La Distracción
La Distracción foi un periódico editado en Pontevedra en 1847.
Historia e características[editar | editar a fonte]
Subtitulado Periódico de Ciencias y Literatura, apareceu o 15 de maio de 1847. Saía os días 1 e 15 de cada mes. De carácter científico e literario, constaba das seccións: Ciencias naturales, Literatura, Noticias, Precios de mercado e Anuncios. Foron os seus redactores Miguel Rúa, José Ramón Franco e Antolín Esperón e os colaboradores Leopoldo Martínez Padín, José Domínguez Izquierdo, José Puente Brañas, José María Posada, José Benito Amado Boullosa e Juan Cuveiro Piñol. Os sete primeiros números imprimíronse nos obradoiros de Hijos de Vila, 8 pasou aos de Francisco A. Ruíz. Cesou a súa publicación en novembro de 1847.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada: Do Castro. ISBN 84-7492-489-8.