Saltar ao contido

Xunta Electoral Central

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Xunta Electoral Central (en castelán: Junta Electoral Cental) é un Órgano Superior da Administración Electoral de España. Forma parte das Xuntas Electorais Provinciais, das Xuntas Electorais de Zona e das Xuntas Electorais da Comunidade Autónoma, así como das Mesas Electorais, sendo a XEC o único órgano permanente. As demais son constituídas cando se convoca proceso electoral. Ten como función garantir a transparencia do proceso electoral e supervisar a actuación da Oficina do Censo Electoral.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Ten sede en Madrid, segundo a Lei Orgánica 5/1985, de 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral​[1]. Está formada por oito vogais maxistrados do Tribunal Supremo de España e cinco vogais catedráticos de Dereito ou de Ciencias Políticas e de Socioloxía, en activo, o secretario xeral do Congreso dos Deputados como secretario, e o director da Oficina do Censo Electoral, este último, con voz, pero sen voto. Os seus acordos adoitan tomarse por unanimidade[Cómpre referencia].

Funcións

[editar | editar a fonte]

Entre as súas funcións están garantir que os partidos políticos e as administracións non empreguen recursos públicos para facer campaña electoral ou publicitar aos partidos que están a gobernar así como atender as denuncias que os distintos partidos políticos poidan presentar polo uso partidista de medios públicos. As súas deliberacións e indicacións son de obrigado cumprimento para as administracións e partidos políticos podendo sancionar o seu incumprimento e pedindo á fiscalía que emprenda accións legais contra os que non as acaten. Tamén pode a XEC dar ordes directas á Administración e ás forzas e corpos de seguridade do Estado.

Composición

[editar | editar a fonte]

A actual xunta electoral central creouse o primeiro de outubro de 2017 tras meses de bloqueo e está formada por:

Presidencia
Vicepresidencia
Vogalías de maxistratura do Tribunal Supremo designadas polo Consello Superior do Poder Xudicial
Vogalías designadas polo Congreso dos Deputados
Secretaría
  • Carlos Gutiérrez Vicén
Presidencia do INE e Dirección da Oficina do Censo Electoral
  1. Ley Orgánica 5/1985, de 19 de Junio, del régimen electoral general. en juntaelectoralcentral.es (en castelán).
  2. Administración Electoral. Junta Electoral Central. Composición (en castelán).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]