José María Olazábal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "José María Olazabal")
Olazabal en 2009.

José María Olazabal Manterola, coñecido tamén como Txema Olazabal, nado en Hondarribia o 5 de febreiro de 1966 é un golfista vasco e un dos principais golfistas europeos das últimas dúas décadas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

No seu palmarés inclúense dúas chaquetas verdes ao vencer no Masters de Augusta nas edicións de 1994 e 1999. Ademais participou en 7 ocasións na Ryder Cup (1987, 1989, 1991, 1993, 1997, 1999 e 2006), gañando catro delas co combinado europeo (1987, 1989, 1997 e 2006), sendo un dos compoñentes máis destacados do equipo ao longo da súa historia, tanto polo número de participacións como no número e porcentaxe de puntos obtidos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]