Premios Ondas 2008

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Os Premios Ondas 2008, correspondentes a súa 55ª edición, falláronse o 29 de outubro de 2008. Nesta edición premiáronse 24 programas e profesionais entre as máis de 800 candidaturas de 26 países.

A gala de entrega de premios tivo lugar o 20 de novembro de 2008 no Gran Teatre del Liceu de Barcelona, sendo presentada polos locutores da Cadena SER Àngels Barceló e Carles Francino e amenizada polo actor Santi Millán. Actuaron Rosario Flores, Pitingo, Katy Perry e Amaia Montero.

A cerimonia foi retransmitida para España, en diferido, pola canle de televisión Cuatro e en directo a través das emisoras musicais da SER, cun programa especial presentado por Sira Fernández de Los 40 Principales, Rafa Cano de Cadena Dial e Agustín García de M80 Radio.

Como novidade, nesta edición entregouse o Premio Carácter Dewar’s, gañado por votación popular ao presentador Pablo Motos.

Previamente á gala, ao mediodía, o alcalde de Barcelona, Jordi Hereu e o presidente do Grupo PRISA, Ignacio Polanco, realizaron o tradicional xantar con tódolos premiados no Palacete Albéniz.

Premios Ondas de televisión e cine[editar | editar a fonte]

  • Mellor serie española
  • Mellor programa de entretemento
  • Mellor presentador
    • Jorge Fernández Mendinabeitia por La ruleta de la suerte e Esta casa era una ruina (Antena 3)
  • Mellor programa de actualidade ou cobertura especial
  • Premio á innovación ou á calidade televisiva
  • Mellor intérprete masculino en ficción nacional
  • Mellor intérprete feminino en ficción nacional
  • Mellor programa emitido por emisoras ou cadeas non nacionais
    • Se llama copla (Canal Sur)
  • Premio internacional de televisión
    • Shaida, Allahs Baüte (Shaida, As esposas de Allah) de ZDF / Arte (Alemaña)
    • Mención especial do xurado: Keuringsdienst Van Waar (Axencia de investigación dos consumidores) de RVU / NPO (Países Baixos)

Premios Ondas de radio[editar | editar a fonte]

  • Mellor programa ou mellor tratamento informativo dun acontecemento
  • Traxectoria ou labor profesional máis destacada (ex aequo)
    • Pepa Fernández (RNE)
    • Canal Sur Radio
  • Premio á innovación radiofónica
    • Atrévete (Cadena Dial)
  • Premio internacional de radio
    • The diary Leanne Wolfe de RTE ONE (Irlanda)
    • Mención especial do xurado: El mono de la radio de Sverige Radio (Suecia)

Publicidade en radio[editar | editar a fonte]

  • Mellor cuña de radio
    • Mercedes Benz, vehículos industriales de Mercedes Benz (Axencia Zapping/M&C Saatchi)
  • Mellor equipo creativo de publicidade en radio
    • Señora Rushmore
  • Mellor campaña de radio (ex aequo)
    • Campaña Radio La Colifata de Aquarius (Axencia Señora Rushmore)
    • Campaña Fundas/Ollas/Toallas de Caja Madrid (Axencia Shackleton)
  • Mención especial do xurado
    • Campaña interferencia de Orange (Axencia Vitruvio/Leo Burnett)

Premios Ondas de música[editar | editar a fonte]

Premios Ondas iberoamericanos de radio e televisión[editar | editar a fonte]

  • Mellor programa, profesional ou emisora de radio ou de televisión
    • Herbin Hoyos por Las voces del secuestro de Radio Caracol (Colombia).