Eulalia Agrelo
Eulalia Agrelo | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Eulalia Agrelo Costas |
Nacemento | 26 de xaneiro de 1974 |
Lugar de nacemento | Asados |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | escritora |
Xéneros | Ensaio |
Estudos | Doutorada en Filoloxía Galego-Portuguesa |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
María Eulalia Agrelo Costas, nada en Asados (Rianxo) o 26 de xaneiro de 1974, é unha filóloga e ensaísta galega.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Graduada en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela. Entre os anos 1998 e 2000 traballou no proxecto Informes de Literatura no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades baixo a dirección de Blanca-Ana Roig, colaborando tamén neste e noutros proxectos do citado Centro, como é o de Dicionarios de Literatura, dirixido por Anxo Tarrío, e o de Narrativa Recuperada, dirixido por Modesto Hermida. Así mesmo, é membro do Grupo de Investigación Investigacións literarias, artísticas, interculturais e educativas. Lecturas textuais e visuais (LITER 21) e membro da secretaría da Rede Temática de Investigación As literaturas infantís e xuvenís do marco ibérico. A súa influencia na formación literaria e lectora (LIXMI). Participou en diversos congresos, encontros e xornadas sobre a literatura infantil e xuvenil galega e sobre a literatura galega en xeral, ademais de colaborar en diferentes volumes, catálogos, revistas e xornais. Por outra parte, foi docente na Universidade de Deusto (2003-2009) e tamén profesora de lingua e literatura galega no ensino medio.[1]
Da institución escolar ao centro do canon: Agustín Fernández Paz é a súa tese de doutoramento dirixida por Blanca-Ana Roig.[2]
É profesora axudante na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte na Campus de Pontevedra da Universidade de Vigo, Departamento de Didácticas Especiais.[3] En 2021 foi nomeada resposábel de cultura do Campus.[4]
Colaborou no Anuario de investigación en literatura infantil y juvenil, Elos: revista de literatura infantil e xuvenil, Boletín Galego de Literatura e Revista Galega do Ensino.
Obras[editar | editar a fonte]
Edición[editar | editar a fonte]
- Obra narrativa en galego, de Aurelio Ribalta, 2000, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
- Francisco Rodríguez Gey : palabras desde la emigración (2014). Concello de Rianxo.[5]
- Guerras mundiais na literatura infantil e xuvenil galega: roles femininos (2017). Coord. por María Eulalia Agrelo Costas. Universidade de Santiago de Compostela, Servizo de Publicacións e Intercambio Científico. ISBN 978-84-16954-51-3.
Obras colectivas[editar | editar a fonte]
- A aventura de oír, contar e ler, 2002, Consellería de Cultura.
- A nosa literatura infantil e xuvenil 2000, 2002, Gálix/Xunta de Galicia.
- Narrativa e promoción da lectura no mundo das novas tecnoloxías, 2002, Consellería de Cultura.
- A nosa literatura infantil e xuvenil 2002, 2004, Galix/Xunta de Galicia.
- A memoria das guerras na literatura infantil e xuvenil en lingua galega, 2004, Xerais.
- Amador Montenegro Saavedra e a súa obra narrativa en galego, 2007, Centro Ramón Piñeiro.
- Historia da Literatura Infantil e Xuvenil Galega, 2015, Xerais.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Eulalia Agrelo Costas". www.aelg.gal. Consultado o 2021-02-02.
- ↑ Costas, María Eulalia Agrelo (2015). "Da institución escolar ao centro do canon: Agustín Fernández Paz" (en castelán). Universidade de Santiago de Compostela.
- ↑ "María Eulalia Agrelo Costas Universidade de Vigo". www.uvigo.gal. Consultado o 2021-02-02.
- ↑ "A profesora Eulalia Agrelo, nova responsable de cultura do campus Universidade de Vigo". www.uvigo.gal. Consultado o 2021-02-02.
- ↑ "datos.bne.es". datos.bne.es (en castelán). Consultado o 2021-02-02.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Eulalia Agrelo ![]() |