Eduardo Gasset Artime
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (es) Eduardo Gasset y Artime 12 de xuño de 1832 Pontecesures, España |
| Morte | 20 de maio de 1884 Madrid, España |
| Lugar de sepultura | camposanto de San Isidro 40°24′06″N 3°43′36″O / 40.401669, -3.726567 |
| 14 de decembro de 1883 – 20 de maio de 1884 | |
| 2 de maio de 1879 – 31 de marzo de 1884 ← Rafael Antonio Orense – José Bermúdez de la Puente → Circunscrición electoral: Padrón | |
| 12 de setembro de 1872 – 22 de marzo de 1873 ← Rafael Antonio Orense – Manuel Rey Gosende → Circunscrición electoral: Padrón | |
| 6 de setembro de 1872 – decembro de 1872 Circunscrición electoral: Teruel (en) | |
| 13 de xuño de 1872 – 19 de decembro de 1872 ← Adelardo López de Ayala – Tomás María Mosquera García → | |
| 22 de abril de 1871 – 24 de xaneiro de 1872 Circunscrición electoral: Cambados | |
| 16 de febreiro de 1869 – 2 de xaneiro de 1871 – Luciano Puga Blanco → Circunscrición electoral: Santiago de Compostela | |
| 3 de xaneiro de 1866 – 31 de decembro de 1866 Circunscrición electoral: Santiago de Compostela | |
| 1865 – | |
| 3 de maio de 1864 – 23 de xuño de 1864 ← Leoncio Rubín de Celis Oroña Circunscrición electoral: Ponte Caldelas | |
| 21 de febreiro de 1859 – 12 de agosto de 1863 Circunscrición electoral: Padrón | |
| | |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Madrid |
| Ocupación | político, xornalista |
| Partido político | Partido Demócrata-Radical |
| Familia | |
| Fillos | Dolores Gasset Chinchilla, Eduardo Gasset Chinchilla, Rafael Gasset Chinchilla |
| Descrito pola fonte | Ensayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX (1903-1904), (sec:Gasset y Artime (Eduardo), p.167) Enciclopedia universal ilustrada europeo-americana (1908-1930), (vol:XXV, sec:Gasset y Artime (Eduardo), p.997) |
Eduardo Gasset Artime, nado en Pontevedra[1] o 12 de xuño de 1832 e finado en Madrid o 20 de maio de 1884, foi un político, escritor e xornalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Era fillo de José Gasset Montaner (un militar que moi pronto se retirou e despois foi funcionario de Correos en Pontevedra, da Dirección Xeral de Lotarías e xefe da aduana de Padrón) e mais de Águeda Artime. Traballou desde moi novo no Banco de San Fernando e no Ministerio de Facenda.
Como político iniciouse en 1858 na Unión Liberal. Foi deputado polos distritos de Padrón, Pontecaldelas e Santiago de Compostela (1858-1866). En 1865 foi nomeado gobernador civil de Pontevedra. Durante o Sexenio Democrático foi deputado por Santiago de Compostela, Cambados e Padrón. Tras ser concelleiro en Madrid, foi nomeado Ministro de Ultramar en 1872, cargo do que dimitiu ó non estar de acordo co Goberno na abolición da escravitude, polas consecuencias que podía ter na situación de Cuba e Porto Rico. Aceptou a restauración en 1874 e foi deputado por Padrón (1878-1881).
Como xornalista comezou colaborando en Las Novedades e en 1855 no Semanario Pintoresco Español, cos poemas "Duerme hijo mío", "La paz del alma" e "Fábula". Posteriormente pasou a ser director deste semanario.
En 1862 fundou o xornal El Eco del País, órgano oficioso do partido unionista e en 1867 El Imparcial, de tendencia liberal, que foi un dos periódicos máis influente en España a finais do século XIX e principios do XX. Tamén fundou en 1870 o xornal La Ilustración de Madrid.
Escribiu poesía, pertencendo ó coñecido como grupo dos prebecquerianos. Foi un dos fundadores e accionistas da Institución Libre de Enseñanza, e membro inicial da Asociación de Escritores y Artistas.
Casado en 1855 con Rafaela Chinchilla tivo sete fillos, entre eles os políticos Eduardo e Rafael Gasset Chinchilla. Outros irmáns deles foron Ramón, Manuela e Dolores Gasset, esta última foi a nai de José Ortega y Gasset. Viviu no pazo da Torre de Xunqueiras, na Pobra do Caramiñal.
Aparece mencionado na IV entrega do artigo "Padrón y las inundaciones" de Rosalía de Castro.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Eduardo Gasset Artime. Real Academia da Historia.
- ↑ Publicado en La Ilustración Gallega y Asturiana o 28 de marzo de 1881 Arquivado 24 de setembro de 2018 en Wayback Machine..