José Vicente Barbosa du Bocage

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José Vicente Barbosa du Bocage
Bocage-JV-Barbosa-du-1823-1.jpg
José Vicente Barbosa du Bocage
Nacemento2 de maio de 1823
 Funchal
Falecemento3 de novembro de 1907
 Lisboa
NacionalidadeReino de Portugal e Portugal
Educado enUniversidade de Coimbra
Ocupaciónzoólogo e político
editar datos en Wikidata ]

José Vicente Barbosa du Bocage, nado o 2 de maio de 1823 en Funchal, Madeira, e finado o 3 de novembro de 1907 en Lisboa foi un zoólogo e político portugués.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De 1839 a 1846, Bocage estudou na Universidade de Coímbra. Ao licenciarse, desde 1851 foi profesor da cátedra de zooloxía da Escola Politécnica de Lisboa (máis tarde, Facultade de Ciencias da Universidade de Lisboa), donde ensinou durante máis de 30 anos.

En 1858 tamén foi nomeado director científico e comisario de zooloxía do Museo de Historia Natural da Escola Politécnica (e despois, conservador de zooloxía no Museo de Historia Natural de Lisboa).

O seu traballo no Museo consistiu na adquisición, descrición e coordinación das coleccións, moitas delas chegadas das colonias portuguesas en África, como Angola, Mozambique, etc., enviados por notábeis naturalistas tales como José Alberto de Oliveira Anchieta (1832–1897). Para eses propósitos, Bocage estandarizou os procedementos para recolectar, preparar e enviar espécimes ao Museo, no seu texto Instrucções Practicas sobre o Modo de Colligir, Preparar e Remetter Productos Zoológicos para o Museu de Lisboa (1862).

En 1860 tivo éxito no se empeño de volver a ter algunhas coleccións que foran retiradas do Museo durante a invasión napoleónica de Portugal, que incluían mostras de alto valor recollidas polo naturalista francés Étienne Geoffroy Saint-Hilaire (1772–1844) en Brasil.

En 1875 foi elixido vicepresidente da Academia Real das Ciências de Lisboa.

Bocage publicou máis de 200 artigos taxonómicos acerca de mamíferos, aves, réptiles, anfibios, peixes e moitas outras. Foi o responsábel de identificar moitas novas especies, que el designou co nome do naturalista que os encontrou. (Por exemplo, ducias de novas especies recibiron o epiteto de anchietae, na honra do seu colega).

Retirouse das actividades educativas e científicas en 1880, aínda que se mantivo como director do Museo, até que dedicou a súa vida restante á política.

Na política[editar | editar a fonte]

Na década de 1880, despois de retirarse como profesor, foi ministro da Mariña e das posesións de Ultramar, e máis tarde, desde 1883 a 1886, Ministro de Asuntos Exteriores de Portugal.

Algunhas publicaciones[editar | editar a fonte]

  • A ornitologia dos Açores, 1866
  • Aves das possessões portuguesas d’ Africa occidental que existem no Museu de Lisboa, da 1ª à 24ª lista, 1868 a 1882
  • Lista dos répteis das possessões portuguesas d’ Africa occidental que existem no Museu de Lisboa, 1866
  • Notice sur un batracien nouveau du Portugal, 1864
  • Diagnose de algumas espécies inéditas da família Squalidae que frequentam os nossos mares, 1864
  • Peixes plagiostomos, 1866
  • Ornithologie d’Angola, 1881 and 1877
  • Herpethologie d’Angola et du Congo, 1895

Lista comleta das súas publicacións[editar | editar a fonte]

Abreviatura[editar | editar a fonte]

A abreviatura Bocage emprégase para recoñecer a José Vicente Barbosa du Bocage como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Honores[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Almaça, C. (1987): "A Zoologia e a Antropologia na Escola Politécnica e na Faculdade de Ciências (até 1983)". Fac. Ciências da Univ. Lisboa. Passado/Presente e Perspectivas Futuras, 150º aniversário da Escola Politécnica, 75º aniv. Fac. Ciências: 293-312.
  • Burnay E. (1903): "Comemorações Sociaes – O conselheiro Barboza du Bocage". Boletim da Sociedade de Geographia de Lisboa, 21ª serie, nº 7: 245-253
  • Osório, B. (1915): "Elogio Histórico do Illustre Naturalista e Professor J. V. Barboza du Bocage". Memórias do Museu Bocage: 1-42.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]