Saltar ao contido

Juan Diego (actor)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJuan Diego

(2018) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Juan Diego Ruiz Moreno Editar o valor en Wikidata
14 de decembro de 1942 Editar o valor en Wikidata
Bormujos Editar o valor en Wikidata
Morte28 de abril de 2022 Editar o valor en Wikidata (79 anos)
Madrid Editar o valor en Wikidata
Outros nomesJuan Diego Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoActuación Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónactor de cinema, activista político, actor de televisión, actor de teatro, actor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1957 Editar o valor en Wikidata - 2022 Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Comunista de España Editar o valor en Wikidata
Membro de
Participou en
24 de outubro de 2017Andalucía polo diálogo Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm0225921 BNE: XX1296481 Find a Grave: 239280072 Editar o valor en Wikidata

Juan Diego Ruiz Moreno, nado en Bormujos (Sevilla) o 14 de decembro de 1942, e finado en Madrid o 28 de abril de 2022,[1] foi un actor español.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Juan Diego declarou que pasou unha infancia feliz e completamente normal. Aínda que sempre se sentiu identificado coa súa vila, de mozo decidiu estudar en Sevilla para evitar dedicarse ás faenas do campo.[2] A súa temperá vocación interpretativa cobrou forma en 1957, cando subiu por vez primeira a un escenario.

Tres anos máis tarde interpretou en Sevilla Á espera de Godot, de Samuel Beckett, un traballo polémico que cimentou o seu prestixio entre a crítica. Ampliou a súa formación no Conservatorio de Música e Declamación, estudos que lle permitiron entrar en contacto con Televisión Española (TVE). Interveu nunha gran cantidade de programas da televisión, entre telenovelas, producións dramáticas e o popular Estudio 1. Esta experiencia permitiulle coñecer a fondo as táboas e familiarizarse cos estamentos da profesión.[2]

Tamén de novo tomou conciencia política e comezou a militar na Frente de Estudiantes Sindicalistas, que era a rama xuvenil do falanxismo disidente, que despois deu orixe á Falange Independiente. Porén, como outros militantes dese ambiente, acabou derivando cara a unha militancia no Partido Comunista de España (PCE), entón clandestino.

En 1975 foi un dos líderes da folga de actores que reivindicaba a redución da xornada laboral para os intérpretes teatrais. Ese mesmo ano apareceu xunto a Ana Belén no filme La criatura de Eloy de la Iglesia, con quen xa colaborara en Algo amargo en la boca (1969), e participou no primeiro filme de Francisco Rodríguez, La casa grande, que participou no Festival Internacional de Cinema de Berlín.[3]

Na década seguinte interveu en Los santos inocentes (Mario Camus, 1984). Foi entón cando consolidou a súa carreira no cinema. A súa interpretación como o intrigante capuchino de El rey pasmado (1991), valeulle o seu primeiro premio Goya. A mediados da década de 1990 diminuíu a súa actividade cinematográfica, centrándose na súa carreira teatral.

Juan Diego e o resto do elenco da serie Los hombres de Paco.

En 1999 produciuse o seu regreso ao cinema con París-Tombuctú, en que daba vida a un anarquista que andaba espido polas rúas do lugar. Asunción Balaguer e Liberto Rabal anunciaron que o intérprete gañara o seu segundo Goya, que recolleu o director Luis García Berlanga, agradecéndolle que fose o "único actor que tivo as pelotas de saír en pelotas".

En 2002 Juan Diego regresou á televisión para porse ás ordes de Benito Zambrano en Padre Coraje, papel polo que obtivo o premio da Unión de Actores. Na gala de entrega, os candidatos berraron ao unísono "non á guerra", rexeitando a decisión de George W. Bush de iniciar a guerra de Iraq. O propio Juan Diego lera manifestos na Porta do Sol acompañado de María Barranco e Juan Diego Botto, chegando a atender no escenario un manifestante ferido pola policía.

En 2005 comezou a popular serie Los hombres de Paco, que durou ata 2010, nela actuou xunto cos actores Paco Tous, Pepón Nieto, Hugo Silva e Adriana Ozores.

Filmografía parcial

[editar | editar a fonte]
AnoFilmeDirector
2019A pesar de todoGabriela Tagliavini
2016No sé decir adiósLino Escalera
2014Anochece en la IndiaChema Rodríguez
2012Todo é silencioJosé Luis Cuerda
201230 años de oscuridadManuel H. Martín
201123-F: la películaChema de la Peña
2010LopeAndrucha Waddington
2010Que se mueran los feosNacho G. Velilla
2009Rose et noirGérard Jugnot
2007Casual DayMax Lemcke
2007Fuerte ApacheJaume Mateu Adrover
2006Vete de míVíctor García León
2006El camino de los inglesesAntonio Banderas
2006RemakeRoger Gual
2006El triunfoMireia Ros
2006Pobre juventudMiguel Jiménez
2004María queridaJosé Luis García Sánchez
2004El séptimo díaCarlos Saura
2004NoviembreAchero Mañas
2004TorapiaKarra Elejalde
2004A vida que che esperaManuel Gutiérrez Aragón
2003Torremolinos 73Pablo Berger
2003Una pasión singularAntonio Gonzalo
2002La virgen de la lujuriaArturo Ripstein
2002Smoking RoomRoger Gual e Julio D. Wallovits
2000FugitivasMiguel Hermoso
2000You're the One (una historia de entonces)José Luis Garci
1999El invierno de las anjanasPedro Telecha
1999París-TombuctúLuis García Berlanga
1999Entre las piernasManuel Gómez Pereira
1998YermaPilar Tavora
1997La novia de la media nocheAntonio Simón
1993Tirano BanderasJosé Luis García Sánchez
1992El beso del sueñoRafael Moreno Alba
1992Jamón, jamónBigas Luna
1991El rey pasmadoImanol Uribe
1991Martes de carnavalFernando Bauluz e Pedro Carvajal
1991La noche más largaJosé Luis García Sánchez
1991Cabeza de VacaNicolás Echevarría
1989La noche oscuraCarlos Saura
1988PasodobleJosé Luis García Sánchez
1987JarrapellejosAntonio Giménez Rico
1987Laura, del cielo llega la nocheGonzalo Herralde
1987Los negros también comenMario Ferreri
1986El hermano bastardo de DiosBenito Rabal
1986Dragon RapideJaime Camino
1986El viaje a ninguna parteFernando Fernán Gómez
1985Los paraísos perdidosBasilio Martín Patino
1985De tripas corazónJulio Sánchez Valdés
1984Los santos inocentesMario Camus
1977La criaturaEloy de la Iglesia
1975El Love Feroz o Cuando los hijos juegan al amorJosé Luis García Sánchez
1970El demonio de los celosEttoro Scola
1969Algo amargo en la bocaEloy de la Iglesia
1966Fantasía... 3Eloy de la Iglesia
AnoPremiosCategoríaFilmeResultado
1986Premios GoyaMellor actor protagonistaDragon RapideNomeado
1986Fotogramas de PrataMellor actor de cinemaDragon Rapide
El hermano bastardo de Dios
El viaje a ninguna parte
Nomeado
1988Fotogramas de PrataMellor actor de cinemaAsí como habían sido
Jarrapellejos
Pasodoble
Nomeado
1989Premios GoyaMellor actor protagonistaLa noche oscuraNomeado
1991Premios GoyaMellor actor secundarioEl rey pasmadoGañador
1991Fotogramas de PrataMellor actor de cinemaEl rey pasmado
La noche más larga
Martes de carnaval
Nomeado
1992Premios da Unión de ActoresMellor actor protagonista de teatroNo hay camino al paraíso, nenaGañador
1999Premios GoyaMellor actor secundarioParís-TombuctúGañador
1999Fotogramas de PrataMellor actor de teatroEl lector por horasNomeado
2000Premios GoyaMellor actor secundarioYou're the One (una historia de entonces)Nomeado
2000Medallas do Círculo de Escritores CinematográficosMellor actor secundarioFugitivasNomeado
2000Premios MaxMellor actor protagonistaEl lector por horasGañador
2001Premios da Academia da Televisión de EspañaMellor interpretación masculinaPadre CorajeGañador
2002Fotogramas de PrataMellor actor de televisiónPadre CorajeNomeado
2002Premios da Unión de ActoresMellor actor protagonista de televisiónPadre CorajeGañador
2002Festival de Cinema Español de MálagaBiznaga de Prata ao mellor actorSmoking RoomGañador
2002TP de OuroMellor actor de televisiónPadre CorajeNomeado
2003Premios GoyaMellor actor secundarioTorremolinos 73Nomeado
2004Premios GoyaMellor actor secundarioEl séptimo díaNomeado
2004Premios da Unión de ActoresMellor actor secundario de cinemaEl séptimo díaNomeado
2004Medallas do Círculo de Escritores CinematográficosMellor actor secundarioEl séptimo díaGañador
2005Fotogramas de PrataMellor actor de teatroEl pianistaNomeado
2006Premios GoyaMellor actor protagonistaVete de míGañador
2006Fotogramas de PrataMellor actor de cinemaVete de míGañador
2006Medallas do Círculo de Escritores CinematográficosMellor actorVete de míNomeado
2006Festival de Cinema Español de MálagaBiznaga de Prata ao mellor actorEl triunfo
Remake
Gañador
2006Premios da Unión de ActoresMellor actor protagonista de cinemaVete de míGañador
2006Festival Internacional de Cine de DonostiaCuncha de Prata ao mellor actorVete de míGañador
2008Medallas do Círculo de Escritores CinematográficosMellor actorCasual DayGañador
2009Fotogramas de PrataMellor actor de televisiónLos hombres de PacoGañador
2009Festival de Cinema Español de MálagaPremio MálagaGañador
2010Premios da Unión de ActoresMellor actor secundario de cinemaLopeNomeado
2011Premios GoyaMellor actor secundario23-F: la películaNomeado
2013Fotogramas de PrataToda unha vidaGañador
2014Festival de Cinema Español de MálagaBiznaga de Prata ao mellor actorAnochece en la IndiaGañador
2017Festival de Cinema Español de MálagaBiznaga de Prata ao mellor actor secundarioNo sé decir adiósGañador
  1. Agencia France Press (28 de abril de 2022). "Fallece el reconocido actor español Juan Diego". La Razón: la revista (Madrid). Consultado o 28 de abril de 2022.
  2. 1 2 Biografías y Vidas. "Juan Diego". Consultado o 11 de xaneiro de 2012.
  3. Nomeamentos e premios de La casa grande en IMDb.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]