El rey pasmado
| El rey pasmado | |||
|---|---|---|---|
|
Título
| |||
|
Instancia de
| |||
|
Lingua orixinal
| |||
|
Cor
| |||
| Autoría | |||
|
Director/a
| |||
|
Compositor/a
| |||
|
Guionista
| |||
|
Director/a fotografía
| |||
|
Actores
Anne Roussel (Sabela de Francia)
Javier Gurruchaga (pt) Gabino Diego (Filipe IV de España) Enrique San Francisco José Luis Cuerda Luis Barbero Christine Dejoux Joan Potau Pepe Soriano Eulalia Ramón (pt) Ramón Barea Álex Angulo Emma Cohen Joaquim de Almeida Laura del Sol (pt) María Barranco Sara Bilbatua (pt) Juan Diego Carme Elias Fernando Fernán Gómez Eusebio Poncela Paco Catalá (en) | |||
| Temática | |||
|
Ambientado en
| |||
|
Baseado en
| |||
|
Inspirado na obra de
| |||
|
Época ambientación
| |||
| Publicación | |||
|
Produtor/a
| |||
|
Premios
| |||
| Datas | |||
| |||
| Dimensión | |||
| |||
| Localización | |||
| Identificadores | |||
| |||
| Fontes e ligazóns | |||
| Wikidata | |||
El rey pasmado é unha película cómica e histórica española de 1991 dirixida por Imanol Uribe, baseada na novela de Gonzalo Torrente Ballester Crónica del rey pasmado.
Trama
[editar | editar a fonte]A trama está ambientada na corte española de comezos do século XVII. O rei Filipe IV (Gabino Diego), nunha escapada co conde da Peña Andrada, queda abraiado ao contemplar o corpo espido (cunhas calzas vermellas) de Marfisa (Laura del Sol), unha prostituta da Vila, nunha postura similar á do cadro Venus do espello. O rei entón desexa contemplar o corpo espido da súa muller, a raíña Isabel de Borbón (Anne Roussel).
Isto fai que o Grande inquisidor se vexa obrigado a convocar unha xunta de teólogos para debater o asunto. As dúas caras do debate están representadas pola figura do frade Villaescusa (Juan Diego), que asegura que a pretensión do rei é grave pecado que pode traer p castigo a todo o país, e o padre Almeida, un misioneiro xesuíta que replica que a mala sorte dos gobernados depende da capacidade dos seus gobernantes máis ca da súa moralidade, e que o desexo do rei é un asunto privado. Aínda que a raíña está disposta a compracer os desexos do rei, Villaescusa e os seus subalternos fan o posible para frustrar as súas pretensións. Finalmente, grazas á axuda do xesuíta e o conde da Peña Andrada, o rei consegue reunirse coa raíña no Convento de San Plácido e logra o seu obxectivo.
Paralelamente, o Conde-Duque de Olivares (Javier Gurruchaga) teme estar sendo castigado por Deus xa que non logra ter descendencia coa súa muller, polo que pide consello a Villaescusa, quen o informa de que a culpa da esterilidade a ten o pracer que el e mais a súa esposa obteñen á hora de realizar o acto sexual. A solución, de "inspiración divina" proposta por Villaescusa consiste en que o conde e a súa muller copulen no coro da igrexa de San Plácido (moi preto de onde se encontran os reis) diante das monxas do coro. Á saída deste encontro sexual o Conde-Duque de Olivares recibe senllos correos onde o informan da chegada da Frota de Indias a Cádiz con todo o cargamento e a vitoria das tropas españolas na Guerra dos Oitenta Anos. Villaescusa quere facer ver que o feliz desenlace se debe aos sacrificios polos que pasaron, pero o Conde-Duque replícalle que pola data das cartas se ve que a frota chegara a Cádiz dous días atrás, xusto cando o rei fora coa prostituta. O Conde-Duque envía a Villaescusa a Roma cunha carta lacrada onde se pide que non o deixen marchar até que mude a súa actitude.
Actores
[editar | editar a fonte]- Gabino Diego (Filipe IV)
- Anne Roussel (Isabel de Borbón)
- Juan Diego (Villaescusa)
- Javier Gurruchaga (Conde-Duque de Olivares)
- Fernando Fernán Gómez (Gran Inquisidor)
- María Barranco (Lucrecia)
- Joaquim de Almeida (Almeida)
- Eusebio Poncela (Conde de Peña Andrada)
- Laura del Sol (Marfisa)
- Carme Elías (Abadesa)
- Alejandra Grepi (Doña Bárbara)
- Emma Cohen (Duquesa viúva do Maestrazgo)
- Christine Dejoux (Colette)
- Eulalia Ramón (Paca Tavora)
- Enrique San Francisco (Mendigo)
- José Soriano (Rivadesella)
Características
[editar | editar a fonte]A película ten unha ambientación ben documentada. Foi rodada no Palacio do Marqués de Santa Cruz en Viso del Marqués (Cidade Real) e no Mosteiro de Uclés (Cuenca). Do vestiario encargouse Javier Artiñano, e a banda sonora compúxoa José Nieto.
Premios
[editar | editar a fonte]| Categoría | Persoa | Resultado |
|---|---|---|
| Mellor película | Nomeada | |
| Mellor dirección | Imanol Uribe | Nomeado |
| Mellor actor protagonista | Gabino Diego | Nomeado |
| Mellor actriz secundaria | María Barranco | Nomeada |
| Mellor actor secundario | Juan Diego | Gañador |
| Javier Gurruchaga | Nomeado | |
| Mellor guión adaptado | Joan Potau Gonzalo Torrente Malvido |
Ganadores |
| Mellor música orixinal | José Nieto | Gañador |
| Mellor fotografía | Hans Burmann | Nomeado |
| Mellor dirección artística | Félix Murcia | Gañador |
| Mellor dirección de produción | Andrés Santana | Gañador |
| Mellor deseño de vestiario | Javier Artiñano | Gañador |
| Mellor maquillaxe e peiteado | Romana González Josefa Morales |
Gañadoras |
| Mellor son | Gilles Ortion Ricard Casals |
Gañadores |
Outros
- Festival de Cine de Peñíscola - Mellor Guión (Joan Potau e Gonzalo Torrente Malvido)
- Premio ACE (Nova York) - Mellor Director (Imanol Uribe), Mellor Actor secundaria (Juan Diego)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial de Gonzalo Torrente Ballester Arquivado 15 de decembro de 2009 en Wayback Machine.
- El rey pasmado en De Cine 21
- El rey pasmado en Aite-Ariane Films Arquivado 26 de marzo de 2012 en Wayback Machine.