Pablo Benegas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Pablo Benegas
La oreja de Van Gogh - Rock in Rio Madrid 2012 - 38.jpg
Rock in Rio, Madrid, 2012
Nome completoPablo Benegas Urabayen
Nacemento21 de xuño de 1976 (42 anos)
OrixeDonostia (Guipúscoa)
Ocupaciónguitarrista e compositor
XéneroPop
Instrumento(s)guitarra
Relacionado conLa Oreja de Van Gogh
editar datos en Wikidata ]

Pablo Benegas Urabayen, nado en Donostia (Guipúscoa) o 21 de xuño de 1976, é un guitarrista e compositor vasco, membro do grupo pop La Oreja de Van Gogh.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É fillo do político e ex-presidente do Partido Socialista de Euskadi Txiki Benegas e mais de Maite Urabayen. Os seus tíos tamén están inmersos no mundo da política, pois a súa tía é a política nacionalista e presidenta do partido Izquierda Castellana, Doris Benegas. Doutra banda, seu tío é tamén un político nacionalista Luis Ocampo.

Ademais da súa carreira musical en La Oreja de Van Gogh, gravou unha curtametraxe coa súa actual muller, Eider Ayuso, chamada "La promesa".

En La Oreja de Van Gogh[editar | editar a fonte]

É o letrista, xunto con Xavi San Martín (teclista), e guitarrista do grupo. Realizou letras en solitario para os temas Pesadilla, La chica del gorro azul e Manhattan, e compuxo outros temas canda outros membros do grupo.