José Lombardero Franco
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1864 A Coruña, España |
| Morte | 23 de outubro de 1912 París, Francia |
| Actividade | |
| Ocupación | xornalista, político |
| Membro de | |
José Lombardero Franco, nado na Coruña en outubro de 1864 e finado en París o 23 de outubro de 1912, foi un xornalista e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou a carreira de Dereito e colexiouse na Coruña pero non chegou a exercer como avogado. Colaborou como xornalista en La Voz de Galicia, que dirixiu entre 1887 e 1889, e foi redactor de El Imparcial e El Nacional de Madrid. Adquiriu a cabeceira do xornal El Noroeste, que refundou en 1896. Foi elixido deputado nas lexislaturas de 1901-1903 polo distrito de Arzúa, 1903-1905 polo da Fonsagrada, 1907-1910 por Ordes e 1910-1914 por Ordes e Pontedeume, correspondéndolle por sorteo representar a Pontedeume.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: José Lombardero Franco |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán). Bibliófilos Gallegos.
- Vieira, Ramiro (1907). Siluetas de las personalidades más salientes de Galicia (en castelán). Vigo: Tip, y Librería de M. Mariño.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- No centenario de Ecos del Eume Arquivado 08 de xuño de 2013 en Wayback Machine.
| Predecesor: Juan Armada Losada |
Deputado por Pontedeume 1910 - 1912 |
Sucesor: Julio Wais Sanmartín |