borbón dende 1947, xa en 1943 enviara unha carta a Franco onde pedía a volta da monarquía e diante a negativa de Franco, foise distanciando cada vez máis do réxime franquista.