José María Benegas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José María Benegas
Txiki Benegas en el 38 Congreso del PSOE-2.jpg
Nacemento25 de xullo de 1948
 Caracas
Falecemento25 de agosto de 2015
 Madrid
Causacancro
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Valladolid
Ocupaciónpolítico e avogado
FillosPablo Benegas
IrmánsDoris Benegas
PremiosGran Cruz da Orde do Mérito Civil
editar datos en Wikidata ]

José María Benegas Haddad, coñecido como «Txiki» Benegas, nado en Caracas25 de xullo de 1948 e finado en Madrid o 25 de agosto de 2015, foi un político e avogado español.[1] Membro do Partido Socialista de Euskadi integrado no Partido Socialista Obrero Español. Licenciado en Dereito, foi deputado no Congreso desde 1977, obtendo a última vez o escano en 2011 por Biscaia.

Foi membro da Comisión Executiva Federal do PSOE como secretario de Organización e como vogal, sendo chave a súa participación no Congreso de Suresnes para a elección de Felipe González como líder da organización. Foi importante a súa achega no debate do proxecto da Constitución de 1978 e do Estatuto de Guernica de 1979.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Venezuela, fillo de pai vasco (o avogado donostiarra José María Benegas Echeverría, militante do Partido Nacionalista Vasco e exiliado en Venezuela por mor da Guerra Civil) e de nai venezolana de orixe libanesa e xudía, Doris Haddad. A súa irmá Doris Benegas (1951-2016) foi unha política nacionalista castelá e presidenta do partido Esquerda Castelá.[2] Presentouse ás eleccións europeas de 2009 como número dous da candidatura Iniciativa Internacionalista, que encabezou Alfonso Sastre.

Estaba casado con Maite Urabayen, coa que tivo dous fillos, Teresa e Pablo Benegas (1976), este último integrante do grupo musical español La Oreja de Van Gogh.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]