José Alberto de Oliveira Anchieta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José Alberto de Oliveira Anchieta
Nacemento9 de outubro de 1832
 Lisboa
Falecemento14 de setembro de 1897
 Caconda
NacionalidadePortugal
Alma máterUniversidade de Coimbra
Ocupaciónexplorador e zoólogo
editar datos en Wikidata ]
Laboratorio de Anchieta en Caconda.

José Alberto de Oliveira Anchieta, nado o 9 de outubro de 1832 en Lisboa, e finado o 14 de setembro de 1897 en Caconda, Angola, foi un explorador e naturalista portugués.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Anchieta naceu en 1832 en Lisboa, e comezou os seus estudos de matemáticas na Universidade de Coímbra. Debido á súa tenaz independencia e ao seu carácter excéntrico, porén, non se adaptou ben á universidade e trasladouse á Escola Politécnica de Lisboa

En 1857 un dos seus amigos máis cercanos trasladouse a Cabo Verde, colonia portuguesa no océano Atlántico ao oeste de África e Anchieta foi a reunirse con el. Alí pasou o seu tempo estudando a flora e a fauna da illa de Santo Antão, a máis oriental do arquipélago, e finalmente terminou axudando aos seus habitantes como médico afeizoado (el tiña estudado algúns medicamentos). Unha epidemia de cólera matou á maioría dos habitantes da iila, e el case morreu tamén, pero puido volver a Portugal despois de dous anos.

Despois, de acordo co que el cría que era a súa vocación, estudou medicina en Lisboa, Londres e París, pero non puido completar a carreira e volveu a África, esta vez a Angola, a maior das colonias da África Occidental Portuguesa, en 1865, xa a casado, e a súa esposa acompañouno. Permaneceu na rexión de Benguela, establecendo un laboratorio dentro das ruínas dunha igrexa, dedicándose á exploración e á recollida de animais, até que, en 1867, o goberno portugués o contratou como naturalista, aínda que o máis probábel é que Anchieta fora recrutado como axente secreto e informador.[1]

Anchieta viviu en Angola até 1897, data da súa morte. Tivo éxito como explorador do interior e como naturalista e, despois de estudar e recoller numerosas novas especies animais e plantas, regresou a Portugal. Aínda que a maioría das súas coleccións se perderon cando a súa canoa naufragou nun río, doou o que quedaba ao Museo de Historia Natural da Escola Politécnica lisboeta, onde os espécimes foron examinados e catalogados por zoólogos e botánicos, particularmente por José Vicente Barbosa du Bocage.

Moitas das especies de mamíferos, aves, réptiles, anfibios, e peixes descritos por el eran descoñecidos até a data e así foron nomeados anchietae na súa honra por Bocage e outros.

Anchieta foi o máis importante explorador de Angola no século XIX. Era curiosa a súa biblioteca, non só porque As mil e unha noites cohabitaban con obras científicas, entre elas, nas que fundamentou o seu traballo, como Ornithologie d'Angola e Herpéthologie d'Angola et du Congo, de J. V. Barboza du Bocage. [2]

Publicou algúns artigos, pero non foi é iso o que o caracterizou. Desde o punto de vista científico, non era un naturalista de gabinete, senón un naturalista de campo, un explorador, polo tanto eran outros os que escribía, el sobre todo lía, non publicaba.[2]

En total, segundo Bocage, Anchieta foi o responsábel de identificar 25 novas especies de mamíferos, 46 de aves e 46 réptiles e anfibios. Non lle importaba moito escribir artículos científicos, porén deixou esta tarefa aos seus colegas de Lisboa, cos que mantiña correspondencia.

Algunhas especies que levan o seu nome[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Beolens, Bo; Watkins, Michael & Grayson, Michael (2014): The Eponym Dictionary of Birds. London: Bloomsbury Publishing. ISBN 978-4-7290-5734-1.
  2. 2,0 2,1 Maria Estela Guedes: José de Anchieta, o feiticeiro. O naturalista José de Anchieta en Triplov.com (en portugués).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]