Gerardo Gasset Neira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Gerardo Gasset Neira
Nacemento1899
 A Pobra do Caramiñal
Falecemento2 de maio de 1969
 Vedra
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónavogado e escritor
PaiEduardo Gasset Chinchilla
editar datos en Wikidata ]

Gerardo Gasset Neira, nado na Pobra do Caramiñal en 1899 e finado no pazo de Vistalegre (A Ponte Ulla, Vedra) o 2 de maio en 1969,[1] foi un avogado e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Eduardo Gasset Chinchilla, vencellado á Torre de Xunqueiras. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Ingresou na carreira diplomática en 1930 e ocupou postos diplomáticos en Perú e Portugal. Foi crítico do xornal El Imparcial, colaborou en Galicia e despois da guerra civil en El Pueblo Gallego. Como escritor estivo moi influenciado, aínda que dun xeito superficial, por Valle-Inclán.

Obras[editar | editar a fonte]

  • El impresionable. Novela, 1921.
  • A la deriva. Proceso de una vocación, 1925. Reeditada polo museo Valle-Inclán de Pobra do Caramiñal en 2001.
  • Nuestra Señora de Gundián. Misterio en una jornada y dos cuadros , 1945.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 4-5-1969, p. 20

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]