Premio José Couso de Liberdade de Prensa
Aparencia
Premio José Couso de Liberdade de Prensa | |
---|---|
Tipo | premio |
Nomeado en referencia a | José Couso Permuy |
País | España |
Na rede | |
http://www.xornalistas.com/couso/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Premio José Couso de Liberdade de Prensa[1] é un galardón concedido polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e o Club de Prensa de Ferrol en recoñecemento ao traballo de individuos e organizacións comprometidos co dereito á liberdade de información. Creouse en homenaxe ao reporteiro gráfico José Couso, que morreu durante a invasión de Iraq de 2003 polos disparos dun carro de combate estadounidense contra o Hotel Palestine da capital iraquí no que se atopaba.
O galardón é unha estatuíña do escultor Manuel Patinha chamado Ás Ceibes.[2][3]
Lista de galardóns[3]
[editar | editar a fonte]- I edición, 2005: Ali Lmrabet, periodista e diplomático marroquí.
- II edición, 2006: Le Monde Diplomatique, publicación francesa.
- III edición, 2007: Jon Lee Anderson, periodista estadounidense.
- IV edición, 2008: José Vidal-Beneyto, filósofo e sociólogo español.
- V edición, 2009: Rosa María Calaf, periodista española.
- VI edición, 2010: Daniel Anido e Rodolfo Irago, periodistas españois.[4]
- VII edición, 2011: Wikileaks, web que publica informes anónimos e documentos filtrados considerados de interese público.[5]
- VIII edición, 2012, Consello de Informativos de TVE.
- IX edición, 2013, Mónica García Prieto.
- X edición, 2014, Ricardo García Vilanova, Javier Espinosa e Marc Marginedas, xornalistas españois.
- XI edición, 2015, Jordi Évole, xornalista español.
- XII edición, 2016, Miguel Ángel Aguilar, xornalista español
- XIII edición, 2017, Xosé Hermida[6]
- XIV edición, 2018, Julia Otero, xornalista galega.[7]
- XV edición, 2019, Defende a Galega.[8]
- XVI edición, 2020, Manuel Rico.[9]
- XVII edición, 2021, Lorenzo Milá.[10]
- XVIII edición, 2022, Érika Reija.[11]
- XIX edición 2023, Marcos Méndez Moreira.[12]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Nacho Carretero, Ramón Chao, Zehra Doğan e Julia Otero, finalistas do Premio Couso, Praza Pública, 20 de marzo de 2018.
- ↑ O Premio Arquivado 19 de xuño de 2012 en Wayback Machine., Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia
- ↑ 3,0 3,1 «"Wikileaks gana el VII Premio José Couso a la libertad de prensa», El País, 8 de abril de 2011 (en castelán).
- ↑ «Premio José Couso á Liberdade de Prensa para Daniel Anido e Rodolfo Irago Arquivado 01 de decembro de 2011 en Wayback Machine.», Cadena SER, 15 de abril de 2010
- ↑ «O portal Wikileaks gañou o VII Premio José Couso á Liberdade de Prensa Arquivado 10 de abril de 2011 en Wayback Machine.», Yahoo! Noticias, 8 de abril de 2011
- ↑ Praza Pública (ed.). "Nacho Carretero, Ramón Chao, Zehra Doğan e Julia Otero, finalistas do Premio Couso". Consultado o 21 de marzo de 2018.
- ↑ Lombao, David. Praza Pública, ed. "Julia Otero gaña o XIV Premio José Couso á liberdade de prensa". Consultado o 16 de abril de 2018.
- ↑ "El colectivo 'Defende a Galega' gana el XV Premio José Couso de Libertad de Prensa". Eldiario.es (en español). 13 de abril de 2019. Consultado o 15 de abril de 2019.
- ↑ "Manuel Rico gaña o Premio Couso trala súa investigación sobre a xestión das residencias na pandemia". Praza Pública. 2021-04-14. Consultado o 2021-04-16.
- ↑ "Manuel Rico e Lorenzo Milá reciben os seus premios Couso nunha...". Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia. Consultado o 2021-05-19.
- ↑ "Érika Reija gaña o Premio José Couso nunha reivindicación do papel dos medios públicos e do xornalismo nas guerras". Praza Pública. 2022-04-25. Consultado o 2022-04-26.
- ↑ Press, Europa (2023-05-06). "El periodista freelance Marcos Méndez recibe el XIX Premio José Couso en Ferrol". www.europapress.es. Consultado o 2024-07-17.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Premio José Couso de liberdade de prensa Arquivado 19 de abril de 2018 en Wayback Machine., páxina oficial.