Paul Henri Fischer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPaul Henri Fischer

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento7 de xullo de 1835
París
Morte29 de novembro de 1893
París
Cargos
Presidente da Sociedade Xeológica de Francia
Datos persoais
País de nacionalidadefrancesa
Formación profesionalDoutor en Medicina
EducaciónUniversidade de París
Coñecido porPolas súas descricións e clasificación dos moluscos
Actividade
Campo de traballoZooloxía, Moluscos, Malacoloxía e paleontoloxía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónzoólogo, malacólogo, paleontólogo
EmpregadorMuseo Nacional de Historia Natural de Francia
Membro de
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoGuerra franco-prusiana Editar o valor em Wikidata
Obra
Abreviatura do autor en zooloxíaP. Fischer Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeHortense Victorine Massemin
FillosPierre Marie Henri Fischer
ParentesPaul Fischer (pt) Traducir (neto) Editar o valor em Wikidata
Premios
Cabaleiro da Legion d'Honneur
Membro da Société Géologique de France
Membro da Société Zoologique de France
Membro da Société Linnéenne de Bordeaux


Paul Henri Fischer (grafado ás veces como Paul-Henri Fischer) foi un médico, paleontólogo e zoólogo francés especializado en malacoloxía.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Cylindrobulla beauii.
En: "Description d'espèces nouvelles". Journal de conchyliologie.
Cylindrobulla beauii.
En: "Description d'espèces nouvelles". Journal de conchyliologie.

Paul Henri Fischer naceo o 7 de xullo de 1835 en París. Era fillo dun comerciante de tecidos. Con só 13 anos perdeu ao seu pai. A súa nai volveu con el á súa cidade natal, Bordeos, e en 1837 casou de novo con M. Dégranges, unha persoa moi distinguida da cidade. Dégranges ocupouse do neno e tratouno como o seu propio fillo. O seu sogro tiña un gabinete cunha pequena colección de cunchas. Ao xove Fischer gustáballe estar alí e arraxalas. Suponse que nese gabinete xurdiu o seu interese pola ciencia, porque aos 14 anos insistiu en que só a ciencia atraíao e que quería ser médico.

Seu padrastro e a súa nai, que preveran para el unha carreira como comerciante, aceptaron a súa forte vocación e matriculárono no lycée (instituto de bacharelato) de Bordeos. Incluso na súas vacacións escolares dedicábase a estudar historia natural. Aos 16 anos, a Société Linnéenne de Bordeaux condecorouno cunha medalla de prata. As súas investigacións da fauna malacolóxica terrestre e fluvial da Xironda indicaron a existencia de especies descoñecidas.[1][2]

Aos 18 anos Fischer decidiu ir a París para cursar estudos de Medicina. En 1859 terminou os seus estudos. Despois duna defensa brillante obtivo a súa aprobación como médico. Durante o seu internado pasou polos hospitais Lariboisière, Hôpital des Enfants e Hôpital à la Pitié. Terminou o seu internado o 21 de novembro de 1863 e obtivo o título de Doutor en Medicina. Ao aoo seguinte casou con Hortense Victorine Massemin en París.[3] O 7 de novembro de 1865 naceu seu fillo Pierre Marie Henri.[4][1]

A guerra franco-prusiana (1870-1871) e a conseguinte Comuna de París (1871) afectaron a vida de toda a sociedade francesa, debido a que puxeron fin ao Segundo Imperio. Durante a guerra, P. H. Fischer foi nomrado aide-major das Ambulances de la Presse (decreto do 15 de setembro de 1870). Xunto a outras, as ambulancias como á da Prensa ou a da Société française de Secours au Blessées Militaires, foron precursoras privadas da Cruz Vermella francesa. Os seus membros recollían e coidaban aos feridos, e desprazábanos e tratábanos en hospitais. Desde entón Fischer traballou sen descanso até finais de xuño de 1871 como cirurxián en catro ambulancias de París. Polo seu traballo foi nomeado chevalier da Légion d'Honneur (unha condecoración francesa de alto rango) o 19 de agosto de 1871, e a recibiu o 24 de xaneiro de 1872.[4][1]

Durante case dez anos despois do fin da súa educación traballou con éxito como médico, pero nunca deixou a malacoloxía. Ao contrario, atraíalle cada vez máis, até que se dedicou completamente a ela. Desde 1861 fora asistente de Adolphe d'Archiac no Instituto Paleontolóxico (Laboratoire de Paléontologie) do Museo Nacional de Historia Natural de Francia (MNHN), que comntiña unha das máis grandes coleccións de historia natural. En 1872 foi ascendido como axudante naturalista na cátedra de Paleontoloxía. Despois da morte do profesor G.-P. Deshayes, Fischer postulouse para o posto vacante da cátedra de Malacoloxía sen ter éxito.[1] Pero decepcións como esta nunca diminuíron a súa paixón pola malacoloxía. Entre 1863 e 1891 foi moi produtivo. Non soamente realizou traballos de campo, tamén fixo investigacións e contribucións teóricas dentro do círculo dos especialistas, e tamén se dedicou a propagar os seus coñecementos tanto ao mundo científico como ao público en xeral.

Desde 1856 Fischer traballou como editor da revista Journal de conchyliologie e, a partir de 1861, con J. C. H. Crosse como coeditor. Con Crosse tivo unha cooperación moi proveitosa e unha amizade que durou até o final da súa vida. En 1864 publicou a Faune conchyliologique marine... sobre especies de moluscos ao longo da costa do Atlántico e complementou o dossier seguinte por suplementos. Despois avaliou o material recompilado en diversas viaxes científicas. E con J. C. H. Crosse investigou o material da Expédition scientifique du Mexique (1869-1893) e das viaxes de A. Grandidier a Madagascar (até 1889). En 1877 publicou un estudo sobre o material paleontolóxico da illa de Rodas de J. R. Tournouër. Entre 1873 e 1880 escribiu a última monografía dentro da serie Spécies général et iconographie des coquilles vivantes, de libros conquiolóxicos, empezado por J. C. Kiéner. Desde 1880 a 1883 formou parte de catro expedicións para recolectar exemplares de fauna submarina de mares profundos. Investigou logo os moluscos, tanto das expedicións francesas como das de Mónaco e publicou os resultados entre 1891 e 1892.

De 1881 a 1887 traballou intensamente na súa obra principal: o Manuel de conchyliologie et de paleontologie conchyliologique. Tamén participou activamente na comunidade de malacólogos. A partir de 1867 tomou parte en sesións da Société Géologique de France,[5] foi membro do seu consello en 1877[6] e foi elixido seu presidente en 1881.[7]

En 1882 entrou na Société Zoologique de France,[8] e foi elixido como o seu presidente en 1886.[9] En 1893 foi nomeado membro fundador da Malacological Society of London.

Ao final da súa vida caeu gravemente enfermo. A situación foi difícil porque a súa enfermidade era longa e mortal. Aínda que sufrindo, durante os seus últimos meses en 1893 traballaba cos seus colegas na Mission scientifique au Mexique.... O 29 de novembro de 1893 Paul Henri Fischer faleceu.

Unha dinastía de malacólogos[editar | editar a fonte]

Paul Henri Fischer formaou parte duna dinastía de malacólogos. Seu fillo Pierre Marie Henri Fischer (1865-1916), a súa sogra Louisa Piette (1871-1954), os seus netos Edouard Fischer-Piette (1899-1988) e Paul Fischer (1898-2003), e os seus bisnetos Henri Jean Louis (1936) e Danielle (1938), foron ou son malacólogos ou están relacionados coa malacoloxía ou co Journal de Conchyliogie.[10]

Algunhas publicacións[editar | editar a fonte]

Abreviatura[editar | editar a fonte]

A abreviatura P. Fischer emprégase para recoñecer a Paul Henri Fischer como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Crosse, H. (1894): "Paul Henri Fischer". En Journal de Conchyliologie 42: 5-12 URL
  2. Bordage, E. (1894): "Paul Henri Fischer". En Nature 49 (1225): 296-296. PDF.
  3. Marie de Paris, 5° Arrondissement; Archive National: Dossier LH/976/69; 26.02.1864; URL
  4. 4,0 4,1 Legion d'Honneur; Archive National: Dossier LH/976/69; URLs: 1, 2
  5. Bulletin de la SGF; Ser.2, 24: 457; La Société Géologique de France (SGF): París,1867; URL
  6. Bulletin de la SGF; Ser.3, 5: 164; La Société Géologique de France (SGF): París, 1877; URL
  7. Bulletin de la SGF; Ser.3, 9: 151; La Société Géologique de France (SGF): París, 1881; URL
  8. Bulletin de la SZF, 7: x; Société zoologique de France (SZF): Paris, 1882;URL
  9. Bulletin de la SZF; 11: ii; Société zoologique de France (SZF): Paris, 1886; URL
  10. Marmont, D. & Ponder, J. M.: (2004): "Obituary. Dr. Paul Fischer. 1835-1898". Molluscan Research 24: 131-133. PDF

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]