Fernando González "Gonzo"

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Fernando González "Gonzo"
Fernando González «Gonzo».jpg
Gonzo nunha entrevista para o programa El Intermedio.
Nome completoFernando González González
AlcumeGonzo
Nacemento29 de xullo de 1976
 Vigo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista
editar datos en Wikidata ]

Fernando González, alcumado Gonzo, nado en Vigo en 1976 aínda que con orixes familiares en Riotorto (Lugo)[1], é un xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Despois de traballar en diversos medios como xornalista, como Radio Nacional de España ou La Opinión da Coruña, Fernando González debutou na televisión no programa Caiga Quien Caiga, dirixido nesa época polo humorista Manel Fuentes. Encargábase da sección chamada "¡Proteste ya!", que recollía protestas cidadás e as confrontaba co que dicían os políticos afectados, nun xeito de xornalismo de participación e implicación. Despois de rematar ese programa, mudouse para Antena 3, onde ensaiou o mesmo xénero de xornalismo-protesta, pero nunha emisión propia e presentada exclusivamente por el. A aventura non lle durou moito; a canle unha vez rematado o verán optou por converter o programa nun espazo adicado aos sucesos e a información do corazón e foi nese intre cando o presentador galego dixo basta. O programa continuou sen a súa presenza pero foi suprimido ás dúas semanas. Dende entón Antena 3 emite un magazine a base de prensa rosa e sucesos como principais ingredientes e que mantén o mesmo índice de audiencia que colleitara El Método Gonzo nas súas derradeiras semanas.

A seguinte aventura de Gonzo en Antena 3 concretouse en 4 documentais nos que se revisaban feitos históricos como a construción do Valle de los Caídos e a polémica sobre os republicanos alí enterrados ao longo de 30 anos, o incidente nuclear de Palomares ou a historia de Sanz Briz, o "Schlinder español".

Posteriormente o xornalista vigués estreouse na TVG ao fronte da A caixa negra, no que se fan revisións dos acontecementos máis salientables da historia recente de Galicia. A terceira reportaxe, na que se lembrara o mal das vacas tolas, foi censurado pola directora da TVG, Rosa Vilas, no seu primeiro día ao fronte da canle. A polémica, que mesmo salpicou ao recentemente estreado presidente da Xunta, rematou coa emisión da reportaxe unha semana despois do previsto.

Dende o 2010 uniuse como colaborador ó programa El Intermedio da cadea laSexta.

Programas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2008. Consultado o 27 de maio de 2008.